Arcadi Espada

xornalista español

Arcadi Espada Enériz, nado en Barcelona en 1957, é un escritor e xornalista español. Coñecido nos seus primeiros anos como Arcadio Espada, licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Autónoma de Barcelona en 1981.

Modelo:BiografíaArcadi Espada

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Arcadi Espada Enériz Editar o valor en Wikidata
1 de xuño de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona - xornalismo (–1981) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEl Mundo (2006–)
El País (1991–2006) Editar o valor en Wikidata
MovementoLibres e Iguais Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de xullo de 2014manifesto «Libres e Iguais»
5 de novembro de 2012Con Cataluña, con España
25 de xuño de 2012manifesto de reconversión.es
7 de xuño de 2005Por un novo partido político en Cataluña Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX929576 Dialnet: 118535

Traxectoria

editar

Actividade profesional

editar

Dende 1977 colaborou en diversos medios xornais como Mundo Diario, El Noticiero Universal, La Vanguardia, Diario de Barcelona, El País ou El Mundo. Dende novembro de 2010 até febreiro de 2011 foi director do Instituto Ibercrea.[1] Escribe diariamente no blog El Mundo por dentro.[2] Colabora no programa de Onda Cero Más de Uno. É Premio Francisco Cerecedo (2000) e premio Cidade de Barcelona de Literatura (por Contra Catalunya) e Espasa de Ensayo 2002 (por Diarios). Entre os seus mestres máis queridos atópase Josep Pla, ó cal dedicou diversas investigacións sobre a súa vida e obra, incluído un ensaio sobre o diario que escribiu entre 1965 e 1968 e que foi publicado de xeito póstumo co título Notes per a un diari.

O proxecto Factual

editar

Dende 2009 e até o 27 de xaneiro de 2010, día no que presentou a súa dimisión, foi director do xornal dixital Factual.[3] A súa saída debeuse, segundo as súas palabras, «ó recorte que pretende aplicar a empresa ó orzamento de funcionamento e ás súas discrepancias co modelo e a orientación do xornal».[4] «O único que me comunicou a empresa é que o xornal que eu facía lle parecía moderno de máis, demasiado intelectual e demasiado educado e eu funme do xornal porque eu quería facer iso».[5] Coa saída de Espada, un bo número de redactores e colaboradores, entre eles a directora adxunta, Cristina Fallarás, saíron tamén.[6]

Actividade política

editar

Na súa mocidade, durante a transición, foi militante do PSUC.[7] Máis tarde, definiuse a si mesmo como «socialdemócrata».[8]

É un dos promotores da plataforma cívica Ciutadans de Catalunya, que promoveu a creación dun partido político, Cidadáns-Partido da Cidadanía (C's), no que non se integrou. Foi moi crítico co líder de C's, Albert Rivera, de cuxa reelección chegou a dicir que era unha «mala nova».[9] Ó longo de 2007, dende que se tivo noticia da creación da Plataforma Pro, Espada apoiou activamente a creación do partido Unión Progreso e Democracia (UPyD), a cuxo acto de presentación en Madrid asistiu o 29 de setembro de 2007. Durante o verán de 2014 promoveu a creación do movemento Libres e Iguales, a cuxo manifesto se presentou o 15 de xullo na escalinata do Congreso dos Deputados.[10]

En agosto de 2018 foi identificado polos Mossos d'Esquadra xunto a outras sete persoas por pintar con spray vermello un lazo amarelo colocado nunha rotonda da localidade de L'Ametlla de Mar.[11]

Premios

editar
  1. "Ibercrea.". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  2. El Mundo por dentro.
  3. «Me refiero al periodismo» y «Cuestión de tiempo», artículos de Arcadi Espada sobre el proyecto, publicados en Esquire en febrero y marzo de 2010 respectivamente y reproducidos en el blog del autor.
  4. «Algunas líneas.» artículo de despedida de Espada. Actualmente retirado de la web, su contenido puede leerse en «Arcadi Espada deja Factual» Arquivado 03 de agosto de 2021 en Wayback Machine., La Huella Digital.es, 27 de xaneiro de 2010.
  5. Lucía Fernández, «Arcadi Espada abandona Factual.» PD 28-1-10.
  6. Cristina Fallarás, «Así sucedió.» 30-1-10.
  7. Arcadi Espada: "Ara no hi ha centralisme, és una mentida", Ara.cat, 2 de agosto de 2012.
  8. Espada, Arcadi (9 de outubro de 2018). "Somos fachas y somos españoles". El Mundo. Consultado o 18 de febreiro de 2019). 
  9. «Arcadi Espada considera una «mala noticia» la reelección de Rivera.»
  10. Libres e Iguales
  11. Gubern, À. "Identifican al periodista Arcadi Espada por pintar de rojo un lazo amarillo en una rotonda". abc.es. Consultado o 14 de outubro de 2018. 
  12. "Premis Ciutat de Barcelona". enciclopedia.cat (en catalán). Consultado o 21-4-2020. 
  13. "XVII edición del Premio de Periodismo «Francisco Cerecedo» (2000)". apeuropeos.org (en castelán). 20-11-2000. Consultado o 21-4-2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar