Xustiza social
A xustiza social só pode definirse a partir do feito concreto da inxustiza social.[1] Algúns estudiosos, sosteñen que o concepto «xustiza social» correspóndese coa «xustiza distributiva» de Aristóteles, en tanto que a noción de «xustiza conmutativa» corresponde á idea clásica de xustiza nas sociedades modernas.[2]

Entre os temas que en interesan á xustiza social atópanse a igualdade social, a igualdade de oportunidades, o Estado de benestar, a cuestión da pobreza, a distribución da renda, os dereitos laborais e sindicais, etc. En 2007, as Nacións Unidas proclamaron o 20 de febreiro de cada ano, como Día Mundial da Xustiza Social.
Orixe e evolución do conceptoEditar
Aínda que non hai certeza do primeiro uso da expresión "xustiza social", fontes temperás poden ser atopadas en Europa no século XVIII.[3] Algunhas referencias do uso desta expresión son artigos de revistas inspiradas polo espírito da Ilustración, nos cales a xustiza social é descrita como unha obriga do monarca; tamén o termo está presente en libros de teólogos italianos católicos, especialmente membros da Compañía de Xesús.[4][5][6] De acordo a estas fontes e o seu contexto, a xustiza social era outro termo para dicir "a xustiza da sociedade", a xustiza que goberna as relacións entre os individuos da sociedade, sen referencia algunha á equidade socio-económica ou a dignidade humana.[7]
O uso do termo empezou a volverse máis frecuente por pensadores católicos dende mediados do século XIX, incluíndo o xesuíta Luigi Taparelli no libro Saggio teoretico di dritto naturale, appoggiato sul fatto (Ensaio teórico do dereito natural apoiado nos feitos), publicado en 1843, en Livorno, Italia.[8]
NotasEditar
- ↑ Korn, Alejandro (1922). La libertad creadora, Claridad: Buenos Aires
- ↑ Sampay, Arturo E. (1974), Constitución y Pueblo, Buenos Aires: Cuenca
- ↑ "Unveiling the Meaning of Social Justice in Colombia" (2). ISSN 2448-5306. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018.
- ↑ Journal encyclopédique... [Ed. Pierre Rousseau] (en francés). De l'Imprimerie du Journal.
- ↑ L'Esprit des journaux, françois et étrangers (en francés). Valade.
- ↑ L'Episcopato ossia della Potesta di governar la chiesa. Dissertazione (en italiano). na.
- ↑ "Unveiling the Meaning of Social Justice in Colombia" (2). ISSN 2448-5306. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018.
- ↑ "Luigi Taparelli on the Dignity of Man" (PDF). E-aquinas - Instituto Santo Tomás de la Fundación Balmesiana. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2017. Consultado o 17 de abril de 2018.