Miguel Anxo Fernán-Vello
Miguel Anxo Elías Fernández Bello[1], máis coñecido como Miguel Anxo Fernán Vello, nado en Cospeito o 8 de outubro de 1958, é un escritor, editor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de outubro de 1958 (65 anos) Cospeito, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
18 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, Drama e política |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | escritor , poeta , político , editor , dramaturgo |
Partido político | ANOVA-Irmandade Nacionalista |
Xénero artístico | Dramaturxia e poesía |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Fidel Fernán Bello |
Premios | |
Traxectoria profesional
editarRealizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña e de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Pen Clube de Galicia. Fundou a editorial Espiral Maior en 1991 e foi un dos fundadores das revistas Cen augas e Agália. Deuse a coñecer ao ser premiado no VIIº Concurso Modesto R. Figueiredo co relato "Anti-memória dun dia". No ano 2001 estreouse, por encargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, a súa cantata Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz.
Traxectoria política
editarMilitante do Bloque Nacionalista Galego desde os anos 80, deuse de baixa na primavera de 2008[2] e máis tarde pasaría a militar en Anova, partido constituído en 2012.
Nas Eleccións xerais de España de 2015 e nas Eleccións xerais de España de 2016 foi cabeza de lista pola provincia de Lugo da candidatura En Marea, na que se integrou Anova[3]. Saíu elixido deputado e foi Secretario Primeiro da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados. Tras a ruptura de En Marea e o nacemento de En Común-Unidas Podemos, non concorreu ás eleccións xerais de España de abril de 2019. Foi cabeza de lista por Lugo de Galicia en Común-Anova Mareas nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.
Vida persoal
editarÉ irmán do comunicador, empresario e político Fidel Fernán.
Obra
editarPoesía
editar- Do desexo en corpo e sombra, 1984, Concello de Vigo.
- Seivas de amor e tránsito, 1984, Trieste (2ª edición en 1985, Algalia).
- Livro das paisaxes vivas, 1985, Sotelo Blanco. Traducido ao catalán como Llibre dels paisatges vius, Pagés Editors, Lleida, 1995, por Ramon Dachs.[4]
- Memorial de brancura, 1985, Sociedad de Cultura Valle-Inclán (reeditado en 1992 en Espiral Maior).
- Entre água e fogo (Cantos da terra posuída), 1987, Sotelo Blanco.
- Trópico de luas, 1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego.
- Poemas da lenta nudez, 1994, Espiral Maior (2ª edición aumentada en 1997 na mesma editora).
- As certezas do clima, 1996, Galaxia. Traducido ao francés (en edición bilingüe) como Les Certitudes du climat, Espiral maior, Col. Auliga, 2005, por François Davó[5] e ao italiano como Le certezze del clima, Levante, Col. Il quaderni di Abanico, 2006, por Emilio Coco.[6]
- Poemas, 1999, Universitat de les Illes Balears.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
- Capital do corpo, 2004, Deputación da Coruña.
- Territorio da desaparición, 2004, Galaxia. Publicado en castelán (en edición bilingüe) como Territorio de la desaparición no 2011, en Huerga & Fierro.[7]
- Dicionario do estremecemento, 2007, Espiral Maior.
- Antologia Poetica, organización de Manuele Masini e Teresa Seara, tradución ó italiano de Manuele Masini. Pisa, editorial ETS: 2008.[8]
- Astro interior. Escolma poética 1984-2007, 2008, PEN Clube de Galicia/Editorial Danú.
- Habitación do asombro, 2013, Espiral Maior. Tradución ao castelán como Habitación del asombro, 2014, Pigmalión.[9]
- Duración da penumbra, 2016, PEN Clube de Galicia/Abanca/Xunta de Galicia.
Teatro
editar- A casa dos afogados, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega (edición de 1990 en Sotelo Blanco).
- A tertulia das máscaras, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- A estraña señorita Lou, 1982, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Auto insólito do autor, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Cuarteto para unha noite de verao, 1988, Sotelo Blanco.
Edicións
editar- Antoloxía poética, de Manuel María, 1993, Espiral Maior.
Obras colectivas
editar- A Gran Novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, 1982, Ediciós do Castro. Narrativa.
- IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
- De amor e desamor. I, 1984, Ediciós do Castro.
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
- De amor e desamor. II, 1985, Ediciós do Castro.
- Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1990, S. C. D. Condado.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
- XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
- Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
- Construír a paz, 1996, Xerais.
- Poetas con Rosalía, 1996, Fundación Rosalía de Castro.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer..., 2003, S. C. D. Condado.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
- O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña.
- Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
- Poética da casa, 2006, Xunta de Galicia.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior.
- De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
Libros de conversas
editar- Conversas en Compostela con Carballo Calero, 1986, Sotelo Blanco (con Francisco Pillado Maior).
- A nación incesante. Conversas con Xosé Manuel Beiras, 1989, Sotelo Blanco (con Francisco Pillado Maior).
- Carballo Calero, 1992 (con Francisco Pillado Mayor), Biblioteca 114, El Correo Gallego.
- A estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras, 2004, Espiral Maior-Laiovento.
Tradución
editar- O Castelo de San Antón, de José Ramón Soraluce Blond, 1984.
- Yerma, de Federico García Lorca, 1990, Xerais.
Premios
editar- Premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1981, por Meditación na soedade.
- VII Concurso Modesto R. Figueiredo no 1981, co relato Anti-memória dun dia.
- Gañador do Concurso de Teatro Breve do Facho no 1981, por A tertúlia das máscaras.
- Gañador do Concurso de Teatro Breve do Facho no 1982, por A estraña señorita Lou.
- Premio de Poesía Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1983, por Do desexo en corpo e sombra.
- Premio da Crítica española no 1985, por Seivas de amor e tránsito.
- Premio Esquío de poesía en 1985, por Memorial de brancura.
- Gañador do Concurso de Teatro Breve do Facho no 1985, por Auto insólito do autor.
- Premio de poesía Martín Codax no 1996, por As certezas do clima.
- Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (2003) no Concello da Estrada
- Premio Miguel González Garcés no 2004, por Capital do corpo.
- Premio da Crítica española no 2004, por Territorio da desaparición.
- Premio de Poesía Cidade de Ourense no 2012, por Habitación do asombro.
- Premio de poesía Afundación no 2015, por Duración da penumbra.
- Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2020.
- XXXV Premio de Poesía Conrado Blanco de León polo poema "María Casares regresa en tren a Madrid o 19 de xullo de 1976".[10]
Notas
editar- ↑ "Ficha do deputado Miguel Anxo Fernández Bello". Congreso dos Deputados. Consultado o 11/11/2019.
- ↑ Vidal Villaverde, Manuel. "M.A. Fernán Vello: "Deime de baixa do BNG por razóns estritamente persoais hai catro meses" - Galicia Hoxe". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Europa Press (2016-01-20). "Fernán Vello (Anova) di que se fixo "todo o posible" para crear grupo propio de En Marea e culpa á Mesa". europapress.es. Consultado o 2017-06-25.
- ↑ "Llibre dels paisatges vius". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "Les Certitudes du climat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "Le certezze del clima". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "Territorio de la desaparición". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "Antologia poetica". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "Habitación del asombro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-26.
- ↑ "O XXXV Premio de Poesía Conrado Blanco de León vai para o escritor Miguel Anxo Fernán Vello". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-07-17.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miguel Anxo Fernán-Vello |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 194. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
editar- Biblioteca Virtual Galega Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 23 de decembro de 2014 en Wayback Machine.