Edmund Husserl

Filósofo alemán

Edmund Husserl, nado en Prossnitz (daquela pertencente ao Imperio Austro-Húngaro) o 8 de abril de 1859 e finado en Friburgo o 26 de abril de 1938, foi un filósofo alemán.

Modelo:BiografíaEdmund Husserl

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Edmund Gustav Albrecht Husserl Editar o valor en Wikidata
8 de abril de 1859 Editar o valor en Wikidata
Prostějov, República Checa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 1938 (79 anos)
Friburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena - matemáticas (1881–1883)
Universidade Humboldt de Berlín - matemáticas (1878–1881)
Universidade de Leipzig - matemáticas, física (–1878)
Universidade de Halle-Wittenberg Editar o valor en Wikidata
Director de teseLeo Königsberger (pt) Traducir e Carl Stumpf Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, fenomenoloxía, epistemoloxía, Filosofía transcendental e Idealismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Friburgo (1916–1938)
Gotinga (1901–1916)
Imperio Austrohúngaro
Cementerio de Viena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, profesor universitario, filósofo, fenomenólogo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofia do século XX (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Freiburg im Breisgau (1916–1928)
Universidade de Gotinga (1901–1916)
Universidade de Halle-Wittenberg Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoFilosofía occidental Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFranz Brentano, Carl Stumpf, Karl Weierstrass, Wilhelm Wundt, Leopold Kronecker e Friedrich Paulsen Editar o valor en Wikidata
AlumnosCarlos Astrada (en) Traducir, Martin Heidegger, Edith Stein, Günther Anders e Eugen Fink Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoLudwig Ferdinand Clauß (pt) Traducir, Jacob Klein (pt) Traducir e Günther Anders Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMalvine Husserl Editar o valor en Wikidata
IrmánsHeinrich Husserl Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Medvik >>>:Husserl, Edmund, 1859-1938, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX877860 WikiTree: Husserl-1 Find a Grave: 15681660 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De orixe xudía-asquenací, converteuse ó cristianismo no ano 1886. Estudou en Viena, Leipzig e Berlín. A súa preparación abarcou o campo das matemáticas, psicoloxía e filosofía. Entre os seus mestres son de destacar W. Wundt, célebre psicólogo, e os filósofos Franz Brentano e Carl Stumpf.

Entre 1887 e 1901 exerceu como profesor na Universidade de Halle. Como resultado da súa actividade intelectual nesta época aparece en 1900-1901 o libro Logische Untersuchungen (Investigacións lóxicas). A partir de 1901 é nomeado profesor na Universidade de Gotinga. Desta etapa son as obras Philosophie als Strenge Wissenschaf (A filosofía como ciencia rigorosa) (1911) e a emblemática Ideen zu einer reinen Phänomenologie und phänomenologischen Philosophie (Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e filosofía fenomenolóxica) (1913). En 1916 trasládase á Universidade de Friburgo onde ocupa a cátedra deixada polo neokantiano Heinrich Rickert. Nesta Universidade entra en contacto co mozo Heidegger, quen se converte no seu principal discípulo e colaborador. Permanecerá en Friburgo ata a súa xubilación en 1928, ano no que a proposta súa o substitúe Heidegger na cátedra.

Despois disto a actividade filosófica de Husserl non decae. Ademais de diversos seminario e conferencias por distintas cidades europeas, publica outras dúas obras de enorme importancia: Formale und transzendentale Logik (Lóxica formal e transcendental) (1929) e Cartesianische Meditationen (Meditacións cartesianas) (1931). Entre 1935 e 1937, ano da súa morte, Husserl asiste a un dos episodios máis tristes da súa vida intelectual, pois durante este período as autoridades nazis retíranlle a licenza para exercer calquera tipo de actividade na Universidade. Aínda así, en 1936 comezouse a publicar en Belgrado o libro Die Krisis der europäischen Wissenschaften und die transzendentale Phänomenologie (A crise das ciencias europeas e a fenomenoloxía transcendental), escrito de denuncia da decadencia moral e espiritual pola que atravesa Europa. Pero a obra escrita de Husserl non remata nas obras publicadas en vida, pois deixou numerosos escritos inéditos, conservados no Arquivo Husserl de Lovaina que, ademais de estar sendo estudados na actualidade, aínda non foron publicados na súa totalidade.

Pensamento

editar

Husserl é o creador da Fenomenoloxía. Atendendo á súa etimoloxía esta expresión significa ciencia dos fenómenos. Con ela Husserl pretendía elaborar unha filosofía rigorosa de alcance universal capaz de propoñer uns principios sólidos nos que asentar a convivencia pacífica de toda a humanidade. Tales principios non poden derivarse das diferenzas subxectivas e culturais que separan a uns seres humanos doutros, senón da Razón. Esta última , xa desde a Grecia clásica, considerase unha facultade común a todos nós e que nos proporciona a condición específica de seres humanos. O obxectivo perseguido, polo tanto, consiste en fundar universalmente na Razón a vida humana. Con este fin tería xurdido a filosofía en Grecia, subministrándolle desde entón a Europa os seus sinais de identidade. Mais, como o proxecto europeo é un proxecto da Razón, en consecuencia, tamén coincidiría co proxecto da humanidade. De todas formas, Husserl cre que no seu tempo este proxecto está en perigo. De aí que vexa a súa como unha época de decadencia. Por iso, a fenomenoloxía xorde como un intento de reconducir a situación social e intelectual europea cara ao que segundo Husserl debe ser o destino (telos) de Europa: unha cultura racional de alcance universal.

