Abrir o menú principal

A sabotaxe[1] é unha acción deliberada co obxectivo de debilitar o inimigo a través de subversion, da obstrución, da rotura ou da destrución de material. Ás veces, a sabotaxe é usada como unha forma de ineficiencia organizada polos traballadores para afectar negativamente no empregado ou para desligarse de responsabilidades por danos a terceiros.

Antecedentes históricosEditar

 
Un sabot.

Dise popularmente que a palabra sabotaxe se orixinou a partir da palabra francesa sabot. En Francia as zocas (zapatos de madeira) son chamados sabots e dise que nunha ocasión, os traballadores dalgunhas fábricas empregaron os seus sabots para inutilizar a maquinaria, e así amosar o seu desacordo cos propietarios. É dicir, eles sabotaron as máquinas.

A verdadeira orixe da palabra tamén parece estar relacionada coa palabra francesa sabot. Na era industrial, os traballadores empregaban sabots como zapatos, que os facía camiñar de xeito ineficiente. Por esta razón, a ineficiencia organizada denomínase sabotaxe.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sabotaxe.