Eusebio Lorenzo Baleirón

escritor galego

Eusebio Lorenzo Baleirón, nado en Tarrío (Dodro) o 25 de xaneiro de 1962 e finado no mesmo lugar o 14 de decembro de 1986, foi un escritor galego.[1] Foi irmán do tamén escritor Manuel Lorenzo Baleirón.

Modelo:BiografíaEusebio Lorenzo Baleirón

Graffiti de Eusebio Lorenzo Baleirón no colexio público de Dodro Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1962 Editar o valor en Wikidata
Tarrío, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Tarrío, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAsunción Sóñora Abuín Editar o valor en Wikidata
FillosFlavia Lorenzo Sóñora Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Lorenzo Baleirón Editar o valor en Wikidata
ParentesMaría Lorenzo Miguéns, sobriña Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1016317 Bitraga: 2084 BUSC: lorenzo-baleiron-eusebio-1962-1986 Dialnet: 5582261

Traxectoria

editar

Foi fillo de Nieves e Ángel, que morreu cando Eusebio inda non cumprira tres anos de idade. Estudou en Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985. Colaborou como ensaísta na revista Grial con estudos sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, Nuno Júdice e Álvaro Cunqueiro. Destacou na súa faceta poética, que se viu recoñecida por varios premios obtidos en diferentes certames. En 1985 sacaría á luz dous poemarios: Os días olvidados e O corpo e as sombras, nesa época publicou tamén un libro de narrativa xuvenil: O libro das viaxes e dos soños.

Faleceu como consecuencia dun cancro o 14 de decembro de 1986 aos 24 anos de idade.[2] A morte prematura impediulle ver editado o que sería o seu terceiro poemario, A morte presentida, que foi publicado postumamente en 1988.

No décimo aniversario da morte do poeta editouse a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe (galego-español) baixo o coidado de Ánxeles Penas.

En 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018, canda Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas e María Victoria Moreno,[3] que é a que foi finalmente escollida.

 
Placa conmemorativa.

Poesía

editar
  • Os días olvidados. Algalia. 1985. 
  • O corpo e as sombras. Caixa Ourense. 1985. 
  • A morte presentida. Sotelo Blanco. 1988. 
  • Gramática do silencio. Obra poética. Espiral Maior. 1996. 
  • Antología Poética. Espiral Maior. 2000. Edición bilingüe galego-castelán. 
  • Gramática del silencio. Rinoceronte. 2007. Foi traducida ao castelán. [4]

Literatura infantil-xuvenil

editar
  • Libro das viaxes e dos soños. Vía Láctea. 1986. 

Obras colectivas

editar
  • Desde a palabra, doce voces. Sotelo Blanco. 1986. 
  • Concurso Nacional de Poesía Agrupación O Facho (1978-1989). Ediciós do Castro. 1990. 
  • Poesía gallega contemporánea. Litoral. 1996. 
  • Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega. Xerais. 1999. 
  • Casas, Arturo, ed. (2003). Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000. Tris Tram. 
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000. Universidade da Coruña. 2008. 
  • Domínguez Rey, Antonio, ed. (2009). El otro medio siglo. Antología incompleta de poesía iberoamericana. Espiral Maior. [5]
  • Losada Castro, Basilio: Antoloxía Poética. Leliadoura (1985-1997). Sotelo Blanco. 2005. 
  • XXV Aniversario do premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.1988-2012. Concello de Dodro. 2013. [6]

Premios

editar
  • Premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1983, por Cunqueiro.
  • 2º Premio no certame de Poesía Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1984, por Os días olvidados.
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1984, por Os ollos no camiño.
  1. Fandiño Veiga, X. R. "Lorenzo Baleirón, Eusebio". Gran Enciclopedia Galega. 
  2. Mato, Mar (18-11-2012). "El poeta Eusebio Lorenzo aguarda su Día das Letras Galegas". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 18-05-2022. 
  3. "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará…" RAG, 13/6/2017.
  4. "Gramática del silencio". Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 18-05-2022. 
  5. Estévez, Francisco (31-07-2010). "Antonio Domínguez Rey (ed.): El otro medio siglo. Antología incompleta de poesía iberoamericana". El Imparcial (en castelán). Consultado o 18-05-2022. 
  6. "Xesús Vázquez Abad asegura que o premio Eusebio Lorenzo Baleirón conseguiu nos seus 25 anos de historia "consolidarse como un dos galardóns con maior prestixio de Galicia"". Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Xunta de Galicia. 15-11-2012. Consultado o 18-05-2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar