The Man Who Wasn't There

filme de 2001 dirixido por Joel Coen e Ethan Coen

The Man Who Wasn't There é un filme neo-noir de 2001 escrito, dirixido, producido e montado polos irmáns Coen. O filme estivo protagonizado por Billy Bob Thornton, acompañado por Frances McDormand, James Gandolfini, Michael Badalucco, Tony Shalhoub, Scarlett Johansson, Jon Polito e Richard Jenkins. Foi coproducida de forma independente a través de produtoras estadounidenses e británicas.[1] A trama está ambientada en 1949 e relata a historia de Ed Crane, un barbeiro retraído que leva unha vida común nunha pequena cidade de California xunto á súa esposa, de quen sospeita que está a ter unha aventura co seu xefe. A situación de Ed cambia cando un estraño chega á barbería e ofrécelle a oportunidade de unirse a el como socio nun novo negocio prometedor, a cambio dun investimento de dez mil dólares. Atraído pola idea, Ed planea chantaxear ao amante da súa esposa para conseguir o diñeiro.

The Man Who Wasn't There
Ficha técnica
Título orixinalThe Man Who Wasn't There
DirectorJoel Coen
Ethan Coen (sen acreditar)
ProdutorEthan Coen
Joel Coen (sen acreditar)
GuiónIrmáns Coen
IntérpretesBilly Bob Thornton
Frances McDormand
James Gandolfini
Michael Badalucco
Tony Shalhoub
Scarlett Johansson
Jon Polito
Richard Jenkins
MúsicaCarter Burwell
FotografíaRoger Deakins
MontaxeRoderick Jaynes[n. 1]
Tricia Cooke
EstudioParamount Studios
DistribuidoraUSA Films
Estrea13 de maio de 2001
(Cannes)
26 de outubro de 2001
(Reino Unido)
31 de outubro de 2001
(Estados Unidos)
Duración116 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
XéneroNeo-noir
Orzamento20 000 000 USD[1]
Recadación18 916 623 USD[2]
Na rede
IMDB: tt0243133 Filmaffinity: 570402 Allocine: 29117 Rottentomatoes: m/man_who_wasnt_there Mojo: manwhowasntthere Allmovie: v246226 TCM: 450996 Metacritic: movie/the-man-who-wasnt-there TV.com: movies/the-man-who-wasnt-there Netlix: 60021838Editar o valor em Wikidata

O filme tomou elementos do cine negro clásico como o branco e negro e a voz en off, ao mesmo tempo, diferenciouse deste incluíndo música clásica, ambientando a trama nunha pequena cidade e contando cun protagonista alleo ao mundo do hampa.[3] Os Coen comezaron a desenvolver a idea a partir dun anuncio de cortes de pelo dos anos 1940 que viron mentres rodaban The Hudsucker Proxy, en galego O gran salto.[4] O argumento estivo en gran medida influenciado polas novelas negras de James M. Cain, principalmente Double Indemnity, The Postman Always Rings Twice e Mildred Pierce.[4] En canto á estética, The Man Who Wasn't There inspirouse en cintas das décadas de 1940 e 1950 —entre elas Shadow of a Doubt, en galego A sombra dunha dúbida—, e mesmo en películas de ciencia ficción e «documentais baratos» desas décadas.[5][6]

A rodaxe levouse a cabo en distintas localizacións de California e orixinalmente filmouse en cor para despois ser convertida a branco e negro. A cinta estreouse e participou na selección oficial do Festival de Cannes de 2001, onde Joel Coen levou o premio ao mellor director. Trala súa estrea nos cines, tivo unha repercusión morna na venda de billetes,[2] con todo foi ben recibida pola crítica cinematográfica,[6] que eloxiou o traballo de fotografía de Roger Deakins[7][8][9][10] e as actuacións, en especial o papel do lacónico protagonista interpretado por Thornton.[9][10][11][12] Algúns críticos de medios como The Guardian, BBC e Austin Chronicle referíronse a ela como unha das mellores cintas do ano.[8][12][13][14] Da mesma forma, o National Board of Review incluíuna dentro das súas mellores dez películas do ano e outorgoulle a Thornton o premio ao mellor actor.[15][16] Deakins recibiu un nomeamento nos Premios Óscar á mellor fotografía e a película logrou múltiples candidaturas e premios por parte doutras organizacións.[17]

Argumento editar

A historia está narrada durante o verán de 1949 na vila de Santa Rosa situado ao norte de California. Ed Crane (Billy Bob Thornton) é un barbeiro de carácter melancólico, inexpresivo e reservado casado con Doris (Frances McDormand), unha oficial contable con algúns problemas de alcoholismo. Xeralmente Ed contesta con pouco máis que un xesto debido a que todo o que sucede ao seu ao redor resúltalle pouco máis que inerte. A tal punto que termina por sentirse aborrecido da súa vida, de aspecto rutineira e aburrida. A barbería onde traballa pertence a Frank (Michael Badalucco), o seu cuñado e tamén colega, un auténtico charlatán. Un día, na barbería, Ed coñece a Creighton Tolliver (Jon Polito), un home de negocios que está a buscar un investidor para desenvolver unha nova tecnoloxía de limpeza en seco. Despois de pensalo, a Ed resúltalle convincente a idea e decide investir. De forma anónima e sutil, Ed chantaxea ao xefe da súa esposa Doris, alcumado «Big Dave» (James Gandolfini), aproveitando que ten a completa certeza de que Dave mantén unha relación amorosa con ela. Desta forma, Ed pretende conseguir os dez mil dólares que necesita para formar parte do negocio.

Dave retira o diñeiro da súa empresa —o grande almacén Nirdlinger— para pagar a chantaxe. Con todo, descobre o plan e golpea a Tolliver ata que este implica a Ed. Dave enfróntase a Ed no almacén e tenta matalo, pero Ed apuñálao fatalmente cunha navalla para cigarros. Despois do funeral de Dave, a esposa deste (Katherine Borowitz) achégase a Ed e coméntalle que un día, ela e Dave viron un ovni. Máis tarde, atópanse irregularidades nos arquivos de contaduría do almacén. A policía arresta a Doris por desfalco e pola morte de Dave. Ed contrata a Freddy Riedenschneider (Tony Shalhoub), un custoso avogado defensor de Sacramento, quen chega á cidade e alóxase no mellor e máis caro hotel. Este continua vivindo extravagantemente co diñeiro da defensa de Doris, o cal Frank obtivo hipotecando a barbería. No entanto, Doris cólgase na súa cela durante a mañá antes do xuízo. Máis tarde dáse a coñecer que estaba embarazada no momento do seu suicidio —aínda que había anos que xa non tiña relacións con Ed—. Riedenschneider abandona a cidade indignado e Frank —agora moi endebedado— empeza a beber moito.

Ed visita regularmente a Rachel «Birdy» Abundas (Scarlett Johansson), a filla adolescente dun amigo, para escoitala tocar o piano. Atormentado pola soidade, imaxínase axudándoa a empezar unha carreira musical e transformándose no seu representante. A súa fantasía remata cando un profesor de música dille que Birdy non ten talento. Conducindo de volta despois de visitar o profesor, Birdy insinúaselle a Ed e trata de facerlle sexo oral, provocando que Ed perda o control do vehículo e choque. Cando Ed esperta no hospital, dous oficiais de policía comunícanlle que está baixo arresto por asasinato. O cadáver de Tolliver foi atopado nun lago, xunto ao contrato de investimento de Ed. A policía cre que Ed obrigou a Doris a extraer da empresa o diñeiro do investimento e logo matou a Tolliver para que non revelase a orixe do diñeiro despois de que este se dese conta. Ed é axuizado polo asasinato e hipoteca a súa casa para volver contratar a Riedenschneider. A declaración inicial de Riedenschneider ao xurado é interrompida cando Frank ataca a Ed; o xuízo é suspendido. Sen diñeiro e sen nada máis para hipotecar, Ed lánzase á corte á súa sorte. A manobra non funciona e o xuíz senténciao a pena de morte.

Mentres espera no corredor da morte, Ed escribe a súa historia para vendela a unha revista pulp. Pouco antes da súa execución, Ed ve un ovni no exterior do cárcere. Finalmente, unha mañá é conducido á cadeira eléctrica. Reflexiona sobre o seu destino, sen arrepentirse das súas decisións e coa esperanza de ver a Doris no máis aló, ámbolos dous libres das imperfeccións do mundo mortal.

Elenco editar

  • Billy Bob Thornton como Ed Crane, un barbeiro taciturno e inexpresivo que traballa na barbería do seu cuñado.
  • Frances McDormand como Doris Crane, a esposa de Ed e contable no grande almacén Nirdlinger.
  • Michael Badalucco como Frank Raffo, cuñado de Ed, dono e barbeiro principal da barbería.
  • James Gandolfini como «Big Dave» Brewster, veterano de guerra e encargado do grande almacén onde traballa Doris.
  • Katherine Borowitz como Ann Nirdlinger Brewster, esposa de Big Dave e propietaria do Nirdlinger.
  • Jon Polito como Creighton Tolliver, emprendedor viaxeiro que convence a Ed de investir no seu negocio de limpeza en seco.
  • Scarlett Johansson como Rachel «Birdy» Abundas, unha adolescente que logra o interese de Ed debido ás súas habilidades como pianista.
  • Richard Jenkins como Walter Abundas, un avogado coñecido de Ed e pai de Birdy.
  • Tony Shalhoub como Freddy Riedenschneider, un prestixioso e hábil avogado encargado de defender aos Crane.
  • Christopher Kriesa como Oficial Persky
  • Brian Haley como Oficial Pete Krebs
  • Jack McGee como Detective privado Burns
  • Gregg Binkley como The New Man
  • Alan Fudge como Dr. Diedrickson
  • Lilyan Chauvin como Medium
  • Adam Alexi-Malle como Jacques Carcanogues
  • Brooke Smith como Prisioneira
  • Christopher McDonald como Vendedor de macadam
  • Jennifer Jason Leigh como Prisioneira

Produción editar

Antecedentes editar

Os irmáns Coen comezaron a escribir o guión a mediados dos anos 1990 e fixeron unha pausa no medio para filmar O gran Lebowski; novamente dispoñibles, os irmáns trasladáronse a Irlanda —onde Frances McDormand se atopaba traballando— para continuar co guión.[18] Unha vez escrito o guión, os Coen enviáronllo aos produtores Eric Fellner e Tim Bevan da compañía Working Title Films; tiñan intencións de iniciar a produción en 1999 pero aproveitando a dispoñibilidade de George Clooney preferiron dedicarse a outro proxecto: O Brother, Where Art Thou?.[19][20] Así que rematou a filmación e montaxe de O Brother, Where Art Thou?, a mediados do ano 2000, os directores continuaron con The Man Who Wasn't There —nese entón titulada provisionalmente The Barber Project—.[21][n. 2] O proxecto financiouse de forma independente a través das produtoras Gramercy Pictures, Working Title Films e Good Machine —compañía de Ted Hope e James Shamus, quen máis tarde fundaron Focus Features— que reuniron un orzamento aproximado de vinte millóns de dólares.[1]

Sen ter claro aínda quen ía interpretar o protagonista, os Coen escribiron o personaxe de Doris —a esposa de Ed Crane— e Frank —o dono da barbería— para Frances McDormand e Michael Badalucco, respectivamente.[23][24] Para protagonizar a cinta, os directores déronlle a oportunidade a un actor con quen non traballaran antes, Billy Bob Thornton,[23][24] que aceptou a proposta para encarnar ao barbeiro antes de ler o guión: «Sabía que sería bo. Hai certas persoas coas que sabes que non pode saír mal», comentou o actor.[25] Mentres que para o rol do xefe e amante de Doris, os Coen convenceron a James Gandolfini, quen segundo eles era perfecto para o personaxe».[25] Outros dous actores xa coñecidos polos Coen, Jon Polito e Tony Shalhoub, tamén se sumaron ó elenco, completado por Adam Alexi-Malle, Katherine Borowitz, Richard Jenkins e a nese entón adolescente Scarlett Johansson.[25] Cando Jenkins recibiu a chamada para asistir ao casting a súa resposta foi negativa debido a que xa asistira a tres probas de selección para tres producións anteriores dos Coen, sen éxito en ningún dos casos. Aínda así, os directores finalmente elixírono para o papel.[26][27]

Filmación editar

A filmación comezou o 26 de xuño do ano 2000 en California e finalizou o primeiro de setembro, tras dez semanas de rodaxe.[19] A cinematografía de Roger Deakins foi sinxela e tradicional. A maioría das tomas fixéronse coa cámara á altura da vista, con lentes normais e unha longa profundidade de campo.[28] En comparación coas vellas películas de cine negro estadounidense, Deakins usou unha ampla gama de grises[29] e tentou crear pouco contraste sen moitas sombras fortes, utilizando menos cantidade de luces e de maior tamaño.[19] A pesar de estar ambientada no pasado, utilizou tecnoloxías contemporáneas e quería que The Man Who Wasn't There reflectise a era en que estaba a ser realizada: «non tratamos de facer unha película vella», dixo Deakins.[19] Filmouse en formato de 35 mm en cor e logo foi convertida a branco e negro durante a posprodución. Ese procedemento debeuse, en parte, a razóns técnicas posto que nas últimas décadas a dispoñibilidade de rolos de película en branco e negro era moi escasa.[30] Con todo, debido a esixencias contractuais e de mercadotecnia, nalgúns países estreouse en cor.[31] «A película fíxose para ser vista en cor», afirmou Joel Coen, e mencionou que en cor se vería «horriblemente fóra de lugar» debido a que a escala de grises neutralizou cores alleas á época de ambientación da trama.[32]  

