Conferencia de Paz de París (1919)

A Conferencia de Paz de París foi a reunión en 1919 dos Aliados despois do armisticio para acordar as condicións de paz trala primeira guerra mundial cos países das Potencias Centrais (Alemaña, o Imperio Otomán, Bulgaria, Austria e Hungría), estes dous últimos como representantes do desaparecido Imperio Austrohúngaro. Os aliados comezaron os seus labores de negociación entre si o 18 de xaneiro de 1919 baixo a dirección do "Comité dos Catro": Wilson, Clemenceau, Lloyd George e Orlando,[1][2][3] aínda que os que realmente dirixiron as negociacións foron os tres primeiros.[4] Aos países vencidos non se lles deixou asistir a estas reunións, así que os que decidiron o futuro dos vencidos, foron os países vencedores, que tiñan distintas posturas.[5][6]

George, Orlando, Clemenceau e Wilson, o "comité dos catro", durante un descanso nas negociacións de Versalles

Posicións dos aliadosEditar

Reino UnidoEditar

  • Non tiña reivindicacións territoriais en Europa, mais aspiraba a gañar colonias en África e Asia.
  • Destrución da frota naval alemá.
  • Non quería afundir a Alemaña para non fortalecer a Francia.
  • Tamén pedía indemnizacións.[7][8]

Os Estados UnidosEditar

FranciaEditar

  • Recuperación de Alsacia-Lorena.
  • Ocupar militarmente a zona occidental do río Rin e crear un estado independente en Renania.
  • Debilitar militarmente e definitivamente a Alemaña. Oposición á unión de Alemaña e Austria.
  • Ganancias territoriais e indemnizacións.[7][8]

Reino de ItaliaEditar

LogrosEditar

TratadosEditar

A partir de xuño de 1919 presentáronse os tratados para a súa sinatura aos países derrotados.[9]

Tratado de VersallesEditar

Artigo principal: Tratado de Versalles.

Das moitas disposicións do tratado, unha das máis importantes e controvertidas rezaba que Alemaña e os seus aliados aceptasen toda a responsabilidade de causar a guerra e, baixo os termos dos artigos 231-248,[10] desarmarse, realizar importantes concesións territoriais e pagar indemnizacións aos estados vencedores. O Tratado foi socavado de xeito temperán por acontecementos posteriores a partir de 1922 e foi amplamente violado nos anos trinta coa chegada ao poder do nazismo.

Consecuencias

Tratado de Saint-Germain-en-LayeEditar

O Tratado de Saint-Germain-en-Laye foi asinado o 10 de setembro de 1919 entre as potencias aliadas e Austria. Neste tratado establecíase o desmembramento da antiga monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austrohúngaro, e Austria quedou limitada a algunhas zonas en que se falaba só o alemán.

Mediante este tratado recoñecíase a independencia de Hungría e a creación dos novos estados de Checoslovaquia (con Bohemia, Moravia, Silesia e Eslovaquia) e Iugoslavia (con Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, parte de Dalmacia, Croacia e Voivodina). Hungría cedería Transilvania, parte do Banato e Bucovina a Romania, algo que se concretou no Tratado de Trianon, e Burgenland a Austria.

Polonia anexouse Galicia e Italia obtivo o Trentino, o Tirol do Sur, Trieste e Istria, porén os ingleses negáronse a cumprir completamente o acordado no Tratado de Londres opoñéndose a que Italia recuperase Dalmacia, antigo territorio veneciano. Isto último foi visto polos italianos como unha traizón por parte de Inglaterra e foi un dos principais motivos que levaron ao posterior ascenso do fascismo.

Unha cláusula importante era a prohibición de revisar ou revogar a independencia de Austria, co fin de impedir unha unión política e/ou económica con Alemaña (Anschluss), sen a autorización da Sociedade de Nacións, xa que trala perda do seu imperio os austríacos pensaron na posibilidade da unificación fracasada en 1866 trala Guerra Austro-Prusiana.

O Tratado de Trianon, asinado posteriormente entre os aliados e Hungría, completa o proceso de desmembramento do Imperio Austrohúngaro.

Con este tratado, a metade dos doce millóns de habitantes do imperio que eran de lingua alemá quedaron fóra da nova República de Austria, como foron os Sudetes en Checoslovaquia, a rexión do Tirol do Sur, con capital en Bolzano (Italia), e algunhas comunidades en Hungría e Transilvania. Isto levou a problemas que precederon a segunda guerra mundial.

