Albano Dante Fachin
Albano Dante Fachin Pozzi, nado en Bahía Blanca o 22 de abril de 1976[1], é un político arxentino-catalán, deputado no Parlamento de Cataluña na súa XI lexislatura. Así mesmo, foi un destacado activista contra a corrupción sanitaria, forma parte co Procés Constituent a Catalunya e, dende xullo de 2016, é o secretario xeral de Podemos en Cataluña[2].
Notas
editar- ↑ Les cinc cares més visibles de Podem, artigo de Rafa Julve publicado en El periódico o 12 de xuño de 2015 (en catalán).
- ↑ El crítico y anticapitalista Albano Dante Fachin liderará Podem, artigo en La Vanguardia o 26 de xullo de 2016 (en castelán).