Anna Tarrés
Anna Tarrés Campà, nada en Barcelona o 19 de outubro de 1967, é unha exnadadora e adestradora de natación sincronizada e política catalá. Foi a seleccionadora e máxima responsábel do equipo español de sincronizada entre 1997 e 2012. Dende novembro de 2015, dirixe o equipo ucraíno. Dende o 17 de xaneiro de 2018 é deputada no Parlamento de Cataluña na XII lexislatura pola coalición electoral Junts per Catalunya.[1]
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Anna Tarrés Campa 19 de outubro de 1967 (57 anos) Barcelona, España |
Deputada do Parlamento de Cataluña | |
17 de xaneiro de 2018 – 21 de decembro de 2020 (disolución do parlamento) Lexislatura: XII Lexislatura do Parlamento de Cataluña Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2017 | |
Datos persoais | |
Altura | 162 cm |
Peso | 67 kg |
Actividade | |
Ocupación | swimming coach (en) , nadadora, política |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | natación sincronizada |
Participou en | |
21 de decembro de 2017 | Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2017 |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarEn 1979 comezou a practicar esta disciplina no Club Kallipolis e seis meses despois xa disputaba o Campionato de España. Axiña se converteu na mellor nadadora da época, participando nos Xogos Olímpicos de 1984 e no Campionato Mundial de Natación de 1986. En 1988 retirouse, disposta a popularizar a natación sincronizada.
Seleccionadora nacional
editarEn 1994 entrou a colaborar coa RFEN e en 1997 púxose á fronte da selección española de sincronizada. Baixo a súa dirección, como directora técnica e seleccionadora, España acadou catro medallas olímpicas e cincuenta e dúas medallas en total entre as tres grandes competicións (Xogos Olímpicos, Mundiais e Europeos), situando a España entre as potencias mundiais desta disciplina.
- Destitución
O 6 de setembro de 2012, foi destituída do cargo de seleccionadora após dunha chamada do presidente da real federación española de natación, Fernando Carpena Pérez, tres meses antes do cesamento do seu contrato.[2] Dende aquela, sucedéronse as polémicas sobre as súas supostas malas prácticas coas nadadoras nos adestramentos a raíz das declaracións de quince exnadadoras, entre as que destacan: Paola Tirados, Laura López Valle e Cristina Violán.[3] Posteriormente, esas quince exnadadoras da selección española de natación sincronizada publicaron unha carta aberta baixo o título "Cuando se puede evitar un mal es necedad aceptarlo",[4] na que denunciaban as supostas técnicas de adestramento antideportivas empregadas por Anna Tarrés. Na carta que esas nadadoras presentan, afirman ter sufrido malos tratos por parte de Anna Tarrés, sendo humilladas cos seus comentarios. Tarrés afirmou que as acusacións eran falsas.
Tarrés denunciou a Carpena por despido improcedente e o xuíz condeouno a indemnizar á adestradora con 383 300 euros.[5][6]
Proxectos posteriores á súa destitución
editarTrala súa destitución, coordinou as categorías inferiores da disciplina de sincronizada do Club Natación Kallipolis de Barcelona. Tralo Campionato Europeo de Natación Berlín 2014, o equipo francés de natación sincronizada fichouna como asesora nas rutinas de equipo, como encargada de montar as coreografías e preparar as nadadoras do equipo francés para o mundial de Kazan 2015. En novembro de 2015 comezou a traballar como asesora artística no equipo ucraíno de sincronizada para axudar na preparación do equipo e do dúo ucraíno para os Xogos Olímpicos de 2016. Tralos Xogos Olímpicos de Río 2016, encargáronlle un proxecto coas xemelgas chinesas Tinting e Wenwen Jiang que consistía en preparalas para o campionato nacional chinés de natación sincronizada para que estas volvesen representar o seu país internacionalmente despois de catro anos. Proxecto que cumpriu xa que o conseguiron no campionato mundial de Budapest 2017, no que foron subcampioas do mundo.[7]
Notas
editar- ↑ "Los 135 diputados del Parlament de Catalunya tras el 21-D". La Vanguardia. 22 de decembro de 2017.
- ↑ Faro de Vigo, 26 de setembro de 2012
- ↑ Carta publicada por Paola Tirados, 16 de abril de 2012
- ↑ El Periódico, 22 de setembro de 2012
- ↑ El País, 25 de setembro de 2012
- ↑ La Vanguardia, ed. (24 de setembro de 2012). "Quince nadadoras denuncian los abusos de Anna Tarrés".
- ↑ La Vanguardia, ed. (7 de marzo de 2016). "Anna Tarrés: la reivindicación de la ‘Dama de Hierro’".