Procés Constituent a Catalunya

Procés Constituent a Catalunya (Proceso Constituínte en Cataluña) é un movemento social e independentista catalán, feito público o 10 de abril de 2013 e creado para promover un cambio de modelo político, económico e social que implique o fin do capitalismo e a independencia de Cataluña.[1]

Procés Constituent a Catalunya
Tipopartido político catalán
IdeoloxíaAnticapitalismo e Independentismo catalán
Data de fundación11 de abril de 2013
Persoas relacionadasTeresa Forcades e Arcadi Oliveres
SedeEspai Co.bas
PaísEspaña
Na rede
http://www.procesconstituent.cat/
Facebook: ProcesConstituent Twitter: PConstituent Instagram: procesconstituent Pinterest: PConstituent Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Os seus promotores iniciais foron Arcadi Oliveres e Teresa Forcades, que publicaron o Manifesto pola convocatoria dun proceso constituínte en Cataluña coa intención de que se adherise o máximo número posible de persoas ao proxecto.[2][3] Nos primeiros nove días recibiron 25.000 adhesións.[4]

O 13 de outubro de 2013 realizaron o acto central de presentación en Montjuïc, onde asistiron ao redor de 4.000 persoas.[5]

Eleccións editar

A intención dos promotores da iniciativa é articular unha candidatura o máis ampla posible para os próximas eleccións ao Parlamento de Cataluña, co obxectivo de defender a convocatoria dunha asemblea constituínte para definir un novo modelo de estado e de organización socioeconómico para Cataluña.[3]

En xullo de 2014 sumouse ao proxecto da plataforma Guanyem Barcelona para intentar formar unha candidatura unitaria e rupturista nas eleccións municipais de 2015 na capital catalá.[6] O proxecto concretouse en febreiro de 2015 baixo a marca Barcelona en Comú e a confluencia de ICV, EUiA, Equo, Podem e o propio Procés Constituent. Na lista, encabezada por Ada Colau como alcaldable, figuran varios activistas de Procés Constituent como Gerardo Pisarello (número 2), Jaume Asens (4) e Josep Bel (13).[7] A formación foi a lista máis votada nas eleccións.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar