Frederico Guillerme III de Prusia
Frederico Guillerme III de Prusia,[1] nado en Potsdam o 3 de agosto de 1770 e finado en Berlín o 7 de xuño de 1840, foi o quinto rei de Prusia, cargo que ostentou dende 1797 ata a súa morte.
Traxectoria
editarCasou con Luísa de Mecklembourg-Strelitz en 1793. Seis anos despois, en 1797, foi coroado rei de Prusia. Como monarca tivo que enfrontarse a moitas adversidades, coma o déficit do Estado e o imperialismo de Napoleón Bonaparte.
Unión das Igrexas de Prusia
editarFrederico Guillerme propúxose unificar as igrexas protestantes, para homoxeneizar a súa liturxia, a súa organización e incluso a súa arquitectura. O reto a longo prazo era centralizar o control real de todas as igrexas protestantes na Unión Prusiana de Igrexas. Tras varios anos creouse a Igrexa da Unión Prusiana, xuntando a maioría dos grupos luteranos e algúns protestantes reformados minoritarios.[2]
En 1824, Frederico Guillerme III casou de novo morganaticamente coa condesa Augusta von Harrach, princesa de Liegnitz, con quen non tivo descendencia.[3]
Finou o 7 de xuño de 1840 en Berlín. O seu fillo máis vello, Frederico Guillerme, sucedeuno no trono.[3]
Matrimonio e fillos
editarO 24 de decembro de 1793 casou con Luísa de Mecklemburgo-Strelitz, auténtica heroína antinapoleónica aínda hoxe en Alemaña. Tiveron os seguintes fillos antes da prematura morte da raíña en 1810:
- Frederico Guillerme IV de Prusia, nacido en Berlín en 1795 e morto en 1861 en Potsdam. Casado coa princesa Isabel Luísa de Baviera, que foi raíña consorte de Prusia.
- Guillerme I de Prusia, nacido en Berlín en 1797 e morto na mesma cidade en 1888. Casado coa princesa Augusta de Saxonia-Weimar-Eisenach.
- Carlota de Prusia, nada en Berlín en 1798 e morta en 1860 en San Petersburgo. Casada co tsar Nicolao I de Rusia.
- Frederica de Prusia, nada en Potsdam en 1799 e morta en 1800 en Berlín.
- Carlos de Prusia, nacido en Berlín en 1801 e morto na mesma cidade en 1883. Casou coa princesa María de Saxonia-Weimar-Eisenach.
- Alexandrina de Prusia, nada en Berlín en 1803 e morta en 1892 en Schwerin. Casou co gran duque Paulo Frederico de Mecklemburgo-Schwerin.
- Fernando de Prusia, nacido en Berlín en 1804 e morto na mesma cidade en 1806.
- Luísa Augusta de Prusia, nada en 1808 en Königsberg (actualmente Kaliningrado) e morta en Wassenar en 1872. Casou co príncipe Frederico dos Países Baixos.
- Alberte de Prusia, nacido en 1809 en Königsberg (Kaliningrado) e morto en Berlín en 1870. Casou coa princesa Mariana dos Países Baixos e en segundas nupcias coa princesa Rosalía von Rauch.
Devanceiros
editarNotas
editar- ↑ "Frederico na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ Christopher Clark, "Confessional policy and the limits of state action: Frederick William III and the Prussian Church Union 1817–40." Historical Journal 39.#4 (1996) pp: 985-1004. in JSTOR
- ↑ 3,0 3,1 Feldhahn, Ulrich (2011). Kunstverlag Josef Fink, Lindenberg, ed. Die preußischen Könige und Kaiser (German). pp. 17–20. ISBN 978-3-89870-615-5.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frederico Guillerme III de Prusia |
Bibliografía
editar- Clark, Christopher. "Confessional policy and the limits of state action: Frederick William III and the Prussian Church Union 1817–40." Historical Journal 39.#4 (1996) pp: 985-1004. in JSTOR
- Thomas Stamm-Kuhlmann: König in Preußens großer Zeit. Friedrich Wilhelm III., der Melancholiker auf dem Thron. Siedler, Berlin 1992.
- Dagmar von Gersdorff: Königin Luise und Friedrich Wilhelm III. Eine Liebe in Preußen. Rowohlt, Reinbek 2001. ISBN 3-499-22615-4.
- Claudia von Gélieu, Christian von Gélieu: Die Erzieherin von Königin Luise. Salomé de Gélieu. Regensburg 2007, ISBN 978-3-7917-2043-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Frederico Guillerme II |
Rei de Prusia 1797 - 1840 |
Sucesor: Frederico Guillerme IV |