Izquierda Democrática
Izquierda Democrática foi un partido político español que, desde o antifranquismo, agrupou diversas organizacións e persoas do ámbito da democracia cristiá e a socialdemocracia, como Gregorio Peces-Barba, desde os anos 60. Membro do Equipo da Democracia Cristiá Española, participou na Plataforma de Converxencia Democrática.
Izquierda Democrática | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Joaquín Ruiz-Giménez |
Historia | |
Fundación | 1976 |
Disolución | 14 de xaneiro de 19791 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia cristiá, socialdemocracia |
1 Unha vez disolvido o partido, os seus membros integráronse en UCD e PSOE. Membro de Equipo Demócrata Cristián do Estado Español. | |
En abril de 1976 constituíse formalmente en El Escorial co liderado de Joaquín Ruiz-Giménez e José María Gil-Robles. As diferenzas levaron a unha escisión co nome de Izquierda Democrática Cristiana liderado por Fernando Álvarez de Miranda, que agrupou o sector máis conservador.
Despois das eleccións xerais españolas de 1977, practicamente deixou de ter actividade política e os seus membros integráronse noutras formacións, como UCD e PSOE. Disolveuse oficialmente o 14 de xaneiro de 1979.