Consulta sobre a independencia de Cataluña
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Referendo de autodeterminación de Cataluña" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas sigue estes pasos. |
A consulta sobre o futuro político de Cataluña foi unha consulta sobre a independencia de Cataluña, motivo polo cal tamén é coñecida como consulta sobre a independencia de Cataluña, que se celebrou o 9 de novembro de 2014.
![]() | |||||||||||
Consulta sobre a independencia de Cataluña | |||||||||||
9 de novembro de 2014 | |||||||||||
Tipo | Alternativa ó Referendo de autodeterminación de Cataluña | ||||||||||
Debate(s) | Quere que Cataluña sexa un Estado? En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente? | ||||||||||
Demografía electoral | |||||||||||
Votantes | 2 305 290 | ||||||||||
Participación | |||||||||||
37.02% | |||||||||||
Resultados | |||||||||||
![]() | |||||||||||
Si-Si | 80.76% | ||||||||||
Si-Non | 10.07% | ||||||||||
Si-Branco | 0.97% | ||||||||||
Non | 4.54% | ||||||||||
Voto en branco | 0.56% | ||||||||||
Outros | 3.09% |
A consulta, incluída no marco dun proceso de participación cidadá organizado pola Generalitat de Cataluña, está formada por unha pregunta con dous apartados: «Quere que Cataluña sexa un Estado?» e «En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?».[1][2][3][4][5]
O anuncio da convocatoria desta consulta fíxoa o presidente Artur Mas, o 14 de outubro de 2014 dende a galería gótica do Palau de la Generalitat de Catalunya, como resultado do bloqueo feito polo Goberno de España. Este bloqueo baseábase, en primeiro termo, na negativa do Goberno de España a aceptar un referendo sobre a independencia de Cataluña, e en segundo termo, na suspensión cautelar da "Lei de consultas populares non referendarias" e do decreto de convocatoria da consulta popular non referendaria sobre o futuro político de Cataluña por parte do Tribunal Constitucional de España, despois de admitir a trámite dous recursos do Goberno de España.[6]
A convocatoria dunha consulta era o principal acordo do «Pacto pola Liberdade», pacto de investidura asinado en decembro do 2012 despois das eleccións ó Parlamente de Cataluña. A data e a pregunta da consulta foron anunciades polo Presidente da Generalitat de Cataluña Artur Mas o 12 de decembro de 2013 co apoio dos grupos parlamentarios de Convergència i Unió, Esquerra Republicana de Catalunya, Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa e a Candidatura d'Unitat Popular, que sumaban 87 dos 135 deputados do Parlamento de Cataluña.[7][8][9][10][11][12][13][14][15]
A consulta contou co apoio da meirande parte das institucións locais após que 920 concellos, 36 consellos comarcais, o Consello Xeral de Arán e 4 deputacións aprobaran mocións a prol da convocatoria da consulta.[16]
NotasEditar
- ↑ Govern de Catalunya. Govern de Catalunya, ed. "President Mas: "El sentit de país ha fet possible el consens per acordar una pregunta inclusiva, majoritària i clara"". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 17 de decembro de 2013.
- ↑ Govern de Catalunya. Govern de Catalunya, ed. "La consulta, el 9 de novembre de 2014: "Vol que Catalunya esdevingui un Estat? En cas de resposta afirmativa, vol que aquest Estat sigui independent?"". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 17 de decembro de 2013.
- ↑ VilaWeb (ed.). "El govern convoca un nou 9-N". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 15 de outubro de 2014.
- ↑ VilaWeb (ed.). "President Mas’s new plan for independence (9-N) vote". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014.
- ↑ Catalan News Agency (ed.). "Preparations for alternative independence vote kick off while Madrid hesitates to act against it". Consultado o 18 de outubro de 2014.
- ↑ Generalitat de Catalunya (ed.). "Consulta popular no referendària sobre el futur polític de Catalunya 2014". Consultado o 24 de xuño de 2022.
- ↑ Tugas, Quetglas, March, Roger, M.E., Oriol. Diari Ara, ed. ""Vol que Catalunya esdevingui un estat? En cas afirmatiu, vol que aquest estat sigui independent?"". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2013.
- ↑ Redacción. "El referèndum serà el 9 de novembre i es preguntarà sobre la independència". Vilaweb. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2013.
- ↑ Parlamento de Cataluña (ed.). "La consulta i els pressupostos per al 2014 centren la darrera sessió de control de l'any". parlament.cat. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2013. Consultado o 18 de decembro de 2013.
- ↑ La consulta per la independència serà el 9 de Novembre de 2014 Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. - AraGirona.cat
- ↑ Separatist Catalan Parties Announce Alliance The New York Times, 18 de decembro de 2012
- ↑ Agreement in Catalonia on date of independence referendum Arquivado 17 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Euronews, 19 December 2012
- ↑ Catalonia referendum set for 2014 Financial Times, 19 December 2012
- ↑ "Catalonia is following Scotland towards independence referendum in 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2013.
- ↑ The Wall Street Journal (ed.). "Catalonia Sets Independence Referendum" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2013.
- ↑ Ja són 920 els municipis catalans que donen suport al 9-N, Ara.