Ánxeles Penas
Ánxeles Penas García, nada en Teixeiro (Curtis) o 5 de maio de 1943, é unha poeta galega, primeiro en castelán e, desde 1982, en galego.
Ánxeles Penas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de maio de 1943 |
Lugar de nacemento | Teixeiro |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escultora, pintora e poeta |
Xéneros | Poesía |
Estudos | Filosofía e Letras, Belas Artes |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1970) e en Belas Artes (especialidade de escultura) pola Facultade de San Fernando en Madrid (1986). Ademais, fixo estudos de música no Conservatorio da Coruña e de Maxisterio.[1] No ámbito plástico ten a dobre faceta de escultora e pintora e leva feitas máis de cincuenta exposicións,[2] tendo fundado no 1975 o Grupo de Arte Experimental A Carón. É membro de AULIGA, e pertence ao Consello asesor da revista Serta, da UNED.[3][4]
Colaborou nas revistas Zurgai, Serta, Festa da palabra silenciada, Clave Orión, Historia y vida, na revista de Internet EON MAGAZINE, crítica de arte de El Ideal Gallego da Coruña,[5] La Voz de Galicia ("Faíscas"), Diario de Ferrol[6]. Ten estudado a Cunqueiro, Celso Emilio, Rosalía de Castro, Xohana Torres, Grandío e Laxeiro.[1]
Obra en galego Editar
Poesía Editar
- Galicia, fondo val (1982). Edicións do Castro. 72 páxs. ISBN 9788474921359.
- O santuario intocable (1992). Sotelo Blanco, Col. Leliadoura. ISBN 978-8478241347.
- Perfís e poéticas (2006). Baía Edicións. 106 páxs. ISBN 9788496526716.
- Antoloxía poética. Antología poética. Anthologie poétique, 2006, Espiral Maior. Tradución ao francés de François Davo.[7]
- Amor deshabitado (2008). Espiral Maior. 68 páxs. ISBN 9788496475649.
- Triptico ártabro (2022). Laiovento. 86 páxs. ISBN 9788484875673.
Obras colectivas Editar
- I Festival de Poesía no Condado 1981, S. C. D. Condado.
- IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
- VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado.
- VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado.
- Fondo en malva, en Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
- XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior.
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Obra en castelán Editar
Poesía Editar
- Con los pies en la frontera (1976). Edición da autora.
- Ya soy para tu muerte (1980). Madrid: Molinos de agua.
Prosa Editar
- Abelenda. Grandes pintores (2008). Deputación da Coruña. 256 páxs. ISBN 9788498120790.
Traducións Editar
- Cantos caucanos, de Antón Avilés de Taramancos (2000). Espiral Maior. Edición bilingüe galego-castelán.
- Antología poética, de Eusebio Lorenzo Baleirón (2000). Espiral Maior. Edición bilingüe galego-castelán.
Premios Editar
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2 de abril de 2022.
- ↑ "Bibliografía de Artistas Gallegos, Ánxeles Penas". www.pintoresgallegos.com. Consultado o 2022-04-02.
- ↑ "Ánxeles Penas". www.aelg.gal. Consultado o 2022-04-02.
- ↑ "Anxeles Peñas". radelrey. Consultado o 2022-04-02.
- ↑ "El Ideal Gallego". El Ideal Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-02. Arquivado 07 de abril de 2022 en Wayback Machine.
- ↑ "Diario de Ferrol". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2022-04-02.
- ↑ "Anthologie poétique". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-09.