Albert Rivera

político español

Albert Rivera Díaz, nado en Barcelona o 15 de novembro de 1979, é un avogado e foi un político catalán. Foi presidente de Ciutadans - Partit de la Ciutadania durante máis de 13 anos e foi deputado da Generalitat de Cataluña por este partido de 2006 a 2015 e logo deputado no Congreso dos Deputados nas XI, XII e XIII lexislaturas. Deixou a política tras obter o peor resultado do seu partido cando só atinxiu 10 escanos. Foi substituído pola súa portavoz e nº2 Inés Arrimadas .

Modelo:BiografíaAlbert Rivera

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Albert Rivera Díaz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alberto Carlos Rivera Díaz Editar o valor en Wikidata
15 de novembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de decembro de 2010 – 2 de outubro de 2012 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de novembro de 2006 – 5 de outubro de 2010 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

President of Ciudadanos (en) Traducir
9 de xullo de 2006 – 11 de novembro de 2019
← sen valor – Inés Arrimadas → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade George Washington (2009–2009)
Universidade Autónoma de Barcelona - dereito (2003–2003)
Universidade de Helsinki (2001–2001)
Esade - licenciatura en Dereito
ESADE Business School (en) Traducir
Escola Cervetó (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata - 2019 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLa Caixa (2002–2006) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCiudadanos-Partido de la Ciudadanía (2006–)
Parliamentary Group Citizens (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
ParellaMalú (2018–2023) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2406812 Facebook: Albert.Rivera.Cs Twitter: Albert_Rivera Instagram: albertriveradiaz Telegram: albertriveraoficial LinkedIn: albertriveraciudadanos BNE: XX5374444 Editar o valor en Wikidata

Infancia e formación

editar

Albert foi campión de natación de Cataluña con 16 anos.[1] É licenciado en Dereito por ESADE e ten un posgrao en Dereito Constitucional.

Tras iniciar a carreira de Dereito participou nunha liga de equipos de debate por toda España, o que lle permitiu puír a súa oratoria. O seu equipo resultou vencedor. Foi alumno de Francesc de Carreras, catedrático constitucionalista e impulsor da plataforma cívica Ciutadans de Catalunya que deu orixe a Ciutadans.[2] Unha vez licenciado, entrou a traballar nos servizos xurídicos de La Caixa, da que obtivo unha excedencia para poder preparar as eleccións autonómicas de 2006.

Traxectoria política

editar
 
Albert Rivera nun mitin en Salamanca.

Foi presidente de Ciutadans-Partit de la Ciutadania desde o 9 de xullo de 2006 e foi candidato a presidente da Generalitat de Cataluña nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2006. Un elemento notorio da súa campaña foi o cartel de campaña do seu partido no que apareceu espido.[2] Nas eleccións, obtivo un acta de deputado autonómico pola provincia de Barcelona (o seu partido obtivo tres deputados), polo que logrou facer entrar ao seu partido no Parlamento catalán como sexta forza política. Sitúase no espectro político do centro-esquerda liberal.

Pouco logo das eleccións, en novembro de 2006, El Periódico de Catalunya, citando como fonte os arquivos do Partido Popular, afirmou que Rivera ingresara nas mocidades deste partido en xuño de 2003, con 23 anos, e que permaneceu afiliado durante tres anos, nun período anterior á fundación de Ciutadans. Pola súa banda, Rivera afirmou acudir á sede do PP a pedir información e así mesmo a algúns actos, do mesmo xeito que participou noutros de Socialistes en Positiu (corrente crítica co Partit dels Socialistes de Catalunya ao que acusa de deriva catalanista) e declarou non pagar ningunha cota, nin ter o carné do PP.[3] Pola súa banda, Ciutadans desmentiu tamén esta información, así como que Rivera participase en ningunha elección como apoderado do Partido Popular, tal e como afirmou o mesmo medio de comunicación citado.[4]

