Francisco Otero Guldrís

avogado e xornalista galego

Francisco Otero Guldrís, nado en Santiago de Compostela o 19 de setembro de 1928 e finado en Vigo o 21 de setembro de 2019[1], foi un avogado e xornalista galego.

Francisco Otero Guldrís
Nacemento19 de setembro de 1928
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento21 de setembro de 2019
Lugar de falecementoVigo
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito e Graduado Social. Formou un grupo con outros mozos do seu tempo (Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lugrís, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Baldomero Cores e Manuel Vidán) que deu orixe á Xeración das Festas Minervais. Colaborou en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Noche e Opinión Gallega. Estableceuse en Vigo como letrado e redactor de El Pueblo Gallego, e en 1978 foi elixido presidente da Asociación da Prensa de Vigo[2]. Colaborou na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Vida persoalEditar

Casou con Nieves e tivo cinco fillos: Francisco Abel, José Ángel, Carmen Rosa, Nieves Pilar e Emma. Foi soterrado no cemiterio de Pereiró[1].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Francisco Otero Guldrís - esquela". Red La Fe. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 22 de setembro de 2019. 
  2. "Francisco Otero Guldrís". El País. 12 de marzo de 1978. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar