O cinquecento representa a segunda fase do Renacemento italiano, a súa culminación e a súa crise, e tamén o comezo da súa difusión por Europa. A fins do século XIV e comezos do XV na corte dos Sforza de Milán revisáronse os presupostos estéticos do Quattrocento que conduciu a unha linguaxe severa e monumental sen os adobíos da etapa anterior. A conquista de Milán polos franceses provocou a fuxida dos artistas que alí traballaban e que as súas concepcións artísticas se esparexesen polo territorio italiano e sobre todo en Roma tras a volta da corte papal desde Aviñón e o mecenado exercido por unha nova xeración de papas.

Detalle da Capela Sistina de Miguelanxo

Comprende dúas fases: comeza co denominado Alto Renacemento (últimos anos do século XV e primeiras décadas do século XVI), e remata co denominado Baixo Renacemento ou Manierismo.

Cinquecento italiano

editar

O cinquecento tivo lugar na Roma dos papas, a diferenza do quattrocento, cuxo centro era a Florencia dos Medici.

Os artistas máis destacados do período inicial italiano foron Donato di Niccolò di Betto Bardi, Leonardo Da Vinci, Rafael Sanzio e Michelangelo. Do período manierista destacaron Jacopo Vignola, Palladio, Antonio Allegri da Correggio, Veronés, Benvenuto Cellini e Giambologna.

Na literatura italiana do século XVI atópanse os poetas Pietro Aretino, Baldassare Castiglione e Torcuato Tasso, tratadistas políticos coma Niccolò Machiavelli, e científicos coma Giordano Bruno.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar