Abrir o menú principal

José Ignacio Wert

político español

José Ignacio Wert Ortega, nado en Madrid o 18 de febreiro de 1950, é un político, profesor e avogado español.

José Ignacio Wert
José Ignacio Wert 2012 (cropped).jpg
José Ignacio Wert Ortega
Datos persoais
Nacemento18 de febreiro de 1950
 España Madrid
OrganizaciónPartido Popular
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ata 1977 militou en Izquierda Democrática. Ese ano abandonou a formación para ingresar na Unión de Centro Democrático, pasando a desempeñar postos de responsabilidade política en diversos organismos públicos.

Durante a crise da UCD, en 1982, Wert pasou a militar no Partido Demócrata Popular, sendo un dos integrantes da súa Comisión executiva nacional. Nas eleccións municipais de 1983, o seu partido designouno como membro da candidatura de Coalición Popular (a coalición formada por Alianza Popular, o PDP e o Partido Liberal) por Madrid, resultando elixido concelleiro. Permaneceu na casa do concello madrileña ata as xerais de 1986, cando foi elixido deputado pola circunscrición electoral da Coruña, de novo como candidato do PDP nas listas de Coalición Popular.

O 22 de decembro de 2011 foi nomeado ministro de Educación, Cultura e Deporte polo Rei por proposta do presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy. Durante o seu mandato foi o foco de moitas polémicas, como a nova lei de educación (LOMCE) ou os recortes.

O 25 de xuño de 2015, o Goberno anuncia a súa substitución e o ministerio pasa a ser dirixido por Íñigo Méndez de Vigo.[1]

En xullo de 2015, Wert múdase a París ao ser nomeado embaixador xefe da Delegación Permanente de España ante a OCDE[2], organismo do que a súa esposa, Montserrat Gomendio é directora xeral adxunta de Educación[3].


Predecesor:
Ángel Gabilondo (Educación)
Ángeles González Sinde (Cultura)
  
Ministro de Educación, Cultura e Deporte de España
 
2011 - 2015
Sucesor:
Íñigo Méndez de Vigo

NotasEditar