Por un montón de razóns intanxibles que non son doadas de explicar, o branco e negro pareceu ser axeitado para a trama. É unha película dun período histórico e o branco e negro axuda á sensación desa época. É evocativo para unha historia como esta de maneiras que a fotografía en cor non o é.[33]
Joel Coen

O deseño de escenarios e vestiario a cargo de Dennis Gassner e Mary Zophres, respectivamente, debeu adaptarse á ausencia de cor, evitando altos contrastes que distraesen a atención. O branco e negro tamén tivo un efecto nos actores, intensificando algúns elementos: «tan só un close-up é moi rechamante polas sombras e a sensación de profundidade», dixo McDormand.[19] No entanto, o equipo non perdeu de vista a versión en cor e deseñou as localizacións evitando as cores luminosas e preferindo marróns e grises.[34] A vestimenta de Ed Crane consistiu en chaquetas deportivas e camisas de gabardina e raión típicas deses anos, as súas medias non tiñan elásticos na parte superior e —do mesmo xeito que os extras— usou ligas para sostelas. Entre as pezas femininas incluíronse medias con costura, faixas e sosténs puntiagudos.[19] O traxe cruzado con solapa en pico do avogado defensor Freddy Riedenschneider estivo inspirado en Salvador Dalí, segundo Mary Zophres: «É un pouco infrecuente para a época e suxire opulencia».[19]

 
O barrio Bungalow Heaven situado na cidade de Pasadena (California) utilizouse para rodar escenas exteriores da casa de Ed Crane.[35]

Para compor a aparencia do seu personaxe, Thornton observou imaxes de figuras daquela década e tomou prestado algúns elementos de Raymond Burr e Frank Sinatra.[36][37][38] O actor comentou respecto diso que «unha vez que consegues a aparencia axeitada, todo na túa actitude cambia».[19] Cando Ed aparece en pantalla, case sempre o fai fumando un Chesterfield, un detalle da época.[4] Ademais, barbeiros profesionais capacitaron a Thornton e Badalucco.[19][36]

Localizacións editar

Comezouse a filmar na abandonada Lincoln Heights Jail dos Ánxeles para ambientar unha cela dun cárcere da cidade de Santa Rosa. Máis adiante, o equipo trasladouse ao leste dos Ánxeles e logo ao restaurante de Hollywood Boulevard Musso & Frank Grill, onde Ed Crane reúnese por primeira vez co seu avogado. A rodaxe continuou en Thousand Oaks durante dous días para realizar as escenas da voda no campo; previo ás súas escenas, Michael Badalucco tivo que practicar con porcos para a escena onde monta sobre un.[19][39] A continuación, a produción volveu aos Ánxeles para filmar nunha igrexa presbiteriana sobre Wilshire Boulevard e no Centro dos Ánxeles, onde se filmou nun complexo de apartamentos que se utilizou para facer as escenas do vestíbulo do hotel. Un Bank of America abandonado situado tamén no centro utilizouse para as escenas en que Ed vai ao banco.[39] O edificio de Nirdlingers, onde Doris traballa como contable, creouse a partir dunha tenda de mobles abandonada situada en Glendale, o deseñador de produción Dennis Gassner lembrou:[35]  

Tivemos que modernizalo en certa forma, mantendo o que xa estaba na arquitectura e facendo que funcione para o estilo moderno de 1949. Ese espazo era como unha canteira de onde podía extraer o que necesitaba. De feito, utilicei algúns deseños amurados art déco de cromo que se mantiveran nas paredes e varias molduras da parede.[19]

Parte importante da filmación levouse a cabo durante un día na cidade de Orange, que se usou para representar os exteriores do pobo de Santa Rosa, onde se ambienta a maior parte da película. Aínda que se rodou un só día en Orange, o equipo traballou máis de dúas semanas ambientando as rúas de acordo ao ano 1949: substituíronse sinais de tráfico, modificáronse fachadas e realizáronse arranxos menores en rúas.[39] As escenas exteriores da casa de Ed Crane filmáronse no barrio de Bungalow Heaven, en Pasadena, un sitio popular e económico a mediados do século vinte.[35] Os Coen elixiron a casa co teito máis baixo para lograr a impresión dun espazo máis reducido e así representar a situación económica do barbeiro.[40] As escenas do salón do profesor de piano tamén se rodaron en Pasadena, exactamente no complexo de edificios do Hotel Green. Usáronse localizacións para filmar case toda a película fóra dalgunhas escenas, por exemplo as da barbería —as últimas antes do final da filmación— realizadas nun set construído por Gassner nos Paramount Studios.[35]

Música editar

A banda sonora da película consiste en música clásica, principalmente sonatas para piano de Ludwig van Beethoven, intercalada con sete novas composicións de Carter Burwell.[41][42] Ademais de Beethoven, a banda sonora incluíu unha composición de Mozart, «Sull'aria... che soave zeffiretto». A inclusión da música clásica é un recurso que distingue á película doutras do xénero noir.[3] O editor musical Todd Kasow encargouse de seleccionar sonatas adecuadas para a banda sonora mentres que Burwell empezou a traballar nunha composición «pianocéntrica». Algunhas das composicións presentan estruturas «cíclicas» que simbolizan a situación na que se atopa o protagonista e a súa dificultade para liberarse dela, pero ao mesmo tempo, os Coen sentían que era esencial para o personaxe que a música suxerise «un vago anhelo».[43] O xornalista Dan Goldwasser describiu o traballo de Burwell como «escuro e solemne» e escribiu que a composición principal, «The Trial of Ed Crane», ten «unha especie de romanticismo cun mínimo deixo de esperanza».[41] The Man Who Wasn't There foi a novena película na que Burwell colaborou cos irmáns Coen.