En setembro de 2007, Albert Rivera recibiu no seu domicilio particular ameazas de morte para que nun prazo de dous meses abandonase "a súa política contra o nacionalismo". Ás portas do seu domicilio había un panel cunha foto de Rivera cunha bala cravada na súa fronte e ao redor sangre caendo da ferida. Así mesmo, xunto ao paquete atopouse unha carta con ameazas de morte.[5]

En xaneiro de 2008, e a pesar da súa disposición inicial contraria, Albert Rivera anunciou a súa candidatura nas eleccións primarias de Ciutadans como cabeza de lista ao Congreso dos Deputados nas eleccións xerais do 9 de marzo de 2008 pola circunscrición de Barcelona, converténdose no candidato á presidencia do goberno máis novo da historia da democracia española. Con todo, Rivera non resultou elixido deputado.

Tras un proceso de eleccións primarias dentro do partido,[6] Albert Rivera foi confirmado como candidato á presidencia da Generalitat de Cataluña, para as eleccións catalás de 2010.[7] Nas listas para as eleccións autonómicas catalás de 2010, Albert Rivera encabeza a lista por Barcelona.

Albert Rivera foi un dos deputados contrarios á prohibición das corridas de touros en Cataluña.[8] Con motivo deste posicionamento, Albert Rivera, xunto ao deputado do PP Rafael Luna, e o toureiro Serafín Marín, saíu aos ombreiros da praza de touros Monumental de Barcelona a tarde do 26 de setembro de 2010.[9]

No cartel electoral para as eleccións autonómicas catalás de 2010, Albert aparece vestido, co resto de candidatos espidos no fondo.[10] Nesas eleccións autonómicas volveu a obter o acta de deputado por Barcelona, após ter sido cabeza de lista pola súa formación nesta circunscrición.[11]

A finais do 2011 formou parte, xunto a Mercedes Milá, do xurado dun 'talent show' de oratoria política de Cuatro "El comecocos".[12]

O 11 de novembro de 2019, tras os malos resultados nas eleccións do día anterior, nas que o seu partido perdeu 47 escanos respecto ás anteriores, dimitiu do cargo de presidente do partido e anunciou que non tomaría posesión do escano e que abandonaba a política.[13]

  1. http://www.elmundo.es/especiales/2006/10/elecciones-cataluna/candidatos/rivera.html Perfil de Albert Rivera en elmundo.es
  2. 2,0 2,1 O candidato do partido 'Ciutadans' preséntase espido ás eleccións catalás, 20minutos, 16 de setembro de 2006.
  3. Albert Rivera estivo afiliado ao PP ata abril Arquivado 26 de setembro de 2007 en Wayback Machine., El Periódico de Catalunya, 21 de novembro de 2006.
  4. "C's desmente a suposta militancia de Rivera no PPC". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 24 de novembro de 2012. 
  5. Albert Rivera ameazado de morte Consultado o 22 de setembro de 2007. 20minutos.es
  6. Moción de censura de Ciutadans a Albert Rivera
  7. lavozlibre.com. "Albert Rivera, reelixido candidato de Ciutadans á Generalitat". Arquivado dende o orixinal (HTML) o 22 de novembro de 2011. Consultado o 31 de marzo de 2010. 
  8. http://www.rtve.es/noticias/20100728/ciutadans-sostiene-si-se-prohiben-toros-cataluna-no-se-hara-para-proteger-a-animales/342341.shtml Debate parlamentario sobre a prohibición das corridas de touros. RTVE
  9. Dous deputados e o toureiro Serafín Marín saen aos ombreiros da Monumental de Barcelona, El País, 26 de setembro de 2010.
  10. http://www.rtve.es/noticias/20101108/albert-rivera-sorpresa-ciutadans-2006-busca-mantener-presencia-parlament/363004.shtml
  11. https://archive.today/20120702232738/noticias.terra.es/especiales/elecciones-catalanas-2010/actualidad/cs-cree-un-exito-consolidar-sus-3-diputados-pese-al-frustrado-grupo-propio.aspx
  12. "Albert Rivera e Mercedes Milá forman parte do xurado". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2012. 
  13. "Albert Rivera dimite como líder de Ciudadanos, deja el escaño y abandona la política". El País (en castelán). 11 de novembro de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar