Irmáns Coen

(Redirección desde «Ethan Coen»)

Joel (nado o 29 de novembro de 1954) e Ethan Coen (nado o 21 de setembro de 1957) son dous irmáns cineastas estadounidenses, coñecidos como os irmáns Coen. Adoitan traballar xuntos, e mesmo hai quen os deu en chamar o director bicéfalo. Convertéronse no maior expoñente do cine independente norteamericano. Capaces de facer películas que entusiasman os críticos e ao tempo crean grande expectación entre o público.

Irmáns Coen.

Traxectoria

editar

Os irmáns medraron en St. Louis Park, un arrabalde de Minneapolis (Minnesota). Os seus pais, Edward e Rena Coen, son ambos os dous profesores: o pai é especialista en economía pola Universidade de Minnesota e a nai en historia da arte pola Universidade Estatal St.Cloud.

Sendo rapaces, Joel economizou diñeiro suficiente podando arbustos de xardín para mercar unha cámara Vivitar Super-8, e xuntos reelaboraron diferentes filmes que viran na televisión cun amigo veciño que facía de estrela en tanto eles dirixían ou facían de secundarios.

Os dous irmáns Coen estudaron na Simon's Rock Early College (agora Simon's Rock College of Bard) en Great Barrington, Massachusetts. Simon's Rock é indicada para estudantes brillantes que buscan iniciar a súa educación universitaria antes de tempo. Despois de formarse en Simon's Rock, Joel botou catro anos no programa universitario de filmes da Universidade de Nova York onde realizou un filme-tese de 30 minutos chamado Soundings. O filme mostraba unha muller en relacións sexuais co seu namorado xordo, que durante o acto verbalmente fantasiaba estar tendo a relación co mellor amigo do namorado, que estaba ouvindo no cuarto do lado. Despois de haberse formado tamén en Simon's Rock, Ethan entrou na Universidade de Princeton e conseguiu un grao en filosofía en 1979. A súa tese foi un ensaio de 41 páxinas intitulado: Two Views of Wittgenstein’s Later Philosophy (Dúas visións da Filosofía Serodia de Wittgenstein).

Despois de se formar en Nova York, Joel trabalhou como asistente de produción nunha variedade de industrias de filmes e vídeos musicais. Desenvolveu un talento especial para a edición de filmes e topou con Sam Raimi, que estaba procurando un asistente de director para o seu primeiro filme, The Evil Dead (1981).

Filmografía

editar

Premios

editar
Ano Categoría Filme Resultado
2010 Óscar ó mellor director Valor de lei Candidato
2010 Óscar ó mellor guión adaptado Valor de lei Candidato
2010 Óscar ó mellor filme Valor de lei Candidato
2009 Óscar ó mellor guión orixinal A Serious Man Candidato
2009 Óscar ó mellor filme A Serious Man Candidato
2007 Óscar ó mellor director Non é un país para vellos Gañador
2007 Óscar ó mellor guión adaptado Non é un país para vellos Gañador
2007 Oscar á mellor montaxe Non é un país para vellos Candidato
2007 Óscar ó mellor filme Non é un país para vellos Gañador
2000 Óscar ó mellor guión adaptado O Brother, Where Art Thou? Candidato
1996 Óscar ó mellor director Fargo Candidato
1996 Óscar ó mellor guión orixinal Fargo Ganador
1996 Oscar á mellor montaxe Fargo Candidato
1996 Óscar ó mellor filme Fargo Candidato

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar