Pilastra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Unha pilastra é un piar ou columna achegado a un muro ou parede. A súa función pode ser estrutural, sostendo teito, tellado, entaboamento, moldura ou arquitrabe, ou simplemente decorativa. A pilastra (palabra derivada de pila) adoita estar composta dos mesmos elementos construtivos que as columnas ou piares, como son base, fuste e capitel, segundo as diferentes ordes arquitectónicas.
Historia
editarAs primeiras pilastras pétreas coñecidas erixíronse no complexo funerario do faraón Zoser, na actual Saqqara, Exipto, como elemento semi-decorativo, sen perder a súa función estrutural, imitando troncos vexetais agrupados -o seu inmediato precedente-, a modo de columnas achegadas ao final dun muro. Na arquitectura grega existe poucos exemplos de pilastras, debido a que os elementos estruturais configuraban a forma dos edificios. Nas construcións da Roma Antiga utilizáronse profusamente.
Un caso singular de uso de pilastra prodúcese na arquitectura gótica, onde os elementos que soportaban as bóvedas de crucería eran os piares cruciformes (é dicir, en forma de cruz vistos en sección). Estes piares teñen esta forma porque é un piar que en cada unha das súas catro caras «adheríuselle» unha pilastra que é continuación do «nervio» do arco correspondente, conformando o conxunto esta forma de elementos nervados tan característicos do Gótico.
Como a finalidade decorativa das pilastras era moi apreciada, foi perdendo a súa función sustentante, achegándose máis ao muro, incluso ata encastarse nel. Este punto de inflexión foi dado, en xeral, na arquitectura renacentista, especialmente no Cinquecento e Manierismo, e foi usada moi amplamente no Barroco, en especial en fachadas e altares. A proliferación destas no Barroco fixo xurdir variantes da simple pilastra como o estípite, pilastra ou piar cuxo tronco ou fuste está en forma de tronco invertido de pirámide, especialmente abundantes no Barroco español.
Coa evolución da arquitectura, o uso de novos materiais, e o mellor coñecemento do pulo e transmisión das forzas para sustentar a edificación, vaise facendo menos necesario o uso de piares, columnas e pilastras.
Galería de imaxes
editar-
Debuxo.
-
Catedral de Sogorb, Castelló.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilastra |
Bibliografía
editar- Dicionario visual da construción, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004, ISBN 84-85665-63-5.