O selo Decca Records lanzou o álbum da banda sonora o 30 de outubro de 2001.[41][44] Está composto polos seguintes catorce temas:

N.º TítuloMúsica Duración
1. "Birdy's 'Pathétique" (Sonata para piano n.º 8 (Beethoven))Jonathan Feldman 1:17
2. "Che soave zeffiretto" (Wolfgang Amadeus Mozart)Edith Mathis e Gundula Janowitz coa Ópera Alemá de Berlín de Karl Böhm 3:33
3. "Bringing Doris Home" (Sonata para piano n.º 25 (Beethoven))Jonathan Feldman 1:18
4. "I Met Doris Blind"  Carter Burwell 1:15
5. "Ed Visits Dave"  Carter Burwell 1:03
6. "Ed Returns Home" (Sonata para piano n.º 23 «Appassionata» (Beethoven))Carter Burwell 1:57
7. "I Love You Birdy Abundas!"  Carter Burwell 0:42
8. "Nirdlinger's Swing"  Carter Burwell 5:12
9. "Moonlight Sonata" (Sonata para piano n.º 14 (Beethoven))Jonathan Feldman 2:29
10. "The Fight"  Carter Burwell 3:01
11. "The Bank"  Carter Burwell 1:03
12. "Adagio Cantabile" (Sonata para piano n.º 8 (Beethoven))Jonathan Feldman 5:33
13. "The Trial of Ed Crane"  Carter Burwell 3:52
14. "Andante Cantabile" (Piano Trio, Op. 97 (Beethoven))Beaux Arts Trio 13:28
45:43

Fontes de inspiración e temáticas editar

A idea de escribir unha película protagonizada por un barbeiro estivo inspirada nun anuncio que os irmáns Coen viron mentres filmaban The Hudsucker Proxy (1994).[4][45] «Filmamos unha escena nunha barbería onde había un anuncio na parede que amosaba diferentes cortes de pelo dos anos 1940», lembrou Joel Coen. «Empezamos a pensar sobre o tipo que fixera eses cortes de pelo e a historia comezou a tomar forma. En realidade evolucionou dese anuncio de cortes de pelo».[25] Os directores tomaron o título da película do poema de 1899 escrito por William Hughes Mearns titulado «Antigonish» e elixírono en referencia ao personaxe do barbeiro, para reflectir o seu baleiro emocional.[21][46][47]  

Yesterday, upon the stair,

I met a man who wasn't there!
He wasn't there again today,

I wish, I wish he'd go away!
Onte, ó subir a escaleira,

vin a un home que non estaba alí!
Tampouco hoxe o volvín ver,

desexo velo desaparecer!
Primeiras liñas do poema «Antigonish» (1899) de William Hughes Mearns

Ambientada en 1949, a trama —segundo Joel Coen— «está moi influenciada» polo traballo do escritor James M. Cain,[19] en particular polas novelas Double Indemnity, The Postman Always Rings Twice e Mildred Pierce.[4] Posteriormente, os directores mesmo afirmaron que a película «é unha historia de Cain».[6] A pesar de tratarse dunha historia neo-noir criminal, os Coen substituíron a ambientación dos baixos fondos onde a miúdo se desenvolven ditas historias e situaron a trama nun pobo típico estadounidense con xente ordinaria. «Aquí o elemento criminal é dalgún modo involuntario. O heroe tropézase con el», explicou Ethan Coen.[48] Dito recurso é unha homenaxe ao traballo literario de Cain, cuxas historias adoitaban empregar personaxes comúns con empregos convencionais que motivados pola necesidade ou a cobiza terminaban envoltos nun crime.[6] De igual forma, outros convencionalismos popularizados polas novelas negras do escritor tamén estiveron presentes en The Man Who Wasn't There, por exemplo o plan para conseguir diñeiro rapidamente, desventuras sexuais e coincidencias do destino.[49] O fracaso dun «plan perfecto» para conseguir diñeiro aparece en Double Indemnity e The Postman Always Rings Twice, ambas as novelas narradas por homes de clase traballadora vidos a menos durante a Gran Depresión na década de 1930.[6]

 
Unha das influencias da película foi Shadow of a Doubt (1943), ambientada en Santa Rosa (California) do mesmo xeito que The Man Who Wasn't There.[6]

Os Coen nomearon como referencia ao filme Shadow of a Doubt e tiveron presente en certa medida o xénero de ciencia ficción dos anos 1950.[5][6] De feito, en canto á estética, segundo os cineastas, a película estivo en gran medida influenciada polo cine de ciencia ficción e «documentais baratos dos anos 50».[6] Pola súa banda, o director de fotografía Roger Deakins buscou inspiración para o seu traballo en cintas das décadas de 1940 e 1950 como This Gun for Hire, The Blue Dahlia, Kiss Me Deadly e Touch of Evil.[6][19][50] Así mesmo, o crítico e editor da revista The Atlantic comparou a voz en off e o carácter reservado de Ed Crane co personaxe de Robert Mitchum na cinta Out of the Past (1947).[4] Os Coen ademais fixeron referencia a outras obras mediante os nomes usados no filme, como é o caso do grande almacén Nirdlinger ou Dietrichson —apelidos usados por personaxes a novela e adaptación fílmica de Double Indemnity, Riedenschneider —apelido dun personaxe da cinta The Asphalt Jungle— ou o nome do hotel de Tolliver, «The Hobart Arms», unha homenaxe á novela The Big Sleep de Raymond Chandler.[6][51]

Ademais das novelas de Cain e o cine negro, en menor medida a historia tomou ideas propias da literatura existencialista, por exemplo de El extranjero de Albert Camus.[6] Ademais de notar as similitudes na narrativa de ambas as obras, algúns autores e críticos compararon a desconexión coa realidade e a actitude pouco expresiva de Ed coa do protagonista da novela de Camus.[6][52][53][54][55] A través do seu personaxe principal, The Man Who Wasn't There explora a visión existencialista sobre a desesperación, unha temática reminiscente do pensador Søren Kierkegaard.[56] Os autores Jean-Pierre Boulé e Enda McCaffrey compararon o intento de Ed Crane de escapar da súa rutineira vida coa idea de Jean-Paul Sartre de «procura de transcendencia», no caso do filme representada pola relación do protagonista co negocio da limpeza en seco, Birdy e os ovnis.[57] Aínda que The Man Who Wasn't There, catalogada como posmoderna, herdou elementos temáticos e narrativos do cine negro clásico, ao mesmo tempo afastouse del e explorou conceptos da posguerra da segunda guerra mundial, retratando os primeiros anos da posguerra en Estados Unidos.[49] A historia contextualizouse citando sucesos referentes á época como o pico de popularidade dos ovnis —os «pratos voadores» son incluídos de forma pasaxeira—, as referencias aos bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki, as reflexións de Werner Heisenberg sobre a humanidade e a idea de triunfar nunha era de oportunidades.[49] A trama alude ao principio de incerteza de Heisenberg mediante o personaxe do avogado defensor Freddy Riedenschneider, quen fai referencia en máis dunha ocasión a dito principio.[49]

Estrea e recepción editar

 
Os irmáns Coen na estrea da película no Festival de Cannes 2001. Joel Coen compartiu o premio do festival ao mellor director con David Lynch.[58][n. 3]

