Reino do Congreso
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Reino do Congreso ou Reino de Polonia é unha entidade política, creada no Congreso de Viena en 1815 a partir do Ducado de Varsovia, cando as grandes potencias europeas se reorganizaron logo das guerras napoleónicas.
Królestwo Polskie (pl) | |||||
Himno | Pieśń narodowa za pomyślność króla (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado histórico | Imperio Ruso | ||||
Capital | Varsovia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.000.000 (1900) (77,82 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua rusa lingua polaca | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 128.500 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de xuño de 1815 | ||||
Disolución | 1915 | ||||
Sucedido por | Segunda República Polaca, Terra do Vístula (pt) e Polonia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unión persoal | ||||
Órgano lexislativo | Sejm of Congress Poland (en) , | ||||
Moeda | Polish rubel (en) | ||||
Historia
editarNacemento do reino
editarO nacemento do Reino do Congreso débese en gran medida ós esforzos de Adam Jerzy Czartoryski, polaco e ministro de asuntos exteriores ruso, que quería resucitar Polonia como un aliado de Rusia. Obtén unha constitución liberal para o novo reino, que é moi parecida á do Ducado de Varsovia. Ademais, o Reino do Congreso, tiña unha armada e o seu propio goberno. Oficialmente, foi unha monarquía constitucional co tsar de Rusia levando o título de Rei de Polonia. A Dieta podía votar as leis e era responsable do vicerrei representante do tsar. O 9 de decembro de 1815, o cargo de gobernador foi designado na persoa do príncipe Józef Zajaczek, que ocupou o cargo ata a súa morte en 1826.
A fin das Ilusións
editarO Reino do Congreso non durou máis de quince anos. Os problemas comezaron cando Nicolao I foi coroado tsar. Nicolao I, non tolerou ningunha restrición ós seus poderes en Polonia. Nomea o gran duque Constantino Romanov vicerrei de Polonia. Este quixo impoñer unha disciplina rusa no seo da armada do reino e os militares comezaron a conspirar contra el. Mentres que os rusos prevían utilizar o exército do reino para intervir contra os movementos revolucionarios en Francia e Bélxica, o subtenente Piotr Wysocki e o seu grupo trataron de asasinar o gran duque Constantino, desencadeando unha insurrección contra Rusia. En xaneiro de 1831, o tsar foi deposto pola Dieta por transgredir en numerosas ocasións a constitución. A resposta do tsar non foi outra que a de enviar as tropas para acabar coa revolta polaca.
A rusificación
editarTras once meses de guerra, Rusia controlou a situación. A constitución foi abolida, e establecéronse tarifas aduaneiras con Rusia para frear o desenvolvemento da economía do reino. As autoridades rusas pecharon as universidades e escolas superiores. O papa Gregorio XVI outorga a bendición a Nicolao I por liquidar do Reino do Congreso toda a tolerancia que Alexandre I permitira. No 1832, a administración recaeu nun goberno militar, a cargo do xeneral Iván Paskievich, quen levou a cabo unha política de rusificación. No 1856, Mikhaïl Gortchakov sucédeo como gobernador do Reino de Polonia ata o 30 de maio de 1861.
O país do Vístula
editarEn 1863, xorde unha nova revolta, a Revolta de Xaneiro. Tras a derrota dos insurxentes, instaurouse unha política de rusificación total. O proceso de unificación con Rusia foi proposto coa fin de acabar coas institución do reino polaco creadas en 1815. O ruso converteuse na lingua oficial. En 1868, os territorios do Reino do Congreso, foron incorporados ó Imperio Ruso baixo o nome de País do Vístula (en ruso: Privislinsky Kray). O nome, Reino do Congreso, continua sendo empregado para designar estes territorios ó longo do século XIX, aínda que a entidade política do reino non exista xa.
No ano 1915, a armada rusa abandona o Reino a mans dos alemáns e austrohúngaros.