A filosofía fenomenolóxica pasa por dous momentos:

  • Fase crítica: desvelar a inconsistencia, irracionalidade e perigo de toda filosofía e práctica científica que conduza ó relativismo ou que non contemple a cientificidade dos asuntos de carácter ético-político. Desde esta perspectiva a Fenomonoloxía convertese fundamentalmente nunha crítica do Positivismo e do Psicoloxismo filosóficos.
  • Fase construtiva: elaborar unha nova filosofía desde fundamentos seguros capaces de dotar de unidade e sentido toda actividade humana de carácter teórico (ciencia) e práctico (ética). Desde o punto de vista construtivo a fenomenoloxía designa, por unha banda, un determinado obxecto de estudo (as esencias dos fenómenos) e, por outra, un método necesario para acadar esas esencias.

A parte metodolóxica é a contribución máis significativa e novidosa da fenomenoloxía. Consiste nunha técnica inspirada na dúbida cartesiana que pon en suspenso (epokhé / Einklammerung) a existencia do mundo así como toda crenza ou opinión recibida culturalmente. Deste xeito pódese describir o que se presente (fenómeno) á razón humana en absoluta ausencia de prexuízos. Coñécese co nome de método fenomenolóxico da redución. Con este método debería poderse, primeiro, fundar as diferentes ciencias empíricas e, segundo, dar cun principio primeiro unificador e garante de toda actividade humana científica e ética. O primeiro aspecto correspóndese coa fenomenoloxía entendida como ciencia das esencias. As ciencias empíricas refírense só a fenómenos da experiencia sensible (Positivismo), pero como en todo feito sensible hai unha esencia (eidos), só coñecendo esta pode fundarse solidamente o coñecemento empírico. O segundo aspecto, en cambio, orienta a fenomenoloxía cara a unha ciencia da conciencia. Posto que toda esencia resulta coñecida por unha conciencia (é obxecto para unha conciencia que a pensa) hai que describir a estrutura desta para determinar como se configura aí unha relación fundamental e unitaria, principio de todas as esencias. Esta conciencia á que apunta o método fenomenolóxico é unha conciencia pura, isto é, unha estrutura transcendental independente de toda actividade consciente humana concreta. Husserl denomínaa subxectividade transcendental. Segundo Husserl a propiedade esencial desta conciencia é a intencionalidade. Isto quere dicir que a conciencia é sempre "conciencia de algo", isto é, posúe unitariamente un cáracter bipolar. Por exemplo, en toda percepción hai, ademais do acto de percibir, o percibido. Ós actos da conciencia en xeral (referidos ó suxeito) chámalles noesis, e ós contidos deses actos (referidos ó obxecto) noema. A través dunha serie de complexos e especializados análises da conciencia Husserl desemboca no concepto de intersubxectividade: o recoñecemento da existencia de diversas conciencias todas elas co mesmo rango ontolóxico.

Obviando esta noción de intersubxectividade a filosofía husserliana da conciencia foi catalogada por moitos como unha recaída outra vez no idealismo. Talvez para eludir esta interpretación, segundo Husserl errónea, no escrito A crise da ciencias europeas introduce unha nova caracterización da fenomenoloxía como ciencia do mundo da vida. De acordo con esta nova orientación a toda conciencia, campo propio da fenomenoloxía, acompáñalle sempre como un presuposto certo a conciencia do mundo, configurándose nesa unidade a totalidade da vida intencional da conciencia.

Repercusións

editar

En torno a Husserl formouse un numeroso e notable núcleo de discípulos. Case todos abandonaron a dirección inmanentista da filosofía da conciencia e trataron de desenvolver a fenomenoloxía das esencias aplicando o método fenomenolóxico a moi diversos campos da filosofía. Como é imposible mencionalos todos sinalar tan só algúns destes pensadores: A. Reinach, M. Geiger, J. Hering, R. Ingarden, H. Conrad-Martius e M. Heidegger (Ontoloxía); E. Stein ( Tomismo); A. Pfänder, Th. Conrad, D. Katz, P. F. Linke e M. Beck (Psicoloxía); K. Stavenhagen, F. Kaufmann e E. Levinas (Filosofía da relixión); M. Scheler e D. von Hildebrand (Ética). Destes os máis célebres e influentes foron, sen lugar a dúbidas, Max Scheler e Martin Heidegger. A través do último a fenomenoloxía actuou, moi ó pesar de Husserl, como solo no que enraizaron dúas das grandes correntes filosóficas do século XX: Existencialismo e Hermenéutica.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • A.Reinach; Was ist Phänomenologie, Múnic, 1951
  • J. Xirau; La filosofía de Husserl. Una introducción a la fenomenología, Buenos Aires, 1941
  • I.G.Romero; Husserl y la crisis de la razón, Madrid, 1986