José Ramón Soraluce Blond
José Ramón Soraluce Blond, nado en Ceuta o 25 de novembro de 1946,[1] é un arquitecto, profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1946 ![]() Ceuta, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, titulándose en 1976 e doutorándose posteriormente pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Debuxo Arquitectónico e Historia da Arte na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Impartiu docencia na Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña. É académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes[2] e académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi e membro electo do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.[3]
Obra bibliográfica
editarAmais de ter publicado ducias de artigos e participado en varias obras colectivas, son da súa autoría, entre outros, os seguintes libros:
- Castillos y fortificaciones de Galicia: la arquitectura militar de los siglos XVI-XVIII, Fundación Barrié, 1985. ISBN 84-85728-47-5.[4]
- O antigo Hospital de Esteiro, Campus Universitario de Ferrol, Universidade da Coruña, 1996, ISBN 84-89694-06-0.
- Las fortificaciones españolas de Sicilia en el renacimiento, Universidade da Coruña, 1998, ISBN 84-89694-64-8.[5]
- Guía da arquitectura galega: linguaxes e mensaxes, Vigo, Editorial Galaxia, 1999, ISBN 84-8288-186-8.[6]
- Arquitectura de la casa cubana (coordinador), Universidade da Coruña, 2001. ISBN 84-95322-79-X.
- Historia de la Arquitectura Restaurada de la Antigüedad al Renacimiento, UDC, 2008, ISBN 978-84-9749-292-8.
- Cascos históricos de Galicia, 2011, A Coruña, ISBN 978-84-95100-42-9.
- Arquitectura restaurada de Galicia: orígenes, 2014, Santiago de Compostela, ISBN 978-84-8408-768-7.
Notas
editar- ↑ "Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de febreiro de 2015.
- ↑ "Real Academia Galega de Belas Artes. Académicos". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 17 de febreiro de 2015.
- ↑ Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Páxina web da Fundación Barrié
- ↑ Ler na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
- ↑ "Páxina web da Editorial Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de febreiro de 2015.