Alexandre I de Rusia
Alexandre I de Rusia (en ruso, Александр I Павлович, Aleksandr I Pavlovich), nado en San Petersburgo o 23 de decembro de 1777 e finado na mesma cidade finado o 1 de decembro de 1825, foi tsar de Rusia do 23 de marzo de 1801 ata o 1 de decembro de 1825, e rei de Polonia de 1815 ata 1825, tamén foi o primeiro Gran Duque de Finlandia ruso así como Gran Duque de Lituania.
Alexandre I de Rusia | |
---|---|
Emperador e Autócrata de Todas as Rusias | |
![]() | |
Alexandre I de Rusia | |
Reinado | 23 de marzo de 1801 - 1 de decembro de 1825 |
Nacemento | 23 de decembro de 1777 San Petersburgo, ![]() |
Falecemento | 1 de decembro de 1825 San Petersburgo, ![]() |
Predecesor | Paulo I de Rusia |
Sucesor | Nicolao I de Rusia |
Cónxuxe/s | Luísa de Baden |
Proxenitores | Paulo I de Rusia Maria Feodorovna |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
Traxectoria Editar
Foi fillo do Gran Duque Paulo Petrovich, máis tarde emperador Paulo I de Rusia, e de María Feodorovna, filla de Federico II Eugen, duque de Württemberg. Alexandre foi o maior de catro irmáns. Sucedeu o seu pai no trono logo de que este fose asasinado, e dirixiu a Rusia durante o caótico período das Guerras Napoleónicas. Na primeira metade do seu reinado, Alexandre tentou introducir reformas liberais, mentres que na segunda metade inclinouse cara a unha conduta máis absolutista, o que fixo revogar moitas das reformas. En canto a política exterior, Alexandre tivo certo éxito, gañando varias campañas militares. Baixo o seu reinado Rusia anexionou Finlandia e parte de Polonia. A súa morte está rodeada de misterio e nunca se atoparon os seus restos, de feito existe unha lenda afirma que non morreu en 1825 senón que asumiu a identidade do ermitán Feodor Kuzmich[1].
Matrimonio Editar
Alexandre contraeu matrimonio con Luísa de Baden (bautizada como Elizaveta Alekseievna) coa que soamente tivo dúas fillas, que morreron a curta idade.
Outros datos Editar
Alexandre I foi o bisavó da futura raíña Vitoria I do Reino Unido que foi bautizada Alexandrina Vitoria en honor do tsar.
A Alexanderplatz (praza de Alexandre) de Berlín recibiu o nome en memoria do tsar.
Notas Editar
- ↑ Richard Holmes Napoleón:Batallas y Campañas. Lu Ilustrado, 2007
Predecesor: Paulo I |
Tsar de Rusia 1801 - 1825 |
Sucesor: Nicolao I |
Predecesor: Stanisław August Poniatowski |
Rei de Polonia 1815 - 1825 |
Sucesor: Nicolao I |
Predecesor: Gustavo IV Adolfo |
Gran Ducado de Finlandia 1809 - 1825 |
Sucesor: Nicolao I |