Passeig de Gràcia


O Passeig de Gràcia (Paseo de Gràcia en galego) é a avenida principal de Barcelona e unha das avenidas máis famosas de España, debido á súa importancia turística, áreas comerciais, negocios e un grande escaparate de destacadas obras de arquitectura modernista, como as edificacións dos arquitectos Antoni Gaudí e Lluís Domènech i Montaner, declaradas Patrimonio da Humanidade. A avenida está situada na parte central da cidade, o Eixample barcelonés, e conecta a plaça de Catalunya no sur coa rúa Gran de Gràcia ao norte.

Passeig de Gràcia de Barcelona.
Casa Lleó Morera.
La Casa Milà (La Pedrera).
Passeig de Gràcia de Barcelona.

Pode ser parecida por popularidade á Avenida dos Campos Elisios de París, doutra banda é a segunda das rúas máis caras de España en referencia sobre todo ao alugamento, a nivel español precédelle a rúa Preciados de Madrid, que ocupa o primeiro posto.

Historia

editar

O antigo camiño de Jesús, de tipo rural, con hortos en ambos os lados, era a vía principal para ir da poboación de Gràcia (municipio independente ata o ano 1897), ata a cidade de Barcelona por onde se entraba a través do portal de l'Àngel. O primeiro proxecto de urbanización, ideado polo concello liberal da cidade, de data do ano 1821 foi obra de Ramón Plana, que tivo que deter as obras enseguida por mor das epidemias que arrasaban Barcelona naquela época. Coa caída do goberno liberal, volveu o absolutismo en 1824, e o proxecto foi tomado polo capitán xeneral de Cataluña Francisco Bernaldo de Quirós, marqués de Campo Sacro. O novo paseo inaugurado en 1827 tiña 42 metros de ancho e foi o lugar favorito da aristocracia para exhibir as súas habilidades na arte de montar dacabalo e os seus coches luxosos, durante todo o século XIX. Por esta época o Paseo era un dos lugares de recreo máis coñecidos da cidade, con cafés, restaurantes, salas de baile, atraccións e teatros.

Este paseo había de ser un eixo determinante no proceso de instauración do proxecto do Ensanche de Ildefons Cerdà, entre os anos 1860-1890. Ao redor do paseo definiuse un núcleo residencial de baixa densidade constituído en gran parte por edificios unifamiliares. Na década dos noventa do século XIX, aos poucos todo este sector da cidade foi adquirindo un protagonismo comercial atraendo a burguesía, que fixo que se fosen substituyendo as casas illadas con xardín por edificios de pisos.

Finalmente, entre 1900 e 1914 o paseo de Gràcia consolidouse como o principal centro residencial burgués coa achega creativa dos arquitectos modernistas, como Antoni Gaudí, Josep Puig i Cadafalch, Lluís Domènech i Montaner ou Enric Sagnier, que dignificaron as construcións existentes e edificaron casas novas con formas ben singulares, como a casa Milà, a casa Batlló, a casa Lleó Morera ou a casa Amatller. En 1906 o arquitecto Pere Falqués i Urpí, deseñou os famosos bancs-fanals de trencadís distribuídos ao longo do paseo.

Establecementos

editar
 
Cases Rocamora

No Paseo de Gràcia reúnense as grandes marcas, polo que é a rúa de Barcelona que alberga un maior número de tendas de luxo. Do mesmo xeito, resulta un xenial escaparate a nivel nacional e internacional das marcas, debido á grande afluencia de xente que transita diariamente por devandito paseo. Algunhas das tendas que están en Paseo de Gràcia son:

Hoteis turísticos

editar

Tamén se caracteriza por dispor dunha importante oferta de hoteis e aloxamentos para visitantes nacionais e internacionais. A súa localización é privilexiada para o funcionamento do turismo durante todo o ano. Son moitos os hoteis emprazados no Paseo de Gràcia, entre eles:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar