Jean-Paul Sartre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Jean-Paul Sartre, nado en París o 21 de xuño de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1980, foi un escritor e filósofo francés. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1964, mais rexeitouno.[1] Parella sentimental de Simone de Beauvoir.
Jean-Paul Sartre | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jean-Paul Charles Aymard Sartre |
Alcume | Jacques Guillemin |
Nacemento | 21 de xuño de 1905 |
París | |
Falecemento | 15 de abril de 1980 |
XIV Distrito de París e París | |
Causa | edema |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Liceu Henrique IV, Escola Normal Superior de Paris, Cours Hattemer, Lycée Louis-le-Grand e Universidade de París |
Ocupación | dramaturgo, epistemologista, novelista, guionista, biógrafo, crítico literario, ensaísta, membro da resistencia, escritor político, existencialista, ontologista, escritor, filósofo, activista pola paz, xornalista de opinión, Intelectual, autor, sociólogo e meteorólogo |
Pai | Jean-Baptiste Sartre |
Cónxuxe | Simone de Beauvoir |
Xéneros | Novela, teatro ensaio (político e filosófico), conto |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Eugène Dabit populist novel award, Lexión de Honra e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Sartre fica orfo de pai aos dous anos e críase en París, dentro dun medio burgués e intelectual. Fai os seus estudos secundarios na mesma cidade, no institutoo Henri IV, onde coñece a Paul Nizan. De 1922 a 1924, vai a clase preparatoria no liceo Louis-o-Grande. Accede á escola Normal Superior[2] da Sorbona en 1924. Atopa con Simone de Beauvoir que chegará a ser a súa compañeira e colaboradora.
Pasa un ano no Instituto francés de Berlín, completa a súa iniciación á fenomenoloxía de Husserl. De 1936 a 1939, ensina en Le Havre, Laon e París. Mobilizado en Nancy, fano prisioneiro, e logo será liberado en 1942. Sartre é visto por algúns coma resistente, mentres que o filósofo Vladimir Jankelevitch lle reprocha polo contrario a súa «falla de compromiso político» durante a ocupación alemá. Chega a profesor, populariza o existencialismo francés, que el contribúe a definir (O existencialismo é un humanismo 1946). Adquire notoriedade e acada un vasto publico grazas ás súas novelas (A náusea 1938, O muro 1939) e obras de teatro (As moscas 1943) que permiten difundir as súas ideas.
En 1945, crea a revista Temps Modernes.[3] Despois de ter seguido a liña do partido comunista, cúlpao no 1956 da represión da sublevación húngara e da intervención soviética en Checoslovaquia no 1968. Durante a guerra de Alxeria, toma partido pola F.L.N..
Simbolizando o intelectual comprometido, multiplica as tomas de postura políticas. Concédenlle en 1964 o Premio Nobel de Literatura, mais el rexéitao.
Morre o 15 de abril de 1980 no hospital Brousses (París) aos 74 anos de idade tras unha longa enfermidade que xa o apartara da dirección do xornal Libération uns anos antes. Foi soterrado, no cemiterio de Montparnasse en París xunto con Simone de Beauvoir, o 20 de abril e aos seus funerais asistiron unhas 50.000 persoas.
FilosofíaEditar
- Continxencia do ser : o mundo está "absorto", sen razón. Existe simplemente, sen "fundamento". As cousas e os homes existen de feito, e non de dereito. (Ver A Náusea.)
- O home é definido pola consciencia (o per-se que se opón ao en-si). O home está polo tanto fundamentalmente aberto ao mundo, "incompleto", "volto cara a", existente (proxectado fóra de si)
A consciencia é o que non coincide xamais con si-mesmo, o que é potencia de neantización grazas á imaxinación (ela pode pensar o que non é). A consciencia fai polo tanto o proxecto posible.
- O home é absolutamente libre : non é nada mais que o que el fai da súa vida, é un proxecto. A existencia precede á esencia (contra Hegel : non ten esencia predeterminada, a esencia é libremente elixida polo existente).
- O home está condenado a ser libre : non se comprometer, é tamén unha forma de compromiso: é responsable diso.
Ademais, Deus non existe, polo tanto o home é a única fonte de valor e de moralidade ; el está condenado a inventar a súa propia moral.
- O concepto freudiano de inconsciente, substituído pola noción de "maldade foi" : o inconsciente non sabería absorber o absoluta liberdade do home.
