Fidel Fernán

xornalista galego
(Redirección desde «Fidel Fernán Bello»)


Jesús Fidel Fernández Bello[1], máis coñecido como Fidel Fernán, nado en Cospeito o 25 de abril de 1954, é un comunicador, empresario e político galego.

Infotaula de personaFidel Fernán
Biografía
Nacemento25 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Cospeito, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosTelmo Fernández Editar o valor em Wikidata
IrmánsMiguel Anxo Fernán-Vello Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É titulado en Dereito, Procurador dos Tribunais, Experto universitario en Bioética e Biodereito (UNED) e Mediador Civil e Mercantil, Social e Comunitario. Vinculouse desde moi novo ao mundo da comunicación. Primeiro na Cadena SER en Madrid (1974), e máis tarde xa en Radio Lugo (1979). A mediados da década dos 80, presentou o magazine Telegalicia, en TVE. Tamén traballou en TVE Internacional, co espazo Mar a Mar (1990).

A estadía en TVE foi paralela á súa presenza en RNE-4, co magazine Hoxe en Día. En 1991 promoveu as emisoras de Radio Principal en Monforte de Lemos e Vilalba, actualmente vinculadas á SER. Catro anos despois fundou TV7 Sur, televisión con cobertura no sur da provincia de Lugo.

Xa na década de 1990, presentou varios programas na TVG, como Viva o Domingo, Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade ou Cousa Cousiña.

Vida política editar

Foi militante do PSOE na clandestinidade e fixo campaña por este partido en Cuenca en 1977, xunto con Virgilio Zapatero, quen chegaría a ser ministro entre 1986 e 1993[2]. Nas eleccións xerais de abril de 2019 foi suplente ao Senado nas listas do Partido dos Socialistas de Galicia[3].

Distincións editar

  • Premio Anduriña polo programa Galeguidade (1995)
  • Premio TP ao mellor programa por Arestora (1989)
  • Premio TP español á creatividade pola mascota Pupo de Arestora (1989)
  • Premio TP ao mellor presentador galego de televisión (1988 e 1989)
  • Premio Tertulia de RNE ao mellor programa de televisión por Telegalicia (1987)

Vida privada editar

É irmán do poeta, editor e político Miguel Anxo Fernán Vello. O seu fillo Telmo Fernández Hevia (m. 2023) foi un músico de jazz.

Notas editar

  1. "Xunta xeral extraordinaria de Cadea Galega de Televisión, SA". BORME. Consultado o 11/11/2019. 
  2. "El periodista Fidel Fernán se postula como candidato socialista al Senado". La Voz de Galicia. Consultado o 11/11/2019. 
  3. "Candidaturas proclamadas ao Senado pola provincia de Lugo". Portal electoral. Arquivado dende o orixinal o 11/11/2019. Consultado o 11/11/2019.