O filme estreouse no Festival de Cannes o 13 de maio de 2001. Tras Cannes, a cinta chegou a outros festivais de cine europeos dese ano como Edimburgo, Flandres, Varsovia e Viena. A distribuidora USA Films encargouse da súa estrea nos Estados Unidos, aínda que a súa proxección estivo limitada a cines selectos.[n. 4][59] O 31 de outubro de 2001 estreouse nos Ánxeles e Nova York, e posteriormente proxectouse no resto das cidades estadounidenses.[2][60][61] Na Arxentina Buena Vista International estreouna o 14 de febreiro de 2002 baixo o título El hombre que nunca estubo.[62][63] Máis tarde, o 12 de abril, chegou aos cines de España distribuída por Warner Bros Pictures España e titulada El home que nunca estuvo allí.[64] Foi a primeira película dos Coen estreada en branco e negro, algo que os directores tentaran sen éxito con Sangue fácil (1984) e The Hudsucker Proxy (1994) fronte ás vantaxes da distribución en cor.[65][66]

Crítica editar

A película recibiu unha maioría de críticas positivas,[6] logrando un 81 % no sitio Rotten Tomatoes sobre 157 comentarios, e un 73 % de aprobación sobre 33 comentarios en Metacritic.[61][67] Moitos críticos eloxiaron o filme tanto pola súa técnica como polas súas actuacións. Richard Schickel de Time escribiu: «A capacidade de non mostrar emoción non é unha calidade moi apreciada en protagonistas de películas, pero Billy Bob Thornton, ese actor espléndido, faino de maneira perfecta como Ed Crane, un taciturno barbeiro de pobo, cara a 1949».[11] Outros críticos tamén eloxiaron o rol protagónico de Thornton,[9][10][12] por exemplo Emanuel Levy, quen opinou que Thornton «absólvese marabillosamente a si mesmo nun papel desafiante que esixe máis reacción que acción» e agregou: «parece un atormentado Montgomery Clift».[9] A revista Variety escribiu que o protagonista da película «establece novos estándares de opacidade e pasividade».[68]

Jonathan Rosenbaum do xornal Chicago Reader destacou que «Joel e Ethan Coen mantéñense fieis á súa inclinación por heroes torpes e neo-noir, e á súa firme convicción de que a vida normalmente vólvese espléndidamente horrorosa».[7] Roger Ebert de Chicago Sun Times comentou: «a película é eficaz e segura no seu estilo, tan amorosa e tan intensa que se vostede a recibe con esa mesma frecuencia, seralle como unha festa».[69] Da mesma forma, Peter Travers da revista Rolling Stone nomeouna unha das mellores cintas do ano e expresou que é «diabólicamente divertida» e destacou a fotografía e as actuacións.[70] Travers incluíu a The Man Who Wasn't There no número oito da súa lista das dez mellores películas indie de 2001.[71] Peter Bradshaw de The Guardian afirmou: «É a mellor película estadounidense do ano» e Philip French, noutra recensión para The Guardian, tamén afirmou que se trataba da mellor película do ano até ese momento.[8][13] Así mesmo, Marc Savlov de Austin Chronicle anunciou que era «a película máis bonita do ano» e agregou que «a actuación de Billy Bob Thornton representa un diamante en bruto cegador».[12] O crítico da BBC Nev Pierce tamén a cualificou como «unha das mellores películas do ano» e sobre o seu visionado agregou que se trataba de «unha experiencia única, peculiar, cativadora».[14]

Varios críticos destacaron a fotografía en branco e negro de Roger Deakins.[7][8][9][10] O Chicago Reader comparou a fotografía coa de de Federico Fellini[7] e o crítico Matthew Turner de View London comentou que o branco e negro «non se vía así de espléndido desde os anos 1940».[10] A pesar de escribir unha recensión pouco entusiasta, Todd McCarthy, de Variety, eloxiou o traballo de Deakins, os escenarios de Dennis Gassner e o vestiario de Mary Zophres para crear unha «representación superior do período de posguerra nunha pequena cidade».[68] Con respecto á ambientación rural, o historiador José María Caparrós sinalou: «Poucas veces o cine estadounidense asomouse dunha forma tan sutil e contundente para ofrecer un testemuño do fondo baleiro existencial e da mediocridade da América profunda».[72] A película non convenceu a Michael Sragow de The Baltimore Sun, quen dixo: «The Man Who Wasn't There é unha intelectualizada, estilizada e completamente baleira produción de época. A pesar do seu espléndido e claustrofóbicamente controlado aspecto en branco e negro, ten o mesmo impacto que unha pistola de xoguete».[73]

Recadación editar

The Man Who Wasn't There foi a película dos irmáns Coen con peores resultados no venda de billetes desde The Hudsucker Proxy(1994).[74] Algúns autores especularon con que o resultado dese fracaso debeuse, en parte, ao pouco entusiasmo do público masivo cara ás cintas en branco e negro.[74][75] The Man Who Wasn't There recadou 7 504 257 de dólares nos Estados Unidos durante dezasete semanas en cartel e 11 412 366 dólares no resto do mundo, conseguindo un total de 18 916 623 de dólares.[2][76] Na súa primeira fin de semana da estrea en Estados Unidos, recadou 664 404 dólares tras ser proxectada en trinta e nove cines. No Reino Unido recadou 419 609 libras esterlinas en 140 cines durante a súa primeira fin de semana e alcanzou un total de 1 736 884 libras recadadas.[2] A recadación total —18 916 623 de dólares— non alcanzou para igualar os vinte millóns de dólares que custou a realización da película.[75]

Premios e nomeamentos editar

Despois da súa estrea no Festival de Cannes, Joel Coen levou o premio ao mellor director[n. 3] e compartiu o premio con David Lynch por Mulholland Drive. A película ademais estaba nomeada á Palma de Ouro, o maior recoñecemento do festival, pero La stanza del figlio de Nanni Moretti levou o premio.[78] Así mesmo, a cinta formou parte da selección das dez mellores do ano do National Board of Review.[15]

O filme estivo nomeado na 74.ª entrega dos premios Óscar na categoría de mellor fotografía (Roger Deakins), aínda que finalmente o premio levouno Andrew Lesnie por The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring.[17] Así mesmo, a película recibiu tres nomeamentos aos Premios Globo de Ouro nas categorías de mellor película dramática, mellor guión e mellor actor dramático (Billy Bob Thornton), pero non conseguiu levar ningún.[79]

O director de fotografía Roger Deakins obtivo o galardón na categoría de mellor fotografía dos Premios BAFTA.[80] Adicionalmente, Deakins recibiu múltiples recoñecementos por parte doutras organizacións, incluíndo a American Society of Cinematographers, a Boston Society of Film Critics, a Asociación de Críticos de Cine dos Ánxeles, os Críticos de Cine de Nova York en Liña, a Sociedade de Críticos de Cine en Liña e os Premios Satellite, entre outras.[81][82][83][84][85][86][87]