Sartre e a literaturaEditar
Durante as décadas de 1940 e 1950 as ideas de Sartre acadaron gran popularidade e o existencialismo foi unha visión filosófica moi estendida nesa xeración en Europa e Estados Unidos. En 1948 a Igrexa católica incluíu tódalas obras de Sartre no Índice de libros prohibidos.
No ano 1964 obtivo o Premio Nobel de literatura pola súa obra, premio que o autor rechazou a causa da súa significancia burguesa.
Sartre e o cinemaEditar
Interesado no cinema coma un medio para expresar as súas ideas realizou no ano 1947 a súa primeira colaboración nun guión, no filme Jeux sont faits, dirixido por Jean Delannoy. Participou en varias adaptacións das súas obras e en 1957 foi nomeado aos Premio Oscar de Hollywood pola súa historia orixinal para a película Les Orgueilleux, dirixida por Yves Allégret en 1953.[4]
ObrasEditar
- 1936 : L'imagination (A imaxinación), ensaio filosófico.
- 1937 : La trancendance de l'égo (A transcendencia do ego), Ensaio filosófico.
- 1938 : La Nausée (A náusea), novela.
- 1939 : Le Mur (O paredón), contos. Publicado en galego en 1989 por Xerais na colección Grandes do noso tempo, traducido por Xosé María Proupín Fernández.
- 1940 : L'imaginaire (O imaxinario), ensaio filosófico.
- 1943 : As moscas (Les Mouches), teatro. Publicado en galego en 2008 por Edicións Laiovento, traducido por Xosé Manuel Beiras.
- 1943 : L'être et le néant (O ser e o nada), tratado filosófico.
- 1943 : Réflexions sur la question juive (Reflexións sobre a cuestión xudaica), Ensaio político.
- 1945 : Huis-clos (Entre catro paredes), teatro.
- Les Chemins de la liberté (Os camiños da liberdade) triloxía, comprendendo:
- 1946 : Morts sans sépulture (Mortos sen sepultura), teatro.
- 1946 : O existencialismo é un humanismo (L'Existentialisme est une humanisme), ensaio filosófico.
- 1946 : La putain respectueuse (A puta respectuosa), teatro.
- 1947 : Qu'est ce que la littérature? (Que é a literatura?), ensaio.
- 1947 : Baudelaire.
- 1947 : Situations, colleita de ensaios (1947–1965).
- 1948 : Les Mains sales (As mans sucias), teatro.
- 1951 : Le diable et le bon dieu (O diabo e o bo Deus), teatro.
- 1952 : Les jeux sont faits (Os dados están lanzados), novela.
- 1952 : Saint Genet, Actor and Martyr, biografía de Jean Genet.
- 1959 : Les séquestrés d'Altona (Os condanados de Altona).
- 1960 : Critique de la raison dialectique (Crítica da razón dialéctica, Vol. I), tratado filosófico.
- 1964 : Les mots (As palabras),[5] autobiografía.
- 1972 : L'idiot de la famille (O idiota de familia), biografía de Gustave Flaubert (1971-1972).
Galería de imaxesEditar
Simone de Beauvoir e Jean Paul Sartre co Che Guevara, Cuba en 1960.
Tumba de Sartre e Simone de Beauvoir no cemiterio parisino de Montparnasse.
NotasEditar
- ↑ Alison Flood (5-1-2015). "Jean-Paul Sartre rejected Nobel prize in a letter to jury that arrived too late". The Guardian (en inglés). Consultado o 20-2-2018.
- ↑ "En savoir plus sur Jean-Paul Sartre - Entretiens et documents". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 24-2-2018.
- ↑ "Revue Les Temps Modernes - Gallimard". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 26-2-2018.
- ↑ Jean-Paul Sartre na IMDb
- ↑ Incluída na Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Trad. de Dulce Fernández e François Davo.
Véxase taménEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Jean-Paul Sartre |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jean-Paul Sartre |
Outros artigosEditar
Ligazón externasEditar
- Web da UK Sartre Society (en inglés)
- Biografía de Sartre en biografiasyvidas.com (en castelán)
- Biografía na páxina web dos Premio Nobel (en inglés)
Predecesor: Giorgos Seferis |
Premio Nobel de literatura Rechazado polo autor 1964 |
Sucesor: Mijaíl Sholojov |