Junts per Catalunya (coalición)

coalición electoral catalá para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 formada polo PDeCAT e CDC

Junts per Catalunya (JxCat, en galego: Xuntos por Cataluña) é unha coalición política catalá de carácter transversal e independentista formada por membros independentes. Formouse para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017[1] e a candidatura foi liderada por Carles Puigdemont.[2][3] En 2019 anunciouse que se utilizaría a mesma fórmula para presentarse ás eleccións xerais, locais e europeas.

Junts per Catalunya
Dirixentes e organización
LíderCarles Puigdemont
Historia
Fundación13 de novembro de 2017
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo catalán, republicanismo
Representación
Parlament de Catalunya
34 / 135
Outros datos
Na rede
juntspercatalunya.cat
Twitter: JuntsXCat Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Junts per Catalunya é unha marca electoral rexistrada por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e o Partit Demòcrata (PDeCAT), pero integrada basicamente per persoas independentes, con motivo das eleccións ao Parlament de Catalunya de 2017. Despois da declaración de independencia no Parlament de Catalunya e a posterior activación do artigo 155 da Constitución española, o presidente español Mariano Rajoy convocou eleccións autonómicas. Carles Puigdemont exiliouse a Bélxica para evitar a prisión e varios consellers do anterior Govern de Catalunya estaban en prisión preventiva acusados de sedición. Nese contexto, varios dirixentes do PDeCAT, como o ex-president Artur Mas, Marta Pascal ou David Bonvehí, reuníronse con Puigdemont en Bruxelas e este último accedeu a ser candidato a president, coa condición de que fora unha lista que superara as siglas nacionalistas e que sumara independentes. Inicialmente, Puigdemont propuxera presentarse como cabeza de lista dunha agrupación de electores.

O nome non era novo xa que fora unha das propostas que descartaran as bases do PDeCAT no congreso fundacional do novo partido. Finalmente, o sistema aprobouse no consello nacional do partido celebrado o 15 de novembro de 2017.

Candidatura

editar

A lista foi presentada por Carles Puigdemont dende Bruxelas e incorporou personalidades do partido, ademais de varios independentes como a historiadora Aurora Madaula, o escritor Jaume Cabré, o sociólogo Salvador Cardús, a debuxante Pilarin Bayés, o actor Joan Lluís Bozzo, o cociñeiro Fermí Puig, o historiador Josep Maria Solé i Sabaté ou a ex-nadadora e ex-responsable da selección española de natación sincronizada Anna Tarrés, entre outros. Destaca tamén o papel do presidente da Assemblea Nacional Catalana, Jordi Sànchez, que foi o número dous da lista por Barcelona, logo de renunciar ao cargo. Ademaism outros catro membros do secretariado nacional da ANC abandonaron o cargo para incorporarse ás listas desta candidatura: Francesca Ferreres, Alícia Casals, Assumpció Castellví e Pere Grau.

Nas eleccións, Junts per Catalunya obtivo 34 deputados e quedou por diante, contra todo prognóstico, da outra gran forza independentista, Esquerra Republicana, que obtivo 32. Converteuse na segunda forza do Parlament por detrás de Ciutadans.[4]

Resultados electorais

editar

Eleccións ao Parlamento de Cataluña

editar
Eleccións Candidato # de votos % de votos Escanos Posición
2017 Carles Puigdemont 948.233 21,66%
34 / 135

Eleccións Xerais

editar
Eleccións Candidato # de votos % de votos Escanos Posición (Cataluña)
abril de 2019 Jordi Sànchez 497.638 12,05%
7 / 48
  1. Redacción (9 de setembro de 2020). "Junts per Catalunya: el nom de la llista de Puigdemont i el PDeCAT per al 21D". ccma.cat (en catalán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  2. Redacción (13 de novembro de 2017). "Junts per Catalunya, la llista del PDECat que encapçalarà Puigdemont". vilaweb.cat (en catalán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  3. Axencias (13 de novembro de 2017). "Puigdemont encabezará una lista el 21-D bajo el nombre de 'Junts per Catalunya'". elmundo.es (en catalán). Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  4. "Catalunya - Resultados provisionais - Eleccións ao Parlament de Catalunya 2017" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 2017-12-22. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar