Universidade Albert Ludwig de Friburgo
A Universidade de Friburgo (coloquialmente alemán: Uni Freiburg), oficialmente a Universidade Albert Ludwig de Friburgo (alemán: Albert-Ludwigs-Universität Freiburg), é unha universidade pública de investigación situada en Friburgo, Baden-Württemberg, Alemaña.
Universidade Albert Ludwig de Friburgo | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Fundación | 1457 |
Fundador | Alberte I de Austria |
Datos actuais | |
Alumnos | 24000 |
Orzamento | 340 millóns de euros |
Datos de contacto | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
FundaciónEditar
A Universidade Albert Ludwig de Friburgo foi fundada o 21 de setembro de 1457 polo arquiduque Alberte VI de Austria. Foi a segunda universidade fundada no territorio dominado pola casa dos Habsburgo, despois da Universidade de Viena, e hoxe é a sexta universidade máis antiga de Alemaña, após a Universidade de Heidelberg e a Universidade de Colonia (século XIV) e a Universidade de Würzburg, Universidade de Leipzig e Universidade de Rostock (século XV) [1].
Estrutura docenteEditar
A universidade está formada por 11 facultades e atrae estudantes de toda Alemaña e doutros 120 países. Os estudantes estranxeiros constitúen preto do 18,2% do número total de estudantes (en 2020 foron un total de 24.391 alumnos).[2][3]
É especialmente recoñecida en áreas como medicina, ciencias forestais, bioloxía, intelixencia artificial e tecnoloxía de microsistemas[Cómpre referencia].
Profesores, investigadores e alumnos célebresEditar
A Universidade de Friburgo estivo asociada con figuras como Hannah Arendt, Rudolf Carnap, David Daube, Johann Eck, Hans-Georg Gadamer, Friedrich Hayek, Martin Heidegger, Edmund Husserl, Herbert Marcuse, Friedrich Meinecke, Edith Stein, Paul Uhlenhuth, Max Weber ou Ernst Zermelo.
RecoñecementosEditar
A data de outubro de 2020, 22 premios Nobel están afiliados á Universidade de Friburgo como antigos alumnos, profesores ou investigadores, e 15 académicos foron galardoados co máximo premio de investigación alemán, o Premio Gottfried Wilhelm Leibniz, mentres traballaban na universidade.
NotasEditar
- ↑ "Die fünf ältesten Hochschulen in Deutschland". www.volksstimme.de (en alemán). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Uni-Freiburg; Jahresbericht des-Rektors 2017-18" (PDF). uni-freiburg.de/ (en alemán). Consultado o 18-5-2022.
- ↑ "Universität in Zahlen – Universität" (en alemán). Consultado o 2022-05-17.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Albert Ludwig de Friburgo |
Ligazóns externasEditar
- Albert Ludwigs University de Friburgo (en alemán) Páxina oficial
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|