François Davo

poeta francés e español

François Alain Davo, nado en Le Mans o 26 de setembro de 1966, é un escritor, tradutor e profesor francés en lingua galega e francesa.

Modelo:BiografíaFrançois Davo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Le Mans, Francia Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLetras e Civilizacións Ibéricas
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía e tradución

BNE: XX969516 AELG: 426

Traxectoria

editar

Licenciado en Letras e Civilizacións Ibéricas pola Universidade da Sorbona (París). Entre 1987 e 1989 dirixiu a revista Azertyuiop en París. Foi cofundador da Asociación Amigos de Azertyuiop (editora dos Cadernos de Azertyuiop) en 1995, xunto a Dulce Fernández Graña, Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo, na Coruña. Colaborou con poemas na revista Luzes de Galiza. Actualmente é profesor de francés no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña. Reside permanentemente na Galiza desde o ano 2000.

Poesía

editar
  • Diario de la lluvia, 1994, Sociedad de Cultura Valle-Inclán. Existe unha edición bilingüe (2021) con tradución ao galego de Dulce Fernández Graña.[1]
  • A areia que transforma punhos e conversas, con Alfredo Ferreiro, 1995, Os Cadernos de Azertyuiop.
  • O inmóbil impaciente, 1997, edición bilingüe galego-francés, Espiral Maior, con tradución ao galego de Dulce Fernández Graña.
  • 4 voltas, 2014, libro de artista, con gravados de Tono Galán.
  • Recollendo escombros, 2015, libro electrónico, e-book, Sermos Galiza.
  • Sous le regard des saisons, poesía postal, edición de artista, 2016.
  • Ónix, abrollar, 2018, Espiral Maior.

Literatura infanto-xuvenil

editar
  • Carta de Re, 2019, libro de artista, con Sol Davo Fernández, A-Lenta Editora/Manchea.

Obras colectivas

editar

Traducións

editar

Premios

editar
  • Premio Esquío de poesía en castelán no ano 1993, por Diario de la lluvia.
  • 3º Premio Concurso Internacional haikus da CEO-FIPF/Embaixada do Xapón en Bruxelas no ano 2021.
  1. "Diario da choiva / Diario de la lluvia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar