Río Niemen
Coordenadas: 55°15′40″N 21°18′24″L / 55.26111, -21.30667
O río Niemen (en lituano, Nemunas; en belaruso, Нёман; en ruso, Неман; en polaco, Niemen; en alemán, Memel; e en sueco, Njemen) é un río da Europa oriental que transcorre por Belarús e Lituania e que, no seu curso baixo, forma a fronteira entre Lituania e Rusia (co exclave do óblast de Kaliningrado).
Niemen Nemunas - Нёман - Неман | |
---|---|
País | Lituania Belarús Rusia |
Nacemento | Slomin (a 45 km ao sur de Minsk) |
Altitude | 176 m |
Lonxitude | 937 km |
Conca | 98.200 km² |
Caudal medio | 616 m³/s |
Desembocadura | Mar Báltico (Lagoa de Curlandia) |
Altitude desembocadura | 0 m |
Localización do río Niemen | |
Xeografía
editarÉ o décimo cuarto río en lonxitude de toda Europa, con 937 km, o máis longo de Lituania e o terceiro de Belarús. As súas augas son tranquilas (nace a 176 m sobre o nivel do mar), cunha velocidade media dun a dous metros por segundo, e cunha profundidade máxima de cinco metros.
Os seus maiores afluentes son os ríos Neris, con 510 quilómetros, Ščiara, con 325 quilómetros, e Šešupė, cunha lonxitud de 298 quilómetros. Proporciona grandes recursos para as comunicacións dos países que atravesa, sendo a navegación moi activa en verán.
O río Niemen nace en Slomin, en Godno, e alí se lle unen algúns afluentes, facéndose navegábel; pasa logo por Alytus e despois por Kaunas. Máis adiante pasa por Smalininkai, segue o seu curso de leste a oeste recibindo dous afluentes, o Šešupė e o Jūra. Baña a cidade de Tilsit (agora Sovetsk en ruso).
Desemboca no mar Báltico cerca de Klaipeda, na Lagoa de Curlandia, onde forma un delta, dividíndose nun labirinto canais mesturándose con pólderes e zonas húmidas que fan do delta un destino atractivo para o ecoturismo. As catro principais ramas son Atmata, Pakalnė, Skirvytė e Gilija.
O río ten un papel crucial no ecosistema da lagoa de Curlandia. Proporciona a principal fonte de auga na lagoa e mantén a súa auga case doce. Isto permite que vivan alí animais de auga doce e de auga salobre.
Conforme se expande o delta do Niemen, a lagoa vai afundindo.
Posto que o delta se encontra en Lituania, a miúdo se lle chama delta do Nemunas. Alí creouse un parque rexional no ano 1992.
Historia
editarDebe este río certa celebridade histórica a unha entrevista que o 25 de xuño de 1807 toveron nunha balsa no medio do río os dous emperadores Napoleón I e Alexandre I, aos que se uniu despois o rei de Prusia Frederico Guillerme III; dita entrevista serviu de preliminar para a Paz de Tilsit.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Niemen |