Giordano Bruno
Giordano Bruno, coñecido tamén por Nolano ou Bruno de Nola, nado en Nola (provincia de Nápoles) en 1548 e asasinado en Roma o 17 de febreiro de 1600, foi un filósofo italiano.
Nome orixinal | (it) Giordano Bruno (la) Iordanus Brunus Nolanus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Filippo Bruno xaneiro de 1548 ↔ febreiro de 1548 Nola (Reino de Nápoles) |
Morte | 17 de febreiro de 1600 (52 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Causa da morte | pena de morte, morte na fogueira |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Nápoles |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Nápoles Frederico II (1562–1565) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e cosmoloxía |
Lugar de traballo | Lutherstadt Wittenberg |
Ocupación | profesor universitario (1583–), Sacerdote católico de rito romano (1572–), astrólogo , matemático , escritor , filósofo , poeta , astrónomo |
Empregador | Universidade de París (1581–1583) Universidade de Toulouse (pt) (1578–1581) San Domenico Maggiore (en) (1565–1576) Universidade de Oxford Universidade de Helmstedt (pt) |
Movemento | Humanismo renacentista, Neoplatonismo e neopitagorismo (pt) |
Alumnos | Jean Hennequin (en) |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Il Nolano |
Lingua | Lingua latina e lingua italiana |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Outro | |
Condenado por | Herexía (1600) → (morte na fogueira) |
Cronoloxía | |
Index Librorum Prohibitorum | |
Traxectoria
editarGiordano Bruno ingresou no convento dominico de Nápoles en 1566 onde se doutorou en teoloxía. Dominico como Tomé de Aquino, era fillo de Xoán Bruno, un militar italiano e Flaulisa Savolino. Sempre contestador, non tarda en atraer contra si mesmo opinións contrarias e persecucións. En 1576 abandona o hábito ao ser acusado de herexía por dubidar da Santísima Trindade.
Defensor do humanismo, corrente filosófica do Renacemento (cuxo principal representante é Erasmo), Bruno defendía o infinito cósmico e unha nova visión do home. Aínda que a filosofía da súa época estivese baseada nos clásicos antigos, de entre os cales principalmente Aristóteles, Bruno teorizou vehementemente contra eles. A súa forma e contido son moi semellantes aos de Platón, escribindo na forma de diálogos e coa mesma visión.
Nómade por natureza e modo de vida, Bruno baseou a súa filosofía apoiado nas súas intuicións e vivencias fóra do común. Non era un científico, nin valoraba a matemática, mais era un visionario, considerado místico por moitos.
Ideas
editarUn dos puntos claves da súa teoría é a cosmoloxía, segundo a cal o universo sería infinito, poboado por milleiros de sistemas solares, e interligado con outros planetas contendo vida intelixente. Para esta perspectiva bebeu na fonte de Nicolau da Cusa, Copérnico e tamén de Giovanni della Porta.
Deus sería a forza creadora perfecta que forma o mundo e que sería inmanente a el. Bruno acepta os poderes humanos extraordinarios de Deus, mais enfrontouse abertamente á Igrexa católica ridiculizando os milagres de Cristo e outros tantos dogmas católicos, tales como a virxindade de María.
Morte
editarO nobre veneciano chamado Giovanni Mocenigo, atopou a Bruno en Frankfurt en 1590 e convidouno a Venecia, baixo o pretexto de ensinar a mnemotécnica, a arte de desenvolver a memoria, en que Bruno era perito. Como Mocenigo quería usar as artes da memoria con fins comerciais, segundo algúns ou para prexudicar os seus concorrentes e inimigos conforme outros, pechou a Bruno nun cuarto e chamou os axentes da Inquisición para que o levasen preso, acusándoo de herexía. Bruno foi preso no San Castello no día 26 de maio de 1592.
Por estas opinións quentes e perigosas para a época, Giordano Bruno foi condenado pola inquisición, pasando os seus últimos oito anos sufrindo torturas e malos tratos de todos os tipos. No último interrogatorio non se retracta, mostra forza e coraxe. Por non abxurar, é condenado á morte na fogueira, mais antes de morrer afronta aínda máis unha vez aos seus inquisidores. Dise que cuspiu no crucifixo dos que o mataron. No entanto algúns consideran que non o fixo, e que este relato é para tentar denegrir máis a súa imaxe.
Ao ser anunciada a sentenza, de que sería executado piamente, sen profusión de sangue (que en verdade significaba a morte na fogueira) dixo: "Teme máis a Forza en pronunciar a sentenza do que eu en escoitala" Significando que a Forza - a Igrexa Católica sabería do crime contra a humanidade que estaría cometendo creando un mártir do pensamento. Anos despois, ante unha situación análoga, Galileo Galilei apenas susurrou "e pur si muove (aínda con todo iso, móvese...)" ao negar o heliocentrismo: Galileo, xa vello, tivo en conta o caso de Bruno e preservouse para poder continuar as súas investigacións.
Obra
editar- De umbris idearum (1582)
- Cantus Circaeus (1582)
- De compendiosa architectura (1582)
- Candelaio (1582)
- Ars reminicendi (1583)
- Explicatio triginta sigillorum (1583)
- Sigillus sigillorum (1583)
- La Cena de le Ceneri (1584)
- De la causa, principio, et Uno(1584)
- De l'infinito universo et Mondi (1584; traducido ao galego como Acerca do infinito, do universo e dos mundos, Fundación Calouste Gulbenkian, 1984)
- Spaccio de la Bestia Trionfante (1584)
- Cabala del cavallo Pegaseo - Asino Cillenico (1585)
- De gl' heroici furori (1585)
- Figuratio Aristotelici Physiciauditus (1585)
- Dialogi duo de Fabricii Mordentis Salernitani (1586)
- Idiota triumphans(1586)
- De somni interpretatione conl' Insomniun (1586)
- Centun et viginti articuli denatura et mundo adversusperipateticos (1586)
- Animadversiones circa lampaden lullianan (1586)
- Lampas triginta statuarum (1586)
- Delampade combinatoria Lulliana (1587)
- De progresu et lampade venatoria logicorum (1587)
- Oratio valedictoria (1588)
- Camoeracensis Acrotismus(1588)
- De specierum scrutinio (1588)
- Articuli centun et sexagintaadversus huius tempestatismathematicosatque Philosophos (1588)
- Oratio consolatoria (1589)
- De triplici minimo et mensura (1591)
- De monade numero et figura (1591)
- De innumerabilibus, immenso, et infigurabili (1591)
- De imaginun, signorum &idearum compositione (1591)
- De vinculis in genere (1591)
- Summa terminorum metaphisicorum (1595)
- Artificiun perorandi (1612)
- Libri physicorum Aristotelisexplanati
- De magia - Theses de maxia
- De magia mathematica
- De rerum principiis et elementis et causis
- Medicina Lulliana
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Reale, G. & Antiseri, D. (1990): Historia da Filosofia, Volume II, Ed.Paulis, San Paulo.
- Yates, F. A. (1988): Giordano Bruno e a Tradição Hermética, Ed. Cultrix, San Paulo.
- Bosy, John (1993): Giordano Bruno e o Misterio da embaixada, Ediouro, 272 p.
- Giuliano Montaldo (1973): Giordano Bruno, filme con Gian María Volontè. 123 min.