Tino Grandío
Constantino Grandío López, coñecido como Tino Grandío, nado en Lousada (Guntín) o 31 de decembro de 1924 e finado en Lugo o 23 de abril de 1977,[1] foi un pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1924 Guntín, España |
Morte | 23 de abril de 1977 (52 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Traxectoria
editarEstudou o bacharelato en Lugo e despois trasladouse a Santiago de Compostela. Abandonou os estudos para dedicarse á pintura. En 1949 marchou a Madrid onde recibiu a axuda do escultor Cristino Mallo e do pintor Díaz Caneja. En 1955 foi seleccionado para a Bienal Hispanoamericana de Arte en Barcelona. Realizou exposicións individuais en Madrid, Barcelona, Lisboa, París, Nova York, Múnic e Alexandría e colectivas en América do Sur e algunhas cidades europeas.
Tino Grandio foi o autor da portada do LP Galicia, miña nai dos dous mares (1976), álbum de Juan Pardo en galego, no que se musican poemas de Ramón Cabanillas, Eduardo Pondal e Antonio D. Olano.
Premios
editar- Stanley Kramer, 1956.
- Cance, 1960.
- Gran Premio da Dirección Xeral de Belas Artes, 1963.
- Primeiro premio na Exposición Antolóxica do Círculo das Artes de Lugo, 1964.
- 1ª medalla na Exposición Nacional de 1966.
- Premio Unicef, 1968.
- Gran premio internacional de pintura na Bienal de Marbella, 1971.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 26-4-1977, p. 63.