A desintegración do Imperio Austrohúngaro causou tensións e dificultades entre as novas nacións. Austria quedou reducida a un territorio de 80 000 km2 cunha poboación duns 6 millóns de habitantes, un terzo dos cales vivían en Viena, que se converteu nunha capital moi grande para un país tan pequeno. Prohibíuselle unirse a Alemaña e foi obrigada a pagar compensacións de guerra e reducir o seu exército a 30 000 soldados.[11]

Tratado de NeuillyEditar

O Tratado de Neuilly-sur-Seine foi asinado o 27 de novembro de 1919 en Neuilly-sur-Seine (Francia) entre Bulgaria e as potencias vencedoras na primeira guerra mundial.

De acordo co estipulado no tratado, Bulgaria recoñecía o novo Reino de Iugoslavia, pagaba 400 millóns de dólares en concepto de indemnización e reducía o seu exército a 20 000 efectivos. Ademais, perdía unha faixa de terreo occidental en favor de Iugoslavia e cedía Tracia occidental a Grecia, polo que quedaba sen acceso ao mar Exeo.

O tratado foi coñecido en Bulgaria como a "Segunda Catástrofe Nacional", sendo a primera a súa derrota na Guerra Balcánica de 1913.[11]

Tratado de TrianonEditar

Hungría proclamou a súa independencia fronte a Austria o 16 de novembro de 1918. As fronteiras temporais de facto de Hungría foron as mesmas que as trazadas polas liñas da tregua de novembro-decembro de 1918. En comparación co antigo Reino de Hungría, esas fronteiras non incluían:

A Tripla Entente pediu recoñecer a Hungría os novos territorios pertencentes a Romanía, a través dunha liña trazada ao longo do río Tisza. Sen a posibilidade de rexeitar eses termos, mais tampouco querendo aceptalos, os líderes da Primeira República Húngara dimitiron e os comunistas chegaron ao poder. Formouse a República Soviética Húngara e organizouse rapidamente un Exército Vermello Húngaro. Ese exército tivo nun principio éxito en contra das lexións checoslovacas e chegou preto da antiga fronteira de Galicia (polaca), separando dese xeito as tropas checoslovacas das tropas romanesas. O 1 de xullo de 1919 asinouse o cesamento de hostilidades entre o Exército Vermello e as tropas checoslovacas, mentres que as tropas romanesas cruzaron o río Tisza, derrotaron o Exército Vermello e ocuparon Budapest o 4 de agosto de 1919.

O estado húngaro foi restablecido pola Tripla Entente, quen axudou ao almirante Horthy a chegar ao poder, no mes de novembro de 1919. En decembro dese mesmo ano unha delegación húngara foi convidada á Conferencia de Paz de Versalles. As fronteiras definitivas de Hungría foron establecidas polo Tratado de Trianon, asinado o 4 de xuño de 1920. Ademais dos territorios mencionados anteriormente, Hungría perdeu outros territorios ocupados como parte do Imperio Austrohúngaro:

Segundo ao Tratado de Trianon, as cidades de Pécs, Mohács, Baja e Szigetvár, temporalmente baixo administración iugoslava, pasaron a Hungría. Un comité asignou pequenas partes do norte dos antigos distritos Árva e Szepes a Polonia, posto que aí vivía unha maioría de poboación polaca.[11]

Tratado de SèvresEditar

 
Repartición de Anatolia e Tracia de acordo ao Tratado de Sèvres de 1920, derrogado polo Tratado de Lausanne en 1923

Os dirixentes de Francia, do Reino Unido e dos Estados Unidos declararon os seus diferentes obxectivos en relación co Imperio Otomán durante a Conferencia de Paz de París, 1919.

O Tratado deixaba o Imperio Otomán sen a maior parte das súas antigas posesións, limitándoo a Istambul e parte de Asia Menor. En Anatolia Oriental creábase un estado autónomo para os kurdos (Kurdistán), e varios distritos pasaban a Armenia (a República de Armenia independizouse de Rusia en 1918) para formar a Grande Armenia. Grecia recibía Tracia Oriental, Imbros, Ténedos e a rexión de Esmirna. Recoñecíase a separación de Exipto, Hedjaz e o Iemen; mentres que Mosul, Palestina e Transxordania pasaban á administración británica e Siria, Líbano e Alexandretta á administración francesa, que tamén recibía unha zona de influencia en Cilicia. Chipre quedou para os británicos que xa o administraban e Castellorizo para os italianos cunha área de influencia na rexión de Antalya. A navegación nos estreitos sería libre e controlada por unha comisión internacional.[11]

O Tratado logrou a expulsión do Imperio Otomán de Europa. Isto fora o soño do cristianismo durante case cincocentos anos dende a Liga Santa e púxose a condición ao imperio que nunca podía ser reactivado de novo na súa antiga forma.[12]

