Universidade de Helsinqui

universidade pública finesa da cidade de Helsinki

Coordenadas: 60°10′10″N 24°57′00″L / 60.169444444444, 24.95

A Universidade de Helsinqui, en finés Helsingin Yliopisto (abreviatura HY) e en sueco Helsingfors Universitet (abreviatura HU), é unha universidade pública, a máis antiga de Finlandia, e a maior en canto ao número de estudantes e facultades, cunha ampla gama de disciplinas dispoñíbeis.

Universidade de Helsinqui
Helsingin Yliopisto (en finés)
Helsingfors Universitet
(en sueco)
Edificio principal da Universidade
Datos xerais
Fundación1640
Datos actuais
ReitorJari Niemelä
(desde o 1 de agosto de 2018)[1]
Profesores7 838 (2018)[2]
Alumnos31 200 (2018)[2])
Orzamento704 000 000 de euros (2017)
Datos de contacto
EnderezoFabianinkatu 33, 00014 Helsinqui
Páxina webhttp://www.helsinki.fi/university
Facebook: HelsinkiUniversity Twitter: helsinkiuni Instagram: universityofhelsinki Youtube: UCfyixY7KHwkorb7M1dp-SdA Dialnet: 1229861 GitHub: UniversityofHelsinki Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Logo
Biblioteca
Museo de Historia Natural
A Antiga Casa de Estudantes

No ano 2018, 31 200 estudantes matriculáronse nos programas de estudos da universidade. Deles 16 647 cursaban un grao, 9 976 eran estudantes de posgrao, e 4 316 de doutoramento, repartidos en 11 facultades e 11 institutos de investigación.[2]

A universidade é bilingüe e imparte ensinanzas por lei tanto en finés como en sueco. Dado que o sueco, aínda que un idioma oficial de Finlandia, é unha lingua minoritaria, o finés é de lonxe o idioma dominante na universidade. O ensino en inglés é extenso en toda a universidade a nivel de máster, licenciado e doutoramento, o que o converte nun terceiro idioma de ensino de facto.

Manténdose fiel ao seu espírito tradicionalmente humboldtiano, a Universidade de Helsinqui pon grande énfase na ensinanza e a investigación de alta calidade dun estándar internacional superior.[3]

Historia editar

A universidade foi fundada en 1640 pola raíña Cristina de Suecia na cidade de Turku (ou Åbo), cando Finlandia formaba parte do Imperio sueco, co nome de Real Academia de Turku, ou Real Academia de Åbo (en sueco: Kungliga Akademin i Åbo ou Åbo Kungliga Akademi, en latín: Regia Academia Aboensis, en finés: Turun akatemia).

Foi a única universidade finlandesa que se fundou cando o país aínda formaba parte do Imperio sueco.

Cando Finlancia foi anexionada ao Imperio ruso e se convertera no Gran Ducado de Finlandia baixo a soberanía do tsar, pasou a chamarse Academia Imperial de Turku. En 1828, despois do grande incendio de Turku de 1827, a institución trasladouse a Helsinqui, de acordo co traslado da capital do Gran Ducado, por estar situada máis cerca de San Petersburgo e porque, ademais, os novos mandatarios rusos vían con receo os estreitos lazos que seguía mantendo Turku coa capital sueca, Estocolmo. En Helsinqui a Academia foi rebautizada como Universidade Imperial Finlandesa de Alexandre, na honra do tsar Alexandre I e, tras a independencia de Finlandia en 1917, recibiu o seu actual nome, Universidade de Helsinqui, que se considera sucesora directa da Academia de Turku.

Na actualidade editar

A partir do 1 de agosto de 2005, a universidade cumpre coa estrutura harmonizada do Proceso de Boloña a nivel europeo e ofrece títulos de bacharel, máster, licenciado e doutoramento.[4]

A admisión aos programas de grao adoita determinarse en probas de acceso, no caso dos títulos de bacharel, e nos resultados previos do título, no caso dos títulos de máster e posgrao. A entrada é particularmente selectiva (aproximadamente só o 15 % dos solicitantes son admitidos cada ano). Foi clasificada entre as 100 mellores universidades do mundo segundo as clasificacións ARWU, QS e THE de 2016.[5][6][7]

A Universidade de Helsiqui é membro de varias importantes redes universitarias internacionais, como Europaeum, UNICA, a Rede Utrecht, e membro fundador da Liga de Universidades Europeas de Investigación.

Personalidades que estudaron nesta Universidade editar

Notas editar

  1. "University Management, University of Helsinki". 18 de xuño de 2014. Consultado o 28 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "The University of Helsinki in numbers". 25-06-2019. Consultado o 28 de maio de 2021. 
  3. Helsingin Sanomat, International Edition – Metro, 2.3.2006. "Assay finds research at University of Helsinki is of high international standard".[1] Arquivado 11 de setembro de 2014 en Wayback Machine.
  4. "Bologna Process at the University of Helsinki" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de marzo de 2016. Consultado o 28 de maio 2021. 
  5. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2011. Consultado o 28 de maio de 2021. 
  6. "World University Rankings". Top Universities. Consultado o 28 de maio de 2021. 
  7. "World University Rankings 2016". Consultado o 28 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar