Prudencio Rovira
Prudencio Rovira Pita, coñecido como Rovirita, nado en Pontevedra o 21 de setembro de 1870 e finado en Madrid o 29 de febreiro de 1960, foi un avogado, político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1870 Pontevedra, España |
Morte | 29 de febreiro de 1960 (89 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político , xornalista |
Pseudónimo literario | Rovirita |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarEstudou no Colexio dos agostiños do Escorial e na Universidade de Madrid. Especializouse por libre en Historia, Literatura e Arte. Funcionario do Ministerio de Gobernación, dedicouse integramente ao xornalismo, traballando como redactor en El Correo, La Correspondencia de España e El Español de Madrid. Foi secretario particular de Antonio Maura durante a maior parte da súa vida pública (1902-1925). Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1907 e polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1919, 1920 e 1923. Continuou colaborando en periódicos, como Diario de Barcelona e El Diario Español de Buenos Aires. En galego publicou Hirmandade!, un libro de poemas de contido agrarista. Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz do Mérito Naval.
Obras
editar- El campesino gallego. (Apuntes sobre su condición social), 1904.
- Tierra balear. Esbozos mallorquines, 1913.
- Hirmandade! Poemiña de revolta, 1918.
- Cartas son cartas, 1949.
- Maura. Infancia y juventud, 1953.
- Maura, acuarelista, 1955.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- El Parlamento de hace 110 años
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.