Abrir o menú principal

Louis Sullivan

arquitecto estadounidense

Louis Henry (Henri) Sullivan, nado o 3 de setembro de 1856 en Boston e falecido o 14 de abril de 1924, foi un arquitecto estadounidense[1], considerado un dos pais da Arquitectura Moderna. É considerado por moitos como o creador do moderno rañaceos. Foi un influente arquitecto e crítico pertencente á Escola de Chicago. Considérase ademais o mentor de Frank Lloyd Wright.

Louis Sullivan
LouisSullivan.jpg
Louis Sullivan
Nome completoLouis Henry (Henri) Sullivan
Nacemento3 de setembro de 1856
 Boston
Falecemento14 de abril de 1924
 Chicago
Soterradocemiterio Graceland
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterThe English High School
Ocupaciónarquitecto
Coñecido/a porHoly Trinity Cathedral
PremiosFellow of the American Institute of Architects
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou arquitectura no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, estabelecéndose logo en Chicago no ano 1873. Asóciase coa construción da primeira xeración de rañaceos americanos. Nesa época os avances na tecnoloxía do aceiro, permitían construír edificios máis altos e espazosos do que era posíbel con anterioridade, ao mesmo tempo o desenvolvemento de novos ascensores e montacargas levados a cabo por Otis permitiu o movemento vertical con maior fluidez.

Traballou con moitos outros arquitectos como Frank Furness, William LeBaron Jenney e Dankmar Adler; foi mestre de Frank Lloyd Wright, que sempre se referiu a el como o seu 'lieber meister'.

Obras destacadasEditar

 
Edifício Wainwright, Saint-Louis.

A partir dos anos 1890, lánzase á construción de rañaceos con estrutura de aceiro e cuberta plana, que gardan unha división tripartita:

Ademais publicou dous libros que difunden as súas ideas: « Kindergarten Chats » (Charlas de xardín de infancia) e « Autobiography of an Idea » (Autobiografía dunha idea).

NotasEditar