Lista de premios e nomeamentos
Organización Categoría Receptor(es) Resultado Ref(s)
Premios Oscar Mellor fotografía Roger Deakins Nomeado [17]
Premios Globo de Ouro Mellor película dramática Nomeada [79]
Mellor actor - Drama Billy Bob Thornton Nomeado
Mellor guión Joel Coen, Ethan Coen Nomeados
Premios BAFTA Mellor fotografía Roger Deakins Gañador [80]
Festival de Cannes Palma de Ouro Nomeada [58][78]
Mellor director Joel Coen Gañador
Premios Saturn Mellor filme de acción, suspense ou aventuras Nomeada [88]
Mellor actor Billy Bob Thornton Nomeado
Mellor actriz secundaria Frances McDormand Nomeada
AFI Awards Cinematógrafo do ano Roger Deakins Gañador [89][90]
Película do ano Ethan Coen Nomeado
Actor do ano - Cine Billy Bob Thornton Nomeado
Actor secundario do ano - Cine Tony Shalhoub Nomeado
American Society of Cinematographers Logros de fotografía en estreas de cine Roger Deakins Gañador [81]
Asociación de Cronistas Cinematográficos de la Argentina Premio Cóndor de Prata á Mellor película estranxeira Joel Coen, Ethan Coen Nomeados [91]
Art Directors Guild Premio ó deseño de produción - Película de época ou fantasía Dennis Gassner, Chris Gorak, Lance Hammer Nomeados [92]
Premio Bodil Mellor película estadounidense Joel Coen Nomeado [93]
Boston Society of Film Critics Awards Mellor fotografía Roger Deakins Gañador [82]
Premios de la Crítica Cinematográfica Mellor guión Joel Coen, Ethan Coen Terceiro lugar [87][94]
Mellor película Nomeada
Asociación de Críticos de Cine de Chicago Mellor fotografía Roger Deakins Nomeado [87]
Mellor actor secundario Tony Shalhoub Nomeado
Premios Chlotrudis Mellor actor - Premio do público Billy Bob Thornton Gañador [95]
Mellor fotografía Roger Deakins Nomeado
Mellor actor Billy Bob Thornton Nomeado
Premios César Mellor película estranxeira Joel Coen Nomeado [96]
Asociación de Críticos de Cine de Dallas-Fort Worth Mellor actor Billy Bob Thornton Segundo lugar [87]
Mellor película Nomeada
Premios David di Donatello Mellor película estranxeira Joel Coen Gañador [97]
DVD Exclusive Awards Mellor comentario de son - Novo lanzamento Ethan Coen, Joel Coen, Billy Bob Thornton Nomeados [87]
Premios Edgar Allan Poe Mellor película de misterio Ethan Coen, Joel Coen Nomeados [98]
Premios Empire Mellor actor Billy Bob Thornton Nomeado [99]
Florida Film Critics Circle Awards Mellor actor Billy Bob Thornton Gañador [100]
Mellor fotografía Roger Deakins Gañador
Festival das Palmas Lady Harimaguada de Oro Joel Coen Gañador [101]
Las Vegas Film Critics Society Awards Mellor actor Billy Bob Thornton Nomeado [87]
London Critics Circle Film Awards Actor do ano Billy Bob Thornton Gañador [87][102]
Guionista do ano Ethan Coen, Joel Coen Gañadores
Asociación de Críticos de Cine dos Ánxeles Mellor fotografía Roger Deakins Gañador [83]
National Board of Review Premio NBR ó Mellor actor Billy Bob Thornton Gañador [16]
National Society of Film Critics Awards Mellor fotografía Roger Deakins Terceiro lugar [103]
New York Film Critics Circle Awards Mellor fotografía Roger Deakins Segundo lugar [87]
Críticos de Cine de Nova York en Liña Mellor fotografía Roger Deakins Gañador [84]
Online Film & Television Association Mellor actor Billy Bob Thornton Nomeado [104]
Mellor fotografía Roger Deakins Gañador
Mellor guión Joel Coen, Ethan Coen Nomeados
Sociedade de Críticos de Cine en Liña Mellor actor Billy Bob Thornton Gañador [85]
Mellor fotografía Roger Deakins Gañador
Mellor guión orixinal Joel Coen, Ethan Coen Nomeados
Mellor director Joel Coen Nomeado
Mellor actor secundario Tony Shalhoub Nomeado
Premios Phoenix Film Critics Society Mellor película Nomeada [87]
Mellor fotografía Roger Deakins Nomeado
Mellor guión orixinal Joel Coen, Ethan Coen Nomeados
Mellor actor Billy Bob Thornton Nomeado
Mellor deseño de produción Dennis Gassner Nomeado
Premios Robert Mellor película estadounidense Joel Coen, Ethan Coen Nomeados [87]
Sindicato de Críticos de Cine de Rusia Mellor actor estranxeiro Billy Bob Thornton Gañador [105]
San Diego Film Critics Society Awards Mellor fotografía Roger Deakins Gañador [87]
Premios Satellite Mellor fotografía Roger Deakins Gañador [86]
Southeastern Film Critics Association Awards Mellor actor Billy Bob Thornton Gañador [87][106]
Mellor guión orixinal Joel Coen, Ethan Coen Segundo lugar
Premios WGA Mellor guión orixinal Joel Coen, Ethan Coen Nomeados [107]

Formato caseiro editar

A primeira edición en formato caseiro estivo dispoñible en DVD lanzada por USA Home Entertainment en 2002.[108][109] Os extras do DVD incluíron comentarios dos irmáns Coen e Billy Bob Thornton, un making-of de dezaseis minutos, unha entrevista con Roger Deakins, cinco escenas eliminadas, galería de fotos e vídeos promocionais.[108][109] Os Coen e Thornton comparten anécdotas sobre o que pasaba detrás das cámaras, incluíndo a historia sobre o anuncio de cortes de pelo que inspirou a idea do filme. Nunha entrevista a fondo con Deakins, o director de fotografía fala acerca das vantaxes e desvantaxes de filmar en branco e negro, as súas influencias estéticas e a súa experiencia traballando cos Coen.[108] Nunha recensión sobre o DVD, o sitio DVD Talk escribiu que a fotografía en branco e negro «está capturada brillantemente, evocando a historia do cine negro e ao mesmo tempo conservando unha limpeza inmaculada. Os negros son profundos e sólidos, achegándolle á imaxe un aspecto encantado».[109] En setembro de 2002 lanzouse en Francia unha edición en DVD de tres discos: o primeiro coa película en branco e negro, o segundo coa versión en cor e o último cos extras, que como novidade incluíron un documental de case cincuenta minutos titulado «The Filme Noir Universe».[110][111][112] En 2015 Universal Home Vídeo lanzou unha versión normal en Blu-ray.[113]

