Josep Puig i Cadafalch

arquitecto catalán

Josep Puig i Cadafalch, nado en Mataró (Maresme) en 1867 e finado en Barcelona en 1956, foi un arquitecto, historiador da arte e político catalán.

Josep Puig i Cadafalch
Nacemento17 de outubro de 1867
Lugar de nacementoMataró
Falecemento23 de decembro de 1956
Lugar de falecementoBarcelona
SoterradoCementiri dels Caputxins
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Enxeñaría Industrial de Barcelona, Universidade de Madrid, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e Universidade Politécnica de Cataluña
Ocupaciónarquitecto, historiador da arte, político e catedrático
PaiJoan Puig i Bruguera
NaiTeresa Cadafalch i Bogunyà
CónxuxeDolors Macià i Monserdà
Coñecido porCasa Amatller, Casa de les Punxes e Casaramona
Premioshonorary doctor of the University of Freiburg, honorary doctorate of Barcelona University, doutor honoris causa, doutor honoris causa, Premio Martorell, Corresponding Fellow of the Medieval Academy of America e fillo adoptivo
Na rede
Find a Grave: 23503559 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa obra máis coñecida é a Casa de les Punxes (1903-1905). Era un especialista en arte románica de fama internacional e promoveu as escavacións de Empúries.

Traxectoria editar

Naceu en Mataró o ano 1867. Sendo un estudante entrou no Centre Escolar Catalanista (1887). Alí comezou a formar parte do grupo Renaixença. Traballou logo na súa cidade natal, chegando a ser arquitecto municipal. En 1891 acabou os seus estudos de arquitectura en Barcelona. Foi nomeado profesor da Escola de Arquitectura de Barcelona, onde desenvolvería as súas cualidades como arquitecto. Simultaneamente interesouse pola política, implicándose en actividades catalanistas.

Discípulo de Domènech i Montaner foi o último representante do modernismo e o primeiro do Noucentisme (Novecentismo).

Na súa evolución poden distinguirse tres etapas diferenciadas:

En 1917 foi nomeado presidente da Mancomunidade de Cataluña (Mancomunitat de Catalunya) en substitución do finado Enric Prat de la Riba, creando durante o seu mandato escolas e institucións culturais, favorecendo a mellora das infraestruturas e a explotación agraria de Cataluña. Ocupou o cargo até que o xeneral Primo de Rivera, durante a ditadura militar, disolveu a Mancomunitat (20 de marzo de 1925) e temtou desfacer a obra realizada.

Ademais das actividades descritas, tamén desenvolveu un enorme traballo como historiador da arte, especialmente da arte románica, sobre a cal escribiría unha obra fundamental: L'arquitectura romànica a Catalunya e mais outros títulos.

Foi membro da Real Academia Catalá de Belas Artes de Sant Jordi e en 1942 foi nomeado presidente do Institut d'Estudis Catalans, o equivalente catalán das academias lingüísticas, presidencia que ocupou até a súa morte en 1956.

Principais obras editar

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar