Shirin Ebadi
Shirin Ebadi (en persa : Shirin 'Ebādi), nada o 21 de xuño de 1947 en Hamadan, Irán), é unha avogada iraniana, activa defensora dos dereitos humanos. Recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2003, pola súa actividade a favor dos dereitos humanos e dea democracia. E a primeira muller musulmá e a primeira iraniana que obtén este premio.
Shirin Ebadi شيرين عبادى | |
---|---|
![]() Shirin Ebadi, a 18 de novembro de 2005. | |
Nacemento | 21 de xuño de 1947 (73 anos) |
Hamadán, ![]() | |
Nacionalidade | Canadá |
Relixión | Xiísmo |
Alma máter | Universidade de Teerã |
Ocupación | Avogada, xuíza e activista dos dereitos humanos |
Premios | Premio Nobel da Paz, comendador da Lexión de Honor, Thorolf Rafto Memorial Prize, Felix Ermacora Human Rights Award, James Parks Morton Interfaith Award, honorary doctorate at Concordia University, honorary doctor of the University of British Columbia e honorary doctorate of the University of Lleida |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Primeiros anos e formaciónEditar
Ebadi neceu en Hamadan, Irán. Seu pai, Mohammad Ali Ebadi, era o xefe da notaria pública da cidade e profesor de dereito mercantil. A familia trasladoues para Teherán en 1948.
Ebadi foi admitida nos estudos de Dereito da Universidade de Teherán en 1965. Despois de licenciarse en 1969, foi aprobada nos exames para exercer como xuíz. Logo de seis meses de preparación, comezou oficialmente a carreira como xuíz en marzo de 1970. Continuou, porén, os seus estudos na Universidade de Teherán até recibir o master en Dereito no ano 1971. En 1975, tornouse na primeira muller que presidíu unha corte legal no seupaís.
Desde a revolución iranianaEditar
Ebadi foi a primeira muller que exerceu como xuíz en Irán, en 1974, porén tivo que deixar o seu posto en 1979, a causa da revolución persa, momento no que relixiosos conservadores tomaron o poder no país e limitaron fortemente o papel público das mulleres.
Actualmente ensina Dereito na Universidade de Teherán, á par que actúa en defensa dos dereitos da infancia e máis das mulleres.
É a voceira oficiosa das mulleres iranias. que xogaron un rol chave na campaña presidencial de Mohammad Khatami, durante a cal loitou por que as mulleres tivesen un papel maior na vida pública.
É coñecida tamén por tomar a defensa dos disidentes de primeira fileira, así como por defender a Dariush Farouhar e máis a súa esposa que estaban condenados a morte. Tratábase de intelectuais ameazados por extremistas opostos á política de Khatami, que dera maior liberdade de expresión.
Condena políticaEditar
No ano 2000, Ebadi foi acusada de distribuír un vídeo no que mostraba un destes extremistas relixiosos, revelando así que os dirixentes conservadores están na orixe da violencia. Por este asunto foi condenada a pena de cárcere e inhabilitación para exercer a súa profesión. Isto atraeu a atención mundial sobre a violación dos dereitos humanos en Irán.
Assadollah Badamchian, un político conservador iraniano, calificou a concesión doe Premio Nobel a Ebadi, como unha "infamia", engadindo que Shirin Ebadi fora recompensada polos servizos emprestados á opresión e ao colonialismo occidentais.
Ebadi forma parte da dirección da ’Organización Iraniana de Protección dos Dereitos do Neno e da ’Asociación de Defensores dos Dereitos Humanos en Irán.
Recoñecemento internacinalEditar
Polo seu activismo político, obtivo o Premio Rafto en 2001, antes de obter en 2003 o Nobel.No mes de outubro de 2007, Shirin Ebadi interveu no Foro Mundial de Economía Responsábel que se celebreou en Lille, so o lema da diversidade.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Shirin Ebadi |
Ligazóns externasEditar
- Informe detallado do xornal L'Express de 04/12/2003 (en francés)
- Presentación autobiográfica no sitio do Nobel (en inglés)
VideosEditar
- Franchir les frontières : l’Islam, les droits de la personne et l’Occident Conférence de Shirin Ebadi - Montréal 26 octobre 2006