Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980

As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980 celebráronse o 20 de marzo de 1980, trala chegada da democracia en España, e o restabelecemento da Generalitat de Cataluña (por decreto lei en 1977 e xa por lei orgánica en 1979). Foron convocadas a votar 4.436.459 persoas maiores de 18 anos e con dereito a voto en Cataluña. As eleccións serviron para escoller os 135 parlamentarios da primeira lexislatura democrática. Acudiron a votar 2.725.558 persoas, o que supuxo unha participación do 61,44 por cento.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980
 ← 1932 Editar o valor en WikidataCataluña Editar o valor en Wikidata 1984 Editar o valor en Wikidata  → 
Data20 de marzo de 1980 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido135 deputado do Parlamento de Cataluña ≈ I Lexislatura do Parlamento de Cataluña. Duración do mandato: 4 Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado4.432.776 Editar o valor en Wikidata
2.718.888
   61.34٪
Número de votos válidos2.705.413    Número de votos en branco 17.960   Número de votos nulos 13.475
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
2>
CiU  — Jordi Pujol
752.943   27.83٪
Deputado 43
2>
PSC  — Joan Reventós
606.717   22.43٪
Deputado 33
2>
PSUC  — Josep Benet
507.753   18.77٪
Deputado 25
2>
CC-UCD  — Antón Cañellas
286.922   10.61٪
Deputado 18
2>
ERC  — Heribert Barrera
240.871   8.9٪
Deputado 14
PA  — Francisco Hidalgo
71.841   2.66٪
Deputado 2
SC
64.004   2.37٪
Deputado

Editar o valor en Wikidata
Causa inmediata de
8 de maio de 1980: Govern de Catalunya 1980-1984 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A coalición de partidos Convergència i Unió foi a máis votada e, con 752.943 votos (un 27,68 por cento), obtivo 43 escanos,[1] dez máis que a segunda forza política, o Partido dos Socialistas de Cataluña.

Trala formación do Parlamento de Cataluña, o candidato de Convergència i Unió, Jordi Pujol, foi investido primeiro presidente democrático de Cataluña, grazas aos votos da súa propia coalición, dos 14 parlamentarios de Esquerra Republicana de Catalunya e dos 18 de Centristes de Catalunya-UCD. A partir dese intre substituíu a Josep Tarradellas (ERC) á fronte do goberno catalán, que viña ocupando por decreto lei do último Goberno central da ditadura dende o 18 de outubro de 1977.

En 1981, 4 deputados do PSUC do sector prosoviético, liderados por Pere Ardiaca, abandonan o grupo parlamentario e pasan a formar parte dos non adscritos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar