Ángeles González-Sinde

Ángeles González-Sinde Reig, nada en Madrid o 7 de abril de 1965, é unha guionista, directora de cinema española, que foi ministra de Cultura de España.

Modelo:BiografíaÁngeles González-Sinde

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Cultura de España
7 de abril de 2009 – 22 de decembro de 2011
← César Antonio MolinaJosé Ignacio Wert → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, televisión e política Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirectora de cinema, actriz, escritora, política, guionista, tradutora Editar o valor en Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaClaudio López Lamadrid Editar o valor en Wikidata
PaiJosé María González-Sinde Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0328000 Allocine: 54867 Allmovie: p267533 BNE: XX1139843 Bitraga: 1820 Dialnet: 310472 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou Filoloxía Clásica na Universidade Complutense de Madrid. Realizou un mestrado de Guión Cinematográfico e trasladouse aos Ánxeles para continuar os seus estudos no American Film Institute.

Foi a guionista de numerosas series de televisión canda a Alberto Macías, así como de multitude de películas, traballos que lle valeron varios recoñecementos, entre eles dous premios Goya.

O seu debut como directora, e un dos seus traballos máis premiados, foi a película La suerte dormida (2003), protagonizada por Adriana Ozores. Repetiría nos labores de dirección nunha das curtas de Madrid 11M: Todos íbamos en ese tren (2004).

Desde decembro de 2006 ata abril de 2009 estivo á fronte da presidencia da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, cargo no que colleu a testemuña da actriz Mercedes Sampietro.

É filla do fundador e primeiro presidente da academia, José María González-Sinde, e o seu irmán, que se chama como o pai, tamén se dedica ó mundo do cine.

É firme detractora das descargas P2P, ás que culpa dos problemas do cine español. A Asociación de Internautas (AI) destaca na súa nota unha clara cita de González-Sinde:

"Hai que seguir pelexando. Pelexando para que as descargas ilegais non nos fagan desaparecer, para que os nosos administradores comprendan que no negocio da rede non poden gañar só as operadoras de ADSL, mentres que quen proporcionámo-los contidos, perdemos. Pelexando para fomentar a venta e aluguer de películas por Internet de maneira xusta, cómoda e vantaxosa para o usuario. Hai miles de postos de traballo en xogo."

No mesmo ámbito de alusións á pirataría e Internet encádrase outra das súas citas máis comentadas:

"Sexamos todos sinceros, ¿para que necesitamos todos dunha liña de ADSL de non sei cantos xigas? ¿Para mandar e-mails?".

Trala profunda remodelación do Goberno de España do 7 de abril de 2009, foi nomeada Ministra de Cultura como independente, substituíndo a César Antonio Molina, nomeamento que provocou un movemento de rexeitamento inmediato entre os internautas, que apenas dous meses despois do seu nomeamento denunciárona por conflito de intereses, argumentado que empresas e sociedades ligadas á figura da ministra ou dos seus familiares se benefician da concesión de axudas[1]. Coa derrota socialista nas eleccións de 2011 deixou o ministerio.

En 2013, foi finalista do Premio Planeta.[2]

Filmografía

editar

Como guionista

editar

Como directora

editar

Como actriz

editar

Premios

editar
  1. Denuncian a González-Sinde por conflito de intereses Arquivado 06 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. Redacción (15 de outubro de 2013). "Clara Sánchez gana el Premio Planeta 2013 con 'El cielo ha vuelto'". europapress.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2023. 


Predecesor:
Mercedes Sampietro
 Presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 
2006 - 2009
Sucesor:
Álex de la Iglesia
Predecesor:
César Antonio Molina
  
Ministra de Cultura de España
 
2009 - 2011
Sucesor:
José Ignacio Wert