Escola de Chicago (arquitectura)

A Escola de Chicago é un estilo arquitectónico xurdido na cidade de Chicago a finais do século XIX e principios do XX. Máis concretamente, pode considerarse a década de 1883 a 1893 como a Idade de Ouro da Escola.

Edificio Carson, Pirie, Scott & Co. de Louis Sullivan

Historia

editar

Na segunda metade do século XIX, Chicago experimentou un enorme crecemento demográfico debido á enorme produción industrial e ao gran florecemento da actividade comercial. O aumento da poboación provocou unha demanda de edificios que se ergueron rapidamente, en madeira e sen gran calidade construtiva. Isto comportou a que, en 1871, un enorme incendio arrasara a práctica totalidade da cidade.

Tras o lume fíxose necesaria a reconstrución da cidade, o que comportou a unha grande especulación do solo e unha gran demanda de construción. A solución que se adoptou para satisfacela foi a construción en vertical, unha gran superficie útil de edificio nunha parcela de dimensións reducidas. Pero o sistema construtivo empregado até o momento non permitía este crecemento en altura dos edificios. Para solucionar o problema eran necesarias dúas solucións:

En primeiro lugar, debíase alixeirar a estrutura. Os muros de carga non permitían acadar cotas elevadas, posto que a máis altura do muro, máis grosor debía coller este na súa base para manter a estabilidade. Comezaron a empregarse estruturas de ferro, rodeadas de pechamentos non portantes.

En segundo lugar, debíanse facilitar as circulacións verticais no edificio. A solución a este problema veu da man de Elisha Otis, quen inventou o ascensor no ano 1852.

Características da Escola de Chicago

editar
 
Chicago Windows
  • Estruturas metálicas de ferro recubertas de chapados de terracota, o que as facía resistentes ao lume.
  • Pechamentos non portantes, que permitían abrir grandes ócos nas fachadas, dotando aos edificios dunha maior luminosidade interior. Estes ócos ocupábanos as Chicago Windows (fiestras características da Escola), que constaban dun módulo central cadrado fixo e dous módulos laterais rectangulares practicábeis.
  • A arquitectura da Escola de Chicago era unha arquitectura funcional (Louis Sullivan foi o autor da famosa frase A forma segue á función), precursora do funcionalismo do século XX.
  • Importancia dos elementos construtivos fronte á decoración, que progresivamente desaparece dos edificios.
  • Malia esta progresiva desornamentación, a arquitectura da Escola de Chicago desenvolveuse en pleno eclecticismo arquitectónico, co que a composición dos edificios bebía considerablemente desta corrente. Os edificios organizábanse en tres niveis, ao xeito dos pazos renacentistas do século XV: As plantas baixas (un ou dous andares) recubríanse con muros de perpiaño toscamente labrado a modo dun gran zócolo macizo; as plantas intermedias ordeábnse mediante grandes pilastras verticais; e as plantas máis elevadas (tamén un ou dous andares) acumulaban a decoración do edificio, cunha gran cornixa voada sobre a fachada. Esta composición daba ao edificio un aspecto de columna clásica, seguindo paralelamente as súas tres partes: basamento, fuste e capitel.

Fin da Escola

editar

No ano 1893 celebrouse en Chicago a Exposición Colombina. Nesta Expo internacional levouse a cabo unha arquitectura totalmente ecléctica, ligada ao pasado e que non recollía os principios modernos e as novidades tecnolóxicas que a Escola de Chicago desenvolvera na última década. Esta Exposición supuxo a fin da Escola.

A Escola de Chicago mantivo a súa influencia posteriormente na arquitectura de Frank Lloyd Wright (quen fora discípulo de Sullivan) e nos rañaceos construídos en Nova York nas priméiras décadas do século XX.


Arquitectos e obras

editar

Leiter Building I

Manhattan Building

Leiter Building II

Insurance Building

Fair Store


The Rookery

Reliance Building

Monadnok Building

Almacéns Marshall Field

Flatiron Building (Nova York)


Tacoma Building

Old Colony



Auditorium de Chicago

Wainwright Building (Saint Louis)

Guaranty Building (Buffalo, Nova York)

Almacéns Carson, Pirie, Scott & Co.