Notas editar

Notas editar

  1. Roderick Jaynes é o seudónimo utilizado polos irmáns Coen para montar a película.
  2. Outros títulos alternativos foron escritos na introdución do guión: Pansies Don't Float; I, The Barber; The Nirdlinger Doings; Missing, Presumed Ed; I Love You, Birdy Abundas! (descartado por ser «moi anos 1960»); The Barber, Crane; The Other Side of Fate («O outro lado do destino», descartado debido á «incerteza de non saber se o destino ten máis dun lado»); None Know My Name; I Will Cut Hair No More Forever; e Ed Crane, You So Crazy!.[22]
  3. 3,0 3,1 A pesar de codirixir a película, Ethan Coen non recibiu o premio debido a que non apareceu acreditado oficialmente na dirección da mesma. Os Coen comezaron a compartir os créditos como directores a partir do ano 2004 co filme The Ladykillers.[77]
  4. O nome da distribuidora no momento da estrea da película era USA Films, que logo fusionouse con Universal Focus e Good Machine para formar Focus Features en 2002.

Referencias editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Nathan & 17 de setembro de 2012, p. 60
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "The Man Who Wasn't There". Box Office Mojo. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Hibberd & 28 de xaneiro de 2013, p. 215
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Orr, Christopher (18 de setembro de 2014). "30 Years of Coens: The Man Who Wasn't There". Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Tapley, Kristopher (19 de decembro de 2014). "Roger Deakins recalls 'The Man Who Wasn't There' and film noir favorites". Hitfix. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 Adams, Jeffrey (2015). "The Man Who Wasn't There: Recreating Classic Film Noir". The Cinema of the Coen Brothers: Hard-Boiled Entertainments. Columbia University Press. ISBN 9780231850810. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Rosenbaum, Jonathan. "The Man Who Wasn't There". Chicago Reader. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 French, Philip (28 de outubro de 2001). "The Coens raise Cain". The Guardian. Consultado o 16 de maio de 2016. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Levy, Emanuel (1 de agosto de 2006). "Man Who Wasn't There, The (2001)". EmanuelLevy.com. Consultado o 16 de maio de 2016. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Turner, Matthew (25 de outubro de 2001). "The Man Who Wasn't There Film Review". ViewLondon. Consultado o 16 de maio de 2016. 
  11. 11,0 11,1 Schickel, Richard (29 de outubro de 2001). "Cinema: The Man Who Wasn't There". Consultado o 9 de maio de 2016. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Savlov, Marc (2 de novembro de 2001). "The Man Who Wasn't There". Austin Chronicle. Consultado o 9 de maio de 2016. 
  13. 13,0 13,1 Bradshaw, Peter (26 de outubro de 2001). "The Man Who Wasn't There". The Guardian. Consultado o 9 de maio de 2016. 
  14. 14,0 14,1 Pierce, Nev (1 de outubro de 2001). "The Man Who Wasn't There (2001)". BBC. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 "Top Films". National Board of Review. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  16. 16,0 16,1 "2001 Award Winners". National Board of Review. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  17. 17,0 17,1 17,2 "THE 74TH ACADEMY AWARDS". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  18. Robson & 31 de xullo de 2011
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 19,10 19,11 19,12 "The Man Who Wasn't There". Hollywood Jesus. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  20. Robson & 31 de xullo de 2011, p. 256
  21. 21,0 21,1 Allen 2006, p. 152
  22. Robson & 31 de xullo de 2011, pp. 253-254
  23. 23,0 23,1 Robson & 31 de xullo de 2011, p. 254
  24. 24,0 24,1 Pulver, Andrew (13 de outubro de 2001). "Pictures that do the talking". The Guardian. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 "Man Who Wasn't There, The". Urban Cinefile. 27 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  26. Bergan & 5 de xaneiro de 2016, p. Dumb and Dumber
  27. Seifert, Andy (10 de agosto de 2010). "Random roles: Richard Jenkins". The A.V. Club. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  28. "‘The Man Who Wasn’t There’: A Lovely, Artistic Exhibition of the Coens’ Filmmaking Prowess". Cinephilia & Beyond. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  29. Mottesheard, Ryan (30 de outubro de 2001). "INTERVIEW: Shooting Coens; D.P. Roger Deakins and "The Man Who Wasn't There"". IndieWire. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  30. Allen 2006, p. 157
  31. "See Some of the Coen Brothers’ ‘The Man Who Wasn’t There’ in Color [Video]". /Film. 9 de xaneiro de 2018. Consultado o 9 de maio de 2016. 
  32. "The Coen Brothers interview about The Man Who Wasn't There". Film4. 2001. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  33. Holben, Jay (outubro de 2001). "The Root(s) of All Evil". American Cinematographer 82 (10): 49. For a lot of intangible reasons that aren't easy to explain, it seemed as if black and white was appropriate for this story. It's a period movie, and black and white helps with the feeling for the period. Black and white is evocative in ways for a story like this that color photography isn't. 
  34. Robson & 31 de xullo de 2011, p. 258
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 Robson & 31 de xullo de 2011, p. 260
  36. 36,0 36,1 "The Man Who Wasn't There". 24 de outubro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  37. Mundhra, Smriti (3 de novembro de 2001). "Man About Town". IGN. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  38. Wilson, George M. Seeing Fictions in Film: The Epistemology of Movies. OUP Oxford. ISBN 9780199594894. 
  39. 39,0 39,1 39,2 Robson & 31 de xullo de 2011, p. 259
  40. Bergan 2016, p. Small Town, Hollywood
  41. 41,0 41,1 41,2 Goldwasser, Dan (21 de outubro de 2001). "The Man Who Wasn't There - Soundtrack". Soundtrack.net. Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  42. "The Man Who Wasn't There (Sountrack from the Motion Picture)". itunes.apple.com. Consultado o 16 de maio de 2016. 
  43. "Carter's Notes". www.carterburwell.com. Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  44. "Carter Burwell – The Man Who Wasn't There". Discogs. Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  45. Nathan & 17 de setembro de 2012, p. 57
  46. Einav, Dan (18 de febreiro de 2017). "Is this the Coen brothers’ most underrated movie?". Little White Lies. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  47. "The Man Press Conference". www.festival-cannes.fr. 2001. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2016. Consultado o 16 de maio de 2016. 
  48. Robson & 31 de xullo de 2011, p. 253
  49. 49,0 49,1 49,2 49,3 Conard 2007, p. Cain's Influence
  50. Sarris, Andrew (5 de novembro de 2001). "Yesterday He Was Nobody, Today He’s a Wanted Man". Observer. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  51. Rowell 2007, p. 303
  52. Conard 2009
  53. Nordine, Michael (16 de novembro de 2010). "The Man Who Wasn’t There". Universal DVD. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. As with Albert Camus’ The Stranger, whose narrative structure The Man Who Wasn’t There closely resembles, Ed’s turning point comes when he becomes an active participant in his own life for the first time. 
