Exèrcit Popular Català

O Exèrcit Popular Català (EPOCA) ou Exército Popular Catalán en galego, foi unha fronte armada catalá que apareceu entre 1970 e 1971 a modo de organización terrorista coa finalidade de acadar a independencia de Cataluña respecto do Estado español. Considérase antecesora de Terra Lliure, xa que moitos militantes pasaron a formar parte dela cando EPOCA se disolveu.

Traxectoria

editar

Tentouse a creación de movementos similares en dúas ocasións anteriores, en 1964 e en 1968, aínda que sen éxito. A base da militancia proviña, basicamente, do Front Nacional de Catalunya (FNC). Jaume Martínez Vendrell, o líder da rama militar do FNC, foi o encargado, no Exèrcit Popular Català, de adestrar en técnicas de guerrilla urbana unha cincuentena de militantes dándolles formación práctica e teórica a partir das armas conseguidas a través dun catalán emigrado a Suíza coñecido como Sporri. Este cincuenta militantes dispuñan dunha infraestrutura legal de apoio dunhas 200 persoas.[Cómpre referencia]

O Exèrcit Popular Català perpetrou asasinatos dun grande impacto público pola relevancia das vítimas e a crueldade do método empregado, utilizando bombas encostadas ao corpo das vítimas. Desta maneira asasinaron o industrial e presidente da empresa química Cros S.A., José María Bultó (9 de maio de 1977), polo que foron arrestados e acusados dos feitos Àlvar Valls, Carles Sastre,Josep Lluís Pérez i Montserrat Tarragó. Tamén deste xeito foi asasinado un dos últimos alcaldes (1975-1976) do réxime do xeneral Franco en Barcelona, Joaquim Viola e a súa esposa (o 25 de xaneiro de 1978). Outra das súas accions foi o roubo de 20 millóns de pesetas na residencia sanitaria de Vall d'Hebron, en Barcelona.

As detencions de 1977 causaron a creación da campaña "Llibertat patriotes catalans", pola liberación dos arrestados, que durou tudo o verán e foi un dos eixos do acto independentista do Fossar de les Moreres de Barcelona durante a celebración do 11 de setembro dese ano, que causou, en aplicación da lei da amnistia do 15 de outubro de 1977, a súa liberación, pero coa volta de Josep Tarradellas e a constitución do Concello Executivo da Generalitat de Cataluña, o entón gobernador civil de Cataluña, Rodolfo Martín Villa, retirou a amnistia e os catro implicados tiveron que exiliarse.

Desarticulación do grupo

Os 4 de marzo de 1979 foron detidos Jaume Martínez Vendrell e Lluís Montserrat i Sangrà, María Teresa Sol i Cifuentes, Joan Mateu Martínez, as irmás Concepció e Montserrat Vall Pla e Xavier Manzano Perez.

A policía española localizou a orixe da organización en 1967, atribuíndo a súa creación e dirección a Josep Maria Batista Roca (falecido en 1978), a dirección da ala militar a Martínez Vendrell e a outros 12 ser membros da organizacíón .

Tamén solicitan a extradición de Manuel Viusà, e despois desas detencións comícanse os comités de solidariedade cos patriotes cataláns.

En outubro de 1980 foron detidos Xavier Barbera Joan Casas Concepción Duran Ferran Jabardo Anton Massaguer Rosa Naval Abel Rebollo, Ramón Subirats, e María Dolors Tubau Tubau, acusados ​​de pertencer a organización, da morte de Josep Maria Bultó e de estar a preparar un ataque contra o presidente da Generalitat, Jordi Pujol. Tras estas detencións, EPOCA pode ser considerada desmontada e os seus membros activos como Montserrat Tarragó e Carles Sastre, pasaron a Terra Lliure.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dalmau, Ferran ; Juvillà, Pau: EPOCA, l'exèrcit a l'ombra. Lleida, Edicions el Jonc, gener de 2010. ISBN 84-933721-8-8