OutrosEditar

Configurouse un novo mapa político de Europa creándose novos estados (Polonia, Checoslovaquia, Hungría, Iugoslavia, Finlandia, Estonia, Letonia e Lituania). Ratificáronse as fronteiras dos países vencidos. Tamén se creou o coñecido como "cordón sanitario" para illar o mundo capitalista do comunista.[13][14]

O Xapón e a cuestión da igualdade racialEditar

 
Makino Nobuaki, xefe da delegación do Xapón

A delegación do Xapón, encabezada por Makino Nobuaki, expuxo o recoñecemento da igualdade racial nos estatutos da Sociedade de Nacións, mais a súa petición non foi atendida. Desde o principio a delegación xaponesa non foi tratada igual que os catro grandes e non só se lles asignou un posto no extremo da mesa das negociacións, senón que os seus membros tiveron que soportar comentarios denigratorios e chistes racistas (o presidente francés Georges Clemenceau, por exemplo, queixouse de ter que estar xunto aos «feos» xaponeses nunha cidade chea de atractivas mulleres loiras; o presidente australiano Billy Hughes, defensor total dunha Australia Branca, fixo chistes sobre o canibalismo en referencia aos pobos do Pacífico). No curso do debate sobre a igualdade racial, cando ao británico Lord Balfour se lle argumentou que na Constitución dos Estados Unidos se recoñecía que «todos os homes son creados iguais», el respondeu que non cría que «un home de África central fose creado igual que un europeo». Entón Makino pediu que se votase a proposta e conseguiu que fose aprobada pola maioría dos países representados na conferencia, mais a oposición do Reino Unido e dos seus Dominios, especialmente Australia, foi tan radical que finalmente o presidente norteamericano Woodrow Wilson dictaminou que o voto quedaba anulado debido á disconformidade expresada por varios países. Como sinalou o ensaísta Pankaj Mishra, a resolución en que se rexeitaba a igualdade racial «ía ser lembrada durante décadas polos nacionalistas xaponeses».[15]

Segundo este mesmo autor, Wilson non apoiou a proposta xaponesa (que no fondo respondía os principios expresados nos 14 Puntos) porque, ademais de que podía poñer en cuestión a lexislación antiasiática dos Estados Unidos, «temía perder o apoio dos británicos e dos seus aliados australianos. En gran medida, a anglofilia cegaba a Wilson e os seus asesores (na súa maioría membros da elite branca anglosaxoa e protestante da costa leste), o que lle impedía ver a paixón anticolonial que existía en Asia e África».[15]

ConsecuenciasEditar

Os vencidos, sobre todo Alemaña, quedaron coa sensación de que foron tratados inxustamente (revanchismo e nacionalismo),[16] que, entre outras cousas, causaría o estoupido da segunda guerra mundial. Ademais non se resolveu o problema das nacionalidades, quedando en evidencia o principio teórico das negociacións.[17]

NotasEditar

  1. "LA CONFERENCIA DE PAZ EN PARÍS (1919)". 
  2. "Conferencia de París 1919". 
  3. "Conferencia de París (1919)". 
  4. "La Primera Guerra Mundial: La Conferencia de París 1919" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2008. 
  5. Burgos, Manuel; Calvo, José; Jaramillo, Manuel; Martín, Santiago. "La regularización de paz". Historia 4º de ESO. Sevilla: Anaya. p. 196. 
  6. "Contexto de la conferencia de paz de París". Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2008. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Ocaña, Juan Carlos. "Los Tratados de Paz, la Conferencia de Paz de París". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2005. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "LAS POSTURAS DIVERGENTES DE LOS VENCEDORES". 
  9. Burgos, Manuel; Calvo, José; Jaramillo, Manuel; Martín, Santiago. "El nuevo mapa de Europa". Historia 4º de ESO. Sevilla: Anaya. p. 197. 
  10. Peace Treaty of Versailles - Articles 231-247 and Annexes - Reparations
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "LOS TRATADOS DE PAZ". 
  12. Shuster, W.M. (1921). The Century: A Popular Quarterly By Making of America Project (en inglés). The Century Co., 1881-1930. p. 915. 
  13. "CICLO DE CONFERENCIAS LÍDERES DEL SIGLO XX". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2009. 
  14. "Kosovo como lección". 
  15. 15,0 15,1 Mishra, Pankaj (2014) [2012]. De las ruinas de los imperios. La rebelión contra Occidente y la metamorfosis de Asia [From the Ruins of Empire]. Barcelona: Galaxia Gutenberg. pp. 303–305. ISBN 978-84-16072-45-3. 
  16. "El Imperialismo" (PDF). 
  17. "LA ORGANIZACIÓN DE LA PAZ (1919-1920)". 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar