Santos Juliá
Santos Juliá Díaz, nado en Ferrol en 1940 e finado en Madrid o 23 de outubro de 2019, foi un historiador galego.
Santos Juliá | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Santos Juliá Díaz |
Nacemento | 1940 e 16 de setembro de 1940 |
Ferrol | |
Falecemento | 23 de outubro de 2019 |
Hospital Universitario Puerta de Hierro Majadahonda | |
Causa | cancro |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | historiador, sociólogo e catedrático de universidade |
Premios | Premio Nacional de Historia de España, Francisco Umbral Prize for Book of the Year e Medal of Merit in Research and University Education |
Na rede | |
http://www.santosjulia.com | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Doutor en ciencia política e socioloxía pola Universidade Complutense e catedrático de historia social e do pensamento político na UNED, é autor de bo número de traballos sobre a historia política e social de España durante o século XX, así como de obras dedicadas á historiografía.
ObrasEditar
Algunhas das súas obras máis recoñecidas son Manuel Azaña. Una biografía política (1990), Los socialistas en la política española (1997), Un siglo de España. Política y sociedad (1999) ou Historias de las dos Españas (2004), pola que recibiu o Premio Nacional de Historia de España dese ano, que outorga o Ministerio de Cultura. Tamén dirixiu obras colectivas como Víctimas de la guerra civil (1999) e La violencia política en la España del siglo XX (2000). Xunto co seu labor académico exerce asemade como comentarista de política española no xornal El País.
- Hoy no es ayer. Ensayos sobre la España del siglo XX (2010)
- Vida y tiempo de Manuel Azaña, 1880-1940 (2008)
- Víctimas de la Guerra Civil (2005)
- El franquismo (2005) (con Giuliana de Febo)
- Historias de las dos Españas (2004)
- Historia económica y social, moderna y contemporánea de España (2002) con Ana Guerrero Latorre e Sagrario Torres Ballesteros
- Madrid, historia de una capital (2000) con David Ringrose e Cristina Segura
- El aprendizaje de la libertad, la cultura de la transición (2000) con José Carlos Mainer
- Un siglo de España: Política y Sociedad (1999)
- Historia de España (2003) con Julio Valdeón e Joseph Pérez
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Apuntamento biográfico e conferencias de Santos Juliá na Fundación Juan March
- Manuel Azaña dans la nouvelle édition de ses oeuvres complètes, in revista Arkheia, Montauban (Francia), 2008 (en francés).
- Pagina web oficial Arquivado 20 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.