Referendo de independencia de Cataluña de 2017

referendo sobre a independencia e a creación dun Estado catalán

O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017.[1][2][3] Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.[4][5]

Referendo de independencia de Cataluña de 2017
 ← 2014 Editar o valor en WikidataCataluña Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
Data1 de outubro de 2017 Editar o valor en Wikidata
TipoReferendo de independencia Editar o valor en Wikidata
Parte deProceso independentista catalán e crise constitucional española de 2017-2018 Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialreferendum.cat Editar o valor en Wikidata
Cancelo#CatalanReferendum, #Votarem e #1Oct Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado5.313.564 Editar o valor en Wikidata
2.286.217
   43.03٪
Número de votos válidos2.266.498    Número de votos en branco 44.913   Número de votos nulos 19.719
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Si
2.044.038   90.18٪
Gañador/a
Non
177.547   7.83٪

lang=gl Editar o valor en Wikidata
Causa inmediata de
27 de outubro de 2017: Declaración de Independencia de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Papeleta do referendo.

Historia

editar

Maioría parlamentaria prorreferendo

editar
 
Foto oficial do Goberno de Puigdemont.

O 27 de setembro de 2015 realizáronse as eleccións ó Parlamento de Cataluña. Estas eleccións deron unha maioría de forzas políticas prorreferendo (Junts pel Sí, Catalunya Sí que es Pot e Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent) e fixo posible a creación dun goberno prorreferendo.

Anuncio do referendo

editar

O anuncio da convocatoria deste referendo realizouno o presidente Carles Puigdemont, o 28 de setembro de 2016 dende o Parlamento de Cataluña, como resultado do bloqueo realizado polo Goberno de España.[6][7][8] Tamén se fixo público que a arquitectura do referendo e a súa organización sería responsabilidade do vicepresidente, Oriol Junqueras, e o conselleiro de Asuntos exteriores e de Relacións Institucionais e de asuntos Exteriores e de Transparencia, Raül Romeva.

Anuncio da data e pregunta do referendo

editar

O 9 de xuño de 2017, o Goberno de Cataluña, xunto con todos os membros independentistas do Parlamento de Cataluña, anunciou a data e pregunta para o referendo nunha cerimonia solemne no Pati dels Tarongers do Palau de la Generalitat. A pregunta será: "Quere que Cataluña sexa un Estado independente en forma de república?" e será feita nas tres linguas oficiais faladas en Cataluña (en catalán, español e aranés). A data fixada para o referendo, foi o 1 de outubro de 2017.[9][10]

  1. Prim, Sara (28 de setembro de 2016). "Puigdemont to call a referendum next September if Spain doesn’t allow Catalans to vote". Catalan News Agency. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  2. "Parliament approves calling a referendum with or without Spain’s consent". Catalan News Agency. 7 de outubro de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  3. Calvo, Amanda (6 de outubro de 2016). "Catalan parliament votes yes to independence referendum next September". Reuters. Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  4. "Spanish Government rejects Puigdemont’s proposal to hold a binding referendum". Catalan News Agency. 30 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  5. "Catalan Referendum on Independence 'Not Possible' Says Spain PM". Voice of America. 30 de decembro de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2017. 
  6. "Puigdemont anuncia que convocarà el referèndum sobre la independència al setembre del 2017". Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals. 29 de setembro de 2016. Consultado o 2 outubro de 2016. 
  7. Prim, Sara (28 de setembro de 2016). "Puigdemont to call a referendum next September if Spain doesn’t allow Catalans to vote". Catalan News Agency. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  8. "Spanish Government rejects Puigdemont’s proposal to hold a binding referendum". Catalan News Agency. 30 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  9. ""¿Voleu que Catalunya sigui un Estat independent en forma de república?", la pregunta del referèndum de l'1 d'octubre". Ara.cat (en catalán). 
  10. Cordero, Dani (9 de xuño de 2017). "Puigdemont anuncia para el 1 de octubre el referéndum sobre la independencia". EL PAÍS (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar