Gucci
Gucci é unha firma italiana de luxo dedicada ao deseño e á fabricación de artigos de moda, reloxos, xoiaría, perfumes etc. Foi fundada en 1921 polo artesán Guccio Gucci nun pequeno taller de Florencia.
Gucci | |
---|---|
Tipo | Filial de Kering |
Fundación | 1921 |
Matriz | Kering |
Localización | Florencia, Italia |
Fundador | Guccio Gucci |
Industria | Moda |
Produtos | Roupa, reloxos, lentes, xoiería, zapatos e accesorios de coiro. |
Na rede | |
https://www.gucci.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Segundo a revista Forbes, Gucci atópase no posto número 47 entre as marcas máis valiosas do mundo, cun valor de preto de 12,7 mil millóns de dólares en maio de 2017.[1]
Historia
editarNo ano 1920, un mozo florentino interesado polo luxo, Guccio Gucci, abriu unha tenda en Florencia baseada no trato artesanal do coiro. Pouco despois, coa axuda de tres dos seus fillos, Aldo, Vasco e Rodolfo, Gucci comezou a súa expansión abrindo sucursais en Milán e Roma.[2] Despois da apertura destas tendas, en 1947 apareceu por primeira vez o coñecido símbolo de Gucci, as dúas «G» unidas.
Nos anos posteriores á morte do seu creador, en 1953, a marca abre a súa primeira tenda en Nova York, iniciando así a súa internacionalización. Así e todo, as diferenzas entre os herdeiros provocaron unha grave crise para o grupo, que conduciu á súa venda en 1989. Hoxe é parte da multinacional Kering, antigamente PPR, dedicada á venda de artigos de luxo. No ano 1993, Tom Ford únese á marca e esta volveu ser obxecto cobizado para millóns de persoas. No ano 2003, o grupo Gucci tivo unhas vendas superiores aos 2.580 millóns de euros.
Marcas
editarO grupo Gucci mantén intereses comerciais e representación societaria nas seguintes marcas:
- Moda:
- Gucci (100 %)
- Yves Saint Laurent (100 %)
- Sergio Rossi (100 %)
- Bottega Veneta (78,5 %)
- Alexander McQueen (51 %, en perfume, 100 %)
- Stella McCartney (50 %, en perfume, 100 %)
- Balenciaga (91 %)
- Perfumes:
- Roger & Gallet
- Boucheron (tamén xoiería e reloxos)
- Ermenegildo Zegna
- Oscar de la Renta
- Van Cleef & Arpels
- Fendi
- Armani
- Reloxos:
- Bedat & Co (85 %)
Notas
editar- ↑ "Gucci in the World's Most Valuable Brands". Forbes (en inglés).
- ↑ "Gucci". Vogue (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Gucci
- Grupo Gucci Arquivado 15 de maio de 2010 en Wayback Machine.