  54. "The Man Who Wasn’t There". Metaphilm. 2 de xuño de 2003. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  55. "The Man Who Wasn't There". Winnipeg Free Press. 26 de decembro de 2008. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  56. Conard 2009, p. 244
  57. Boulé, McCaffrey & 30 de outubro de 2011
  58. 58,0 58,1 Scott, A. O. (31 de outubro de 2001). "FILM REVIEW; First Passive And Invisible, Then Ruinous And Glowing". The New York Times. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  59. "The Man Who Wasn't There". Box Office Prophets. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  60. "The Man Who Wasn't There (2001) - Movie Details". FilmJabber. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  61. 61,0 61,1 "Ficha en Rotten Tomatoes". Rotten Tomatoes. Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  62. Batelle, Diego (14 de febreiro de 2002). "Acertada combinación de policial negro con comedia del absurdo". La Nación. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  63. "El Hombre que nunca estuvo". Cines Argentinos. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  64. "EL HOMBRE QUE NUNCA ESTUVO ALLÍ". Sensacine. Consultado o 10 de maio de 2016. 
  65. Rowell 2007, p. 278
  66. Luhr, William (2004). The Coen Brothers' Fargo. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9780521005012. 
  67. "Ficha en Metacritic". Metacritic. Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  68. 68,0 68,1 McCarty, Todd (13 de maio de 2001). "Review: ‘The Man Who Wasn’t There’". Consultado o 16 de maio de 2016. 
  69. Ebert, Roger (2 de novembro de 2001). "The Man Who Wasn't There". Chicago Sun Times. Consultado o 9 de maio de 2016. 
  70. Travers, Peter (2 de novembro de 2001). "The Man Who Wasn't There". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  71. Travers, Peter (27 de decembro de 2001). "The Best of 2001". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  72. Caparrós, José María. El cine del nuevo siglo (en español). Ediciones Rialp. ISBN 9788432134968. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2018. Consultado o 06 de abril de 2020. 
  73. Sragow, Michael (9 de novembro de 2001). "Too many flaws kill off the excitement". The Baltimore Sun. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 25 de maio de 2016. 
  74. 74,0 74,1 Doom, Ryan P. (2009). The Brothers Coen: Unique Characters of Violence. ABC-CLIO. ISBN 9780313355981. 
  75. 75,0 75,1 Nathan & 17 de setembro de 2012, p. 61
  76. Robson & 31 de xullo de 2011, p. 265
  77. Stoffel, Dan (13 de abril de 2018). "Loving that Barton Fink feeling!". Daily Sun. Consultado o 29 de abril de 2018. 
  78. 78,0 78,1 "54ème Festival International du Film - Cannes". www.cinema-francais.fr. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  79. 79,0 79,1 "WINNERS & NOMINEES Man Who Wasn't There, The". goldenglobes.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  80. 80,0 80,1 "Cinematography in 2002". BAFTA. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  81. 81,0 81,1 "A League of His Own". American Society of Cinematographers. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  82. 82,0 82,1 "Past Award Winners". Boston Society of Film Critics. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  83. 83,0 83,1 "27TH ANNUAL". LAFCA. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  84. 84,0 84,1 "NYFCO AWARDS 2001-2013". New York Film Critics Online. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  85. 85,0 85,1 "2001 Awards (5th Annual)". Online Film Critics Society. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  86. 86,0 86,1 Berkshire, Geoff (17 de decembro de 2001). "‘Moulin Rouge’ in orbit, topping Satellite noms". Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  87. 87,00 87,01 87,02 87,03 87,04 87,05 87,06 87,07 87,08 87,09 87,10 87,11 "Awards". IMDb. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  88. "‘Potter’ leads Saturn kudos". Variety. 13 de marzo de 2002. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  89. "New AFI awards show airs Saturday". CNN. 4 de xaneiro de 2002. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  90. Gray, Tim (5 de xaneiro de 2002). "AFI ‘Rings’ in kudos season". Variety. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  91. "Los candidatos al Cóndor de Plata". La Nación. 11 de xullo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  92. "6th Annual Excellence in Production Design Awards". www.adg.org. Consultado o 20 de maio de 2018. 
  93. Vestergaard, Jesper (31 de xaneiro de 2003). "Årets Bodil-nomineringer offentliggjort" (en danés). cinemazone.dk. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  94. Armstrong, Mark (18 de decembro de 2001). "Broadcast Critics Feel "Beautiful"". E! News. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  95. "2002, 8th Annual Awards". chlotrudis.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2013. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  96. James, Alison (3 de marzo de 2002). "‘Amelie’ tops Cesars". Variety. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  97. "L'uomo che non c'era". Cinematografo (en italiano). Fondazione Ente dello Spettacolo. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  98. "2002 Edgar Award Nominees Announced". The Write News. Writers Write, Inc. 18 de febreiro de 2002. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  99. "Empire Awards: Nominations Announced". Empire. 25 de xaneiro de 2002. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  100. "2001 FFCC AWARD WINNERS". Florida Film Critics Circle (FFCC). 16 de novembro de 2013. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  101. "El realizador Joel Coen obtiene el máximo galardón en el Festival de Cine de Las Palmas". La Vanguardia. 16 de marzo de 2002. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  102. "NOMINEES ANNOUNCED FOR LONDON FILM CRITICS CIRCLE AWARDS". 4rfv.co.uk. 4 de xaneiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2014. 
  103. Goodrige, Mike (6 de xaneiro de 2002). "Mulholland Drive is National Critics' choice". Screen Daily. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  104. "2001: THE YEAR OF The Fellowship". Online Film & Television Association. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  105. Duthel, C. Angelina Jolie - The Lightning Star. p. 130. ISBN 9781471089350. 
  106. "'Momento' receives best movie award". Amarillo Globe-News. 12 de xaneiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2018. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  107. "54th annual WGA awards". The Hollywood Reporter. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  108. 108,0 108,1 108,2 Dorr, Gregory P. "The Man Who Wasn't There". Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  109. 109,0 109,1 109,2 Bovberg, Jason (8 de maio de 2002). "The Man Who Wasn't There". DVD Talk. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  110. Beuscart, Pierre-Antoine (17 de outubro de 2002). "The Barber - L'homme qui n'était pas là : le test complet du DVD" (en francés). www.dvdfr.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  111. "DVD Comparison". DVDBeaver. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  112. Dowell, Pat (27 de agosto de 2004). "'The Man Who Wasn't There'". NPR. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  113. "The Man Who Wasn't There Blu-ray". blu-ray.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar