Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1932

As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1932 celebráronse o 20 de novembro de 1932, constituíndo as primeiras eleccións democráticas neste parlamento. Celebráronse no contexto posterior á proclamación da Segunda República, a restauración da Generalitat de Cataluña e a aprobación do Estatuto de Autonomía de Cataluña.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1932Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1932
Data20 de novembro de 1932 Editar o valor em Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido85 deputado do Parlamento de Cataluña ≈ I Lexislatura da Cataluña republicana. Duración do mandato: 5 Editar o valor em Wikidata
Participación política
512.060
Número de votos válidos512.060    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
2>
Esquerra Catalana  — Francesc Macià i Llussà
224.800   43.9٪
Deputado do Parlamento de Cataluña 67
2>
Concòrdia Ciutadana  — Luis Durán y Ventosa
138.500   27.05٪
Deputado do Parlamento de Cataluña 17
Coalició d'Esquerres  — Pere Lloret Ordeix
39.100   7.64٪
Deputado do Parlamento de Cataluña 1
PRR
25.900   5.06٪
Deputado do Parlamento de Cataluña
Dreta de Catalunya
15.000   2.93٪
Deputado do Parlamento de Cataluña
Bloc Obrer i Camperol
11.000   2.15٪
Deputado do Parlamento de Cataluña
Investidura Editar o valor em Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Francesc Macià i LlussàFrancesc Macià i Llussà Editar o valor em Wikidata
 ← sen valor Editar o valor em WikidataCataluña Editar o valor em Wikidata 1980 Editar o valor em Wikidata  → 

Os comicios editar

As eleccións foron convocadas o 25 de outubro por parte do Goberno provisional da Generalitat de Cataluña, presidido por Francesc Macià.[1] Foron convocados a votar todos os homes maiores de 25 anos con nacionalidade española e residencia en Cataluña.

O obxectivo das eleccións era que os cidadáns elixisen os 85 deputados representantes dos cataláns, que posteriormente escollerían ó Presidente da Generalitat de Cataluña e ó Presidente do Parlamento catalán. Definíronse cinco circunscricións electorais, que achegarían un número determinado de deputados ó Parlamento en función da distribución xeográfica da poboación: Barcelona cidade (24 deputados), resto da provincia de Barcelona (19 deputados), provincia de Lleida (14), provincia de Xirona (14) e provincia de Tarragona (14).

As eleccións deron unha esmagadora maioría absoluta a Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) que, liderada por Francesc Macià, obtivo 57 dos 85 escanos da cámara catalá, 41 máis que os 16 escanos conseguidos pola Lliga Regionalista. Como consecuencia das eleccións, o parlamento elixiu o 13 de decembro a Lluís Companys, de ERC, como Presidente do Parlamento de Cataluña, e o 14 de decembro elixiu a Francesc Macià, tamén de Esquerra, como Presidente da Generalitat de Cataluña.

Logo destas eleccións de 1932 non volveu haber comicios ó Parlamento de Cataluña até o ano 1980, primeiro polo estalido da guerra civil española en 1936, e despois pola posterior abolición das institucións autonómicas catalás por parte da ditadura franquista, entre 1939 e 1976.

Notas editar

  1. "DOGC de convocatòria d'eleccions." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.