Abrir o menú principal

Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra

Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra foi un partido nacionalista catalán de esquerdas que se fundou en 1985, nutrido principalmente por Nacionalistes d'Esquerra, elementos renovadores de Esquerra Republicana de Catalunya e independentes.

Nas eleccións xerais de 1986 presentouse conxuntamente co PSUC e o PCC na coalición Unió de l'Esquerra Catalana, posteriormente (1987) integrouse en Iniciativa per Catalunya. Desde 1986 algúns sectores do partido acabaron integrándose en ERC, como Josep-Lluís Carod-Rovira. Nas eleccións europeas de 1987 e 1989 presentouse dentro da coalición Esquerda dos Pobos.