Catalunya Sí que es Pot

Catalunya Sí que es Pot (CSQP, en galego: Cataluña Sí que se Pode) foi unha coalición de esquerdas integrada por Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Podem e Equo.[1] Formouse en xullo de 2015 a imaxe da fórmula de Barcelona en Comú para a cidade de Barcelona, co obxectivo de presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015.

Catalunya Sí que es Pot

Instancia decoalición electoral Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticafederalismo, feminismo, ecoloxismo, nacionalismo catalán, socialismo democrático, Altermundismo e republicanismo español Editar o valor en Wikidata
Posición políticaesquerda política Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación19 de xullo de 2015 Editar o valor en Wikidata
Disolución28 de outubro de 2017 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Substitúe aIniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa Editar o valor en Wikidata
Substituído porCatalunya en Comú-Podem Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
SedeBarcelona Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBcatalunyasiqueespot.cat Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

A coalición conseguiu 11 deputados no Parlamento de Cataluña, dos que 4 son militantes de Iniciativa, 4 de Podem, 1 d'Esquerra Unida e 2 independentes.

O seu cabeza de lista por Barcelona foi Lluís Rabell, presidente d_ Federación de Asociacións de Veciños de Barcelona, e a escritora Gemma Lienas como número dous. Os seguintes postos foron ocupados por Joan Coscubiela (ICV), Àngels Martínez Castells (Podem) e Albano Dante Fachin (Podem). Nas outras provincias, Girona foi encabezada por Marc Vidal (ICV), Lleida por Sara Vilà (ICV) e Tarragona por Gerard Bargalló (Podem).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar