Xavier Domènech
Xavier Domènech i Sampere, nado en Sabadell o 2 de decembro de 1974, é un historiador e político catalán. É profesor de Historia na Universidade Autónoma de Barcelona, activista en diversos movementos sociais, entre eles o 15-M[1] e membro de Procés Constituent a Catalunya,[2] membro da executiva de Barcelona en Comú e comisionado de Estudos Estratéxicos e Programas de Memoria do Concello de Barcelona.
Encabezou a candidatura de confluencia En Comú Podem creada para concorrer ás eleccións xerais do 20 de decembro de 2015 nas circunscricións electorais catalás, formada por Barcelona en Comú, Podem, ICV e EUiA. A coalición foi a lista máis votada en Cataluña.
Notas
editar- ↑ "Candidatura de Barcelona en Comú" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015.
- ↑ "Cuatro caras para un cambio". El País. 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigos de Xavier Domènech en El Diario
- Xavier Domènech: “La mala lectura de la transició instal·la els moviments socials en la derrota” (en catalán)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |