Guerrilla urbana
A guerrilla urbana é un tipo específico de tácticas de guerrilla aparecido na segunda metade do século XX que se caracteriza por desenvolverse nun ambiente urbano como parte dunha estratexia coordinada de loita militar, moitas veces de natureza anticolonial ou revolucionaria.
Antecedentes
editarA guerrilla é unha táctica bélica de grande antigüidade que adoita ser adoptada polos grupos de combatentes que se atopan en desvantaxe fronte a forzas militares ben organizadas e abastecidas. Consiste basicamente en evitar confrontacións abertas coas tropas inimigas, buscando pequenos combates nos que non exista superioridade numérica, así como actos de sabotaxe que poidan afectar a capacidade operativa do inimigo. En xeral as poboacións locais invadidas por potencias estranxeiras recorreron sistematicamente á guerrilla como forma de resistencia.
Historicamente a organización guerrilleira adoptou a forma de guerrilla rural, fundamentalmente debido a que a maioría da poboación habitaba nas zonas rurais, mentres que as forzas militares regulares debían establecerse en fortificacións puntuais. Estas características daban unha vantaxe á guerrilla rural, a partir das posibilidades de ocultamente e apoio dos poboadores, así como de control do territorio.
Historia
editarCo proceso de urbanización masiva a clásica guerrilla rural comezou a mostrarse ineficiente, en parte porque unha escasa poboación rural dificulta as súas posibilidades de pasar desapercibida, e en parte porque a radicación da maior parte dos habitantes nas cidades fixo perder ás guerrillas unha das súas vantaxes estratéxicas, a conexión coa poboación civil.
Nesas condicións apareceu a guerrilla urbana, loxicamente relacionada co proceso de urbanización e o simultáneo despoboamento do campo. En moitas ocasións a guerrilla urbana e rural apareceron combinadas.
Os maquis españois que resistiron ao franquismo unha vez derrotados os exércitos republicanos, organizaron as primeiras guerrillas urbanas en Madrid e Barcelona, principalmente.[1] A Resistencia Francesa contra a ocupación nazi tamén utilizou tácticas de guerrilla urbana, sobre todo en París.
A partir da década de 1960-1970 a guerrilla urbana xeneralizouse como forma de organización nas loitas contra o colonialismo europeo de posguerra, e nos chamados movementos de liberación nacional de natureza revolucionaria.
Características
editarA diferenza da guerrilla rural, a guerrilla urbana ten semellado menos exitosa como forma de loita militar, probablemente ligado ao feito das características mesmas da cidade moderna.
Notas
editar- ↑ "Serrano, Secundino (2001). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Madrid:Temas de Hoy". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2007. Consultado o 31 